martes, 28 de febrero de 2017

RECREOS DA BIBLIOTECA

Cada día a biblioteca énchese de actividade, xogo, lectura, estudo, investigación.... Cada día que vides a verme á biblioteca os vosos risos, marmurios, contos, dúbidas,... fan que sinta orgullo da nosa biblioteca e de todos e todas vós. Queredes ver como é un día calquera na biblioteca? Ollade!!

lunes, 20 de febrero de 2017

CARLOS CASARES

Camiñamos lentamente. O curso vai pasando e imos preparando o noso espazo coa obra de CARLOS CASARES.
Xa temos os nosos recunchos na biblioteca.
Agora toca que pouco a pouco o coñezamos nas aulas.
Achégase "O día das Letras Galegas"

Día dos NAMORADOS


Non hai mellor xeito que celebrar o "Día dos Namorados" que con fermosas lecturas, envoltas en corazóns cheos de ilusión e desexo. A guinda da xornada a vosa interpretación do poema de Álvaro Cunqueiro "Quen puidera namorala" unha soa voz, unha doce música. Parabens porque é fermoso vervos a todos xuntos dende infantil a primaria unidos ao son de Luis Emilio Batallán.
Premede na imaxe para ver o vídeo






LIBERAMOS LIBROS: As viaxes dos nosos libros

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Lembrades a actividade que comezamos o ano pasado polo Día do Libro? Nenos, nenas, mestres e pais axudáronnos a "Liberar libros". Libros que toman vida polas rúas cumprindo a súa función de acompañar, entreter e divertir... a quen os atope.
Hai pouco chegou ata nós esta carta de Antía García González que nos encheu de ledicia ao ver que os nosos libros están vivos:

"Boas tardes, esta tarde paseando polo centro comercial Pontiñas de Lalin, miña nai topou un libro titulado "Os soños na gaiola". Ela misma decidiu regalarllo a sua neta que tanto lle gusta ler libros. Cando acabe de lelo deixarao en algún recuncho para que alguen o atope. Boa iniciativa. Noraboa! 😃"

Con esta ilusión agardamos seguir recibindo novas dos nosos libros liberados!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

LAMBECAZOLAS 2017

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Chega o tempo dos cocidos. Seguro que axudades nas casas a facer postres para xantar no Entroido. Aproveitade para que vos graven e traede os vosos vídeos ao cole, temén podedes envialos ao seguinte enderezo electrónico: conversascongarabullo@gmail.com
Se queredes ver os que xa mandaron premede na imaxe.


Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 15 de febrero de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Dende o día 2 de febreiro as mochilas viaxeiras sairon da biblioteca rumbo as vosas aulas e as vosas casas. Van cheas de imaxinación, ledicia, ilusión, creatividade e diversión que atoparedes nos contos, álbumes e películas que levan. Non podo esquecer as fotos vosas que recollen eses momentos no que fúchedes protagonistas das actividades do cole. Agardo que disfrutedes con elas.
Un saúdo e xa sabedes... vémonos na biblioteca!!!


miércoles, 1 de febrero de 2017

DÍA DA PAZ 2017

Atrás queda o día da PAZ. Un día para todos nós inesquecible. Por unha banda vimos o conto resultado do traballo de todos os nenos e nenas da escola, si de todos vós.
Rematamos o noso mural cheo de mensaxes positivas para continuar o noso camiño pola escola. Sen esquecer as nove lecturas enlazadas, nove contos por e para a PAZ.
Por outra banda, e grazas a Sonia a mestra de inglés e a María a mestra de música, achegámonos á música tradicional, xuntando pasado e presente, xuntando a arte da tradición oral das cantareiras coa arte de todo un cole unido nunha soa voz, nunha soa canción símbolo inequívoco do bo camiño, o que leva á PAZ.