jueves, 20 de diciembre de 2018

Voluntariado

Un ano máis os vosos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º asinaron o seu compromiso como VOLUNTARIOS e AXUDANTES da BIBLIOTECA.
Non dubidedes en achegarvos a eles para pedirlles axuda en calquera tema relacionado coa biblioteca.
Aquí tedes a algúns dos vosos compañeiros asinando o seu compromiso.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!




lunes, 17 de diciembre de 2018

LECTURAS DE NADAL

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa chega o Nadal. Tempo de lecer, de divertimento e de lectura.
Chega o tempo dos agasallos e se queredes pedir un conto entre todos os vosos regalos aquí deixamos unhas recomendacións de contos fermosos, divertidos e entretidos. Contos cos que ademáis de pasar un bo rato tamén aprenderedes trucos na cociña, a resolver algún enigma, descubriredes ata onde pode chegar unha carta ou vivir historias inesquecibles.
Xa sabedes... Non esquezades pedir un conto polo Nadal!!
FELICES FESTAS AMIGUIÑAS E AMIGUIÑOS!!! BO NADAL!




5º de infantil investifa o Castiñeiro

Este ano dedicamos o noso proxecto de biblioteca a "O NOSO MONTE". Os nenos e nenas de 4 anos xa se puxeron a investigar sobre árbores típicas do noso monte. Escolleron o castiñeiro. Deixáronnos algunhas propostas do seu traballo neste libriño. Tamén van a facer o seu propio viveiro de árbores autóctonas cos demais compañeiros de infantil. Serán quen de conseguilo? Levaran algunha árbore para casa?
De momento mirade que ideas para traballar "O Castiñeiro"



jueves, 13 de diciembre de 2018

O NOSO MONTE

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Non esquezades que este ano no cole estamos a traballar nun Proxecto Documental Integrado que leva por título "O noso monte".
Como vedes moitas das actividades deste curso están xirando entorno a este eixe. Dende a celebración do "Día da Biblioteca" onde plantamos a nosa árbore mural, e naceron follas cos poemas que vós fixestes para que comezara a cobrar vida.



No Magosto a nosa árbore trouxo castañas cos seus refráns, adiviñas e ditos:



E xa no Nadal cobrou colorido cunha "bolas" de Nadal moi especiais, onde cada aula aparece apadriñando unha árbore. e... Xa sei, que moitos de vós estades, agora, aprendendo moitas cousas de esa árbore que, dende xa, é a vosa árbore do cole.




10-12-2018 Día Universal da Declaración dos Dereitos Humanos

Ola amiguiños e amiguiñas!!
O luns as nenas e nenos de 5º reuníronnos na aula de usos múltiples para lembrarnos a importancia
deste data. Deixáronnos unha mensaxe que nunca debemos esquecer: "Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e en dereitos" e isto debemos telo sempre presente: TODOS E TODAS SOMOS IGUAIS E TODOS E TODAS TEMOS OS MESMOS DEREITOS.
Moi bo traballo rapaces. Aquí deixo un resumo da actividade.
Un saúdo e... xa sabedes VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


lunes, 3 de diciembre de 2018

XOGANDO COS SCORNABOT

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa podedes vir á biblioteca a xogar cos scornabot e as árbores.
Lembrade que hai varios niveis, segundo a cor que escollades o xogo será  máis ou menos difícil. Para calquera dúbida tedes aos axudantes da biblioteca para axudarvos.
Ánimo e vide á biblioteca a xogar e a aprender cos scornabot.

domingo, 2 de diciembre de 2018

25-11-2018

Un ano máis xuntámonos todas e todos para conmemorar o 25 de novembro. "Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller".
Nesta ocasión foi o alumnado de 6º o que fixo unha performance compartindo imaxe e vídeo para amosar que todas e todos somos iguais. Que a liberdade é un valor de todas as persoas. Que todos xuntos e xuntas temos o mesmo obxectivo: Medrar en IGUALDADE.
Aquí deixo os vídeo da xornada que tivemos hoxe xuntos e do vídeo feito polo alumnado de 6º. Agardo que vos guste!!


NOVOS ANDEIS DE AULA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa sabedes que temos no cole as novas librarías de aula. Cada aula ten a súa para que poidades colocar os contos que colledes para ler durante a "Hora de Ler", os libros de investigación para os vosos traballos así coma os microscopios ou os escornabots para  traballar con eles, os xogos ou a música,... todo o que se vos ocurra que podedes levar da biblioteca para mellorar a vosa aprendixaxe.





SCORNABOTS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa sabedes que temos scornabots na biblioteca para aprender xogando e para que preparedes as vosas actividades. É moi doado e divertido traballar con eles, vide pola biblioteca!!!

INFANTIL NOS RECREOS DA BIBLIOTECA

Ola amiguiñas e amiquiños!! A nosa biblioteca cada vez ten máis visitas.
Dende o mes de novembro os nenos e nenas de infantil que queiran vir a biblioteca teñen que avisar e os encargados da biblioteca irán a buscalos e a axudalos a escoller contos para levar para casa. Tamén seguirá aberta os mécores pola tarde en horario de pais.
Animádevos todos e todas a pasar pola biblioteca e non esquezades comentarnos os contos que máis vos gustan.
Un saúdo amiguños... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

miércoles, 14 de noviembre de 2018

25 DE NOVEMBRO

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, 25 de Novembro

     Un bo xeito de achegarse a este tema que tanto nos arrepía é a través da lectura.
     Xa podedes atopar os contos con esta temática na entrada do cole.



martes, 13 de noviembre de 2018

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Estamos no MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Son moitos os nenos e nenas que ao longo deste mes van ás bibliotecas cos seus mestres e mestras para investigar ou facer experimentos. Os vosos compañeiros de 5º non son menos, e aquí podedes ver coma viñeron á biblioteca a investigar e aprender. Animádesvos a vir vós?



jueves, 8 de noviembre de 2018

LAMBECAZOLAS 2018-2019

Ola amiguiños e amiguiñas!
Chegou o frío e a chuvia, que mellor idea que facer comidas sans e ricas cos papás e coa avós?
No cole abrimos outra vez a sección de O LAMBECAZOLAS e agardamos que nos mandedes moitos vídeos coas recetas que fagades na vosa casa.
Animádevos!!! 


martes, 6 de noviembre de 2018

ITINERARIO LECTOR

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos aquí o itinerario lector escollido para este curso.
Aquí volo deixo para que o vexades cando queirades.
Un saúdo e xa sabedes… VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!


lunes, 5 de noviembre de 2018

AUMENTAMOS O PRÉSTAMO DE LIBROS

Ola rapaces e rapazas!!
Como estades tan interesados na lectura e así nolo pedides, dende hoxe aumentamos o préstamo dos libros a 3 libros, ou se queredes 2 libros e unha película.



MONTAXE ESCORNABOT

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa chegaron os ESCORNABOT á nosa biblioteca. Queredes saber algo máis deles?
Aquí deixamos un titorial para que saibades como montar o voso propio ESCORNABOT e coñercer un poucquiño máis destes divertidos robots.

domingo, 4 de noviembre de 2018

ASÍ CELEBRAMOS O SAMAÍN

Ola amiguiños e amiguiñas!! Atrás quedou o SAMAÍN cheo de disfraces, contos de medo, cabazas, bruxas, e... moito divertimento.
Coma sempre déixovos un resumo do ben que o pasamos e un vídeo dos contos que os nenos e nenas de 6º fixeron para todo o cole.
A bruxa regañadentes e Corre, corre cabaciña foron os contos elexidos este ano. Gustáronvos?
Aquí volos deixo para que disfrutedes!!!

Buscádevos e ollade que guapos estades!!


Non esquezades voltar a ver os contos de SAMAÍN:

A BRUXA REGAÑADENTES





CORRE CORRE CABACIÑA

lunes, 29 de octubre de 2018

SAMAÍN

Xa chegan as cabazas á escola e con elas o Samaín e as lecturas. Animádevos a pasar pola biblioteca a buscar lecturas medorentas!!!!
Novedades e contos de sempre para animar esta fin de semana longa e fría que se achega.
FELIZ SAMAÍN!!!


domingo, 28 de octubre de 2018

TODAS AS AULAS VISITAMOS A BIBLIOTECA

O 24 de outubro os nenos e nenas de todas as aulas pasamos pola biblioteca para escoitar a canción composta polos compañeiros e compañeiras de 6º para celebrar este día.
Recibimos como agasallo un afialapis azul que imita un colector de papel. Lembrade que non debemos esquecer a importancia de reciclar o papel para protexer os nosos montes....
Non vos chama a atención o agasallo? Traerá algunha mensaxe?...Estade atentos!!


miércoles, 24 de octubre de 2018

A CANCIÓN DA BIBLIOTECA

Ola amiguiños e amiguiñas!! 
Xa estamos aquí xuntos outro ano máis na nosa biblioteca, sempre igual e sempre con cambios para invitarnos a pasar fermosos ratos de aprendizaxe e de lecer.
Hoxe, coma cada ano, celebramos o "Día das Bibliotecas". Os vosos compañeiros e compañeiras de 6º compuxeron unha canción para facer do día de hoxe un día diferente.
Todos tivemos un momento de diversión e marchamos co noso agasallo. Un afialapis que é coma un colector de papel para lembrarnos a importancia da reciclaxe. Agardo que o pasárades moi ben.
Aquí vos deixo o vídeo da canción. Gustouvos?


martes, 19 de junio de 2018

O CATAVENTOS

A capacidade que tedes nas vosas mans de crear é inmensa. Non deixedes de inténtalo. Así fixeron Carme e Luisa, colleron Catavento de María Victoria Moreno e compuxeron unha canción. Letra, música, rtimo,... Unha fermosa canción para homenaxear á gran escritora a quen lle dedicamos as Letras Galegas.


UNHA PAUSA NA BIBLIOTECA

Este ano seguimos dándolle voltas á nosa biblioteca. Chegou a tele e así a aproveitaron os nenos e nenas de 5 anos nun intre de relax despois do traballo.


lunes, 18 de junio de 2018

Xoeliki no verán

Entre outros contos Xoeliki foi un dos que formaron parte do Itinerario lector de 5º. Gustoulles tanto que seguiron lendo as aventuras de Xoeliki que atoparon na biblioteca e recoméndanvos estas lecturas de cara ao verán. Escoitade o que vos contan!!
Felices Vacacións!!!

Feliz Feroz. O lobiño riquiño

Ola amiguiños e amiguiñas!! Feliz Feroz é un dos contos que traballaron os nenos e nenas de 2º dentro do seu itinerario lector.
Gustoulles moito e quixeron compartilo cos compañeiros e cos seus pais.
Como contarlles o conto entre todos dun xeito diferente e divertido? Decidiron empregar o retroproxector. Todo feito por eles. É fantástico!!! Ollade!!


martes, 5 de junio de 2018

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe celebramos o "Día Mundial do Medio Ambiente".  É un evento global e liderado pola ONU que se celebra hoxe en todo o mundo. Cada ano se organiza entorno a un tema. Este ano é SEN CONTAMINACIÓN POR PLÁSTICO.

O alumnado de 5º está rematando un traballo relacionado co Medio Ambiente. Pronto lerán un Kamishibai para todos e cerrar así este curso. O libro escollido foi o de Wangari e a importancia desta muller na repoboación de árbores en todoa Kenia e tamén co fin de mellorar a calidade de vida das mulleres do seu país. 


DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Nesta ocasión foron os nenos e nenas de 2º os que achegaron á importancia do Día Mundial do Medio Ambiente a nosa escola. Foron investigando por que celebramos esta data e a súa importancia.
A través so seu cartel cheo de información anímannos a deixar a nosa pegada na loita contra a contaminación. Este ano prestando especial atención a redución de plásticos, pero os vosos compañeiros tamén amosan os seus desexos coas súas propias pegadas.






lunes, 4 de junio de 2018

ENQUISA PROFESORADO

Agora lles toca aos profes valorar o labor da biblioteca e dar os consellos para mellorar. Agardamos a vosa participación.


viernes, 1 de junio de 2018

ENQUISA ALUMNADO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Ao igual que o pasado ano pídovos que cubrades esta enquisa da biblioteca.
Coas vosas respostas podemos valorar o seu funcionamento e mellorar moitas cousas para facer da vosa biblioteca a mellor.
Agardo as vosas respostas!!


miércoles, 30 de mayo de 2018

O composteiro: Un pequeno ecosistema

Ao longo do curso fumos achegándonos ao tema da compostaxe. Investigamos acerca dos composteiros e aprendimos moito tanto que acabamos falando do noso proxecto no II Congreso Escolar de Educación Ambiental sobre compostaxe promovido pola Deputación de Pontevedra.
Un Proxecto que involucrou a todo o cole e todas as posibilidades que da a compostaxe. Fixemos sementeiras con compost, fixemos anuncios e publicamos na prensa un artigo relacionado con esta temática. Investigamos e fixemos unha infografía de  todo o que pode ir non so á composteira senón tamén aos distintos colectores de lixo, concienciándonos da importancia de Reciclar, Reutilizar e Reducir os residuos que xeneramos. Fixemos papeleiras para as aulas para reciclar papel, investigamos o pequeno ecosistema dunha composteira e fixemos a nosa granxa de miñocas. E sempre vixiando que todo funcione ben coa Patrulla de Patio. Unha actividade intensa e fermosa que explicaron os maiores no Congreso. Aquí tedes un resumo do día do Congreso.
Se queredes saber máis desta actividade buscade no seguinte enlace





Se queredes ver o PowerPoint que presentaron os vosos compañeiros, aquí o tedes. É un resumo de todo o voso traballo.


lunes, 28 de mayo de 2018

ANXO MOURE

O pasado mércores 23 de maio tivemos a sorte de contar coa visita de Anxo Moure. Pasamos unha fantástica tarde de lecer onde este contador e escritor de contos falounos da importancia do coidado do medio ambiente e da reciclaxe. Ensinounos a maxia precisa para reciclar as malas novas e convertelas en boas e ao mesmo tempo mellorar o medio ambiente.


viernes, 25 de mayo de 2018

A maxia dun sorriso

Xoel e Sabela de 5º na súa función de axudantes de biblioteca lanzáronse a contar un conto doutro xeito. Con realidade aumentada, monicreques e a axuda de Elena co Power Point foron contando a todos os compañeiros do cole "A maxia dun sorriso" de Ester Alsina.
Gustouvos?






domingo, 20 de mayo de 2018

XOSÉ LUNA

O pasasdo martes 15 de maio contamos coa visita de Xosé Luna. Baixo o título "Unha iguana no CEIP Ramón de Valenzuela" os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º viviron unha performance músico-poética coa que riron moito e aprenderon os distintos xeitos de interpretar un texto. Bailaron e cantaron os poemas de Sol Rebulideiro e O libro dos bicos. Ollade que ben o pasaron!!


A XOSÉ LUNA

Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º traballaron ao longo do mes de maio cos poemarios de Xosé Luna Sol Rebulideiro e con O libro dos Bicos.
Debuxos e poemas feitos polos nenos de 3º e 4º decoraron un mural da entrada do cole. Os maiores buscaron os diferentes xeitos de interpretar os poemas do noso poeta estradense. Son orixinais e creativas. Moitas están cargadas de ritmos, música, emoción e sentimento. Aquí deixo un resumo pero prometo publicar cada unha individualmente para que poidades escoitar a fermosura dos poemas recitados polos vosos compañeiros e compañeiras.




jueves, 17 de mayo de 2018

Fontes, Lavadoiros e Muiños da parroquia de Manduas

O alumnado investigou acerca das fontes, os lavadoiros e os muiños de Parroquia de Manduas. Un proxecto para Voz Natura no que tamén estivo implicada a biblioteca. Tras a investigación e a elaboración de fichas para a recollida da información obtiveron este resultado.
Noraboa nenos e nenas. Sodes os mellores!!


jueves, 10 de mayo de 2018

María Victoria Moreno para 5º e 6º

Rematamos coa biografía e actividades aportadas polo Seminario Galán para coñecer máis a figura de María Victoria Moreno. Con esta publicación para 5º e 6º comezamos a celebrar "As Letras Galegas". Mañá teremos a nosa "Romaría das Letras Galegas"  e xa dende hoxe a figura de María Victoria Moreno Luce na fachada principal da nosa escola xunto cos xa homenaxeados Carlos Casares e Manuel María.
Gozade da nosa festa e aprendede moito da nosa escritora e amante da nosa lingua.






miércoles, 9 de mayo de 2018

María Victoria Moreno para 3º e 4º

Hoxe son os de 3º e 4º os que poden achegarse á biografía e obras de María Victoria, unha vez máis, grazas ás propostas do Seminario Galán.



María Victoria Moreno para 1º e 2º

Seguindo coas propostas do Seminario Galán, deixamos a biografía de María Victoria Moreno para 1º e 2º, así coma recursos para achegarnos un pouquiño mellor a súa obra.
Picade nas imaxes.










lunes, 7 de mayo de 2018

María Victoria Moreno para infantil

Grazas ao Seminario Galán podémonos achegar á figura de María Victoria Moreno dende todas as aulas.
Aquí queda una proposta para infantil. Premede na imaxe.





SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2018

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa estamos no cole cos preparativos para celebrar as Letras Galegas.
Coma todos os anos teremos a Romaría cargada de tradición, xogos, e moitas sorpresas.
Non esquezades achegarvos á obra de María Victoria Moreno. Este escritora que homenaxeamos este ano é un dos faros da literatura infantil e xuvenil galega e unha figura sempre comprometida coa nosa lingua e a nosa cultura.


Visita do pai de Lía de 5º

O pai da vosa compañeira Lía de 5º é veterinario. O pasado día 2 de maio estivo no cole para contarlle a Lía e aos seus compañeiros curiosidades do seu traballo. Veu cargado coa súa caixa/botiquín ou "Caixa dos tronos" coma el lle chamaba e un montón de historias e anécdotas. Foi unha xornada moi divertida na que aprendemos moito dos nosos animais domésticos.Dende aquí agradecer a súa visita. Moitas grazas e xa sabedes a biblioteca está aberta a todos.
Grazas pola visita!!!


Os libros do día do libro

Os axudantes de biblioteca encargáronse de facer chegar ás aulas os libros que foron escollidos e mercados o Día do Libro.
Rapaces e rapazas agardo as vosas recomendacións de tan fantásticos e marabillosos contos.


jueves, 3 de mayo de 2018

COMO SE DEBUXA...

A poesía ofrece moitas posibilidades de xogo pola súa rima e polo ritmo que conleva. Os nenos e nenas de 5 anos foron descubrindo estas posibilidades creando o seu propio libro de Poesía "Como se debuxa..." seguindo a unha grande poeta: GLORIA FUERTES. A Gloria Fuertes coma aos nosos nenos gustáballe contar cousas e para elo empregaba fermosos versos.
Os vosos compañeiros e compañeiros de 6º de infantil convídannos, a través do seu conto, a aprender a debuxar rimando.
Fermoso traballo!!! Parabens!!! Xa sodes unha clase de artistas!!



BIBLIOTECA DE AULA

Ola amiguiños e amiguiñas. Como xa sabedes a biblioteca non  so ten que ser o espazo ao que vides no voso tempo de lecer a coller contos, ler ou para vir cos vosos mestres a investigar. A biblioteca tamén ten que ter un espazo na aula. Así traballan os colaboradores de biblioteca na aula, na súa "Biblioteca de Aula".


miércoles, 2 de mayo de 2018

BÁGOAS BAIXO A CAMA

Ana Meilán e Marta Mayo son as autoras de "Bágoas baixo a cama". Conta a historia do pequeno Simón que cansado de que todo o mundo lle chame chorón, decide gardar en botes debaixo da cama as súas bágoas e as de todo aquel que chora, pero... Que pasaría se o mundo se quedara sen bágoas?

Os nenos e nenas de 6º de infantil escolleron este conto para traballar as emocións na aula. Con moito cariño, tenrura e respecto falaron das emocións e do importante que é chorar, non so de tristeza, tamén de ledicia;botella" das emocións.


pois as bágoas tamén acompañan momentos felices e emotivos. Cada neno pensou nos motivos dos seus choros e meteron as súas bágoas na súa "


martes, 1 de mayo de 2018

Plantamos pementos

E xa temos aquí unha guía de como facer a nosa plantación de pementos. Os nenos e nenas de infantil achégannos estes consellos para facer a nosa primeira plantación.


AHORA ME LLAMO LUISA

Ahora me llamo Luisa de Jessica Walton é un álbum illustrado que fala da amizade sen límite e sen condicións. Foi o libro escollido por Carme e Luisa para contar a toda a escola. Buscaron un xeito distinto de contalo cumprindo así cun dos compromisos do voluntariado lector, sen deixar de lado os valores tan importantes que podemos atopar na lectura. Neste caso a identidade sexual e a amizade incondicional.


martes, 24 de abril de 2018

Día do Libro

O pasado martes celebramos o Día do Libro. Seguindo coa tradición tivemos os apadriñamentos lectores. Nenos e nenas de todos os cursos mesturados por idades compartindo lecturas.
Encántame ver como ledes maiores e pequechos, tanto os que gardades algo en común coma os que non vos coñecedes. Toda una aventura para os novos e para os maiores un exercicio de responsabilidade. Como cada ano é fermoso ver como voan as lecturas polo patio, deixándose acariñar polo sol.



E tras unha fermosa mañá de lectura veu unha atarefada tarde de compras. Grazas á "Libraría Vagalume" de Lalín que non tivo problema para achegar os libros ao centro e foran os nenos e nenas de todo o cole os encargados de mercar os libros. Eles son os nosos lectores, eles deben mercar os seus contos. Pero... coma non podemos mercalos todos cada aula mercou tres. Tivemos moitas dúbidas pero ao final as aulas escolleron os tres libros que a biblioteca ten que ter para eles.
Mirade como tocan, len e valoran os distintos contos e discuten para chegar a un consenso. Xa son todos uns fenómenos escollendo.


martes, 17 de abril de 2018

DÍA DA POESÍA con 2º

O pasado 21 de marzo celebramos o "Día da poesía". Os alumnos de 2º prepararon un poema moi sinxelo para traballar cos nenos e nenas de 3 anos.
María Campo é a autora deste fabuloso poema:

            O ELEFANTE
      O elefante é un xigante
orelludo, narigudo e trompetista.
     O elefante é importante
  un señor, un tenor, un artista
      O elefante é un dentudo
a miúdo moi teimudo trapecista
      O elefante ten engurras
             coma un vello
       o espello non lle chista

Traballaron con puzles e con códogos QR aquí deixamos
os enlaces para que vós tamén poidades xogar. Foi unha
xornada moi divertida. Non deixedes de ver o vídeo.









A PRENSA EN INFANTIL

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Tedes uns compañeiros de infantil que apuntan a ser grandes reporteiros. De momento xa fixeron os seus primeiros traballos coa prensa.
Mirade que xornal tan chulo e divertido. E as novas son REAIS!!!

miércoles, 11 de abril de 2018

INCREDIBOX

Ao longo do mes de febreiro os vosos compañeiros e compañeiras de 3º a 6º convertéronse en compositores grazas ao programa INCREDIBOX. A mestra de música propúxolles un reto tiñan que crear as súas propias composicións musicais, poñerlle títulos, facer unha dedicatoria, inventar o seu pseudónimo coma "DJ" e como non ter o logotipo da súa empresa.
Aquí tedes os enlaces aos resultados de este traballo-concurso.
Noraboa aos gañadores e parabens a todos e todas pola vosa creatividade e inxenio.
Picade no muro de cada curso e veredes as súas composicións!!!