viernes, 28 de febrero de 2014

Entroido no CEIP de Bandeira

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa levamos un tempo escoitando o "Alto dos Xenerais" infantil. Un alto no que moitos participades... Dende hai un tempo compañeiros e compañeiras vosos están preparando as súas "arengas" e recitándoas en tempos de lecer para facernos gozar cos seus lances mañá.
Os rapaces e rapazas de segundo xa lanzaron os seus "vivas"... respondendo as preguntas de Garabullo quere saber...
Os rumores dos distintos disfraces e as sorpresas do concurso de mañá son o rumor que percorre a escola ao longo desta semana...
As fotos cos xenerais e de xenerais están enchendo a escola do entroido que mañá comezamos.
Pasádeo ben nestas festas!!
Sorte no concurso e coas arengas
Agardo as respostas de Garabullo quere saber!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



viernes, 21 de febrero de 2014

DON POL E PEQUENO PIN

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Íker e Xiana, grazas á axuda de Carmen, a Orientadora, estiveron a facer un dobre traballo.
Por un lado aprenderon a importancia do traballo en equipo, da colaboración e do respecto.Tras unha pelea descubriron que o mellor xeito de solucionar as diferenzas e o diálogo que tivo como resultado a presentación deste conto.
Por outro lado como preparar e contar un conto. Neste caso:

Don Pol e o pequeno Pin.
Xiana é Don Pin, un pequeno cangrexo desesperado por sentirse deforme, tras un encontro co vello polbo Don Pol (Íker) decátase de quen é. E... se queredes saber que pasa, lede o conto que tedes na biblioteca, ou escoitade como volo contan os protagonistas.
Agardo que vos guste tanto coma a min.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!




viernes, 14 de febrero de 2014

Libros con AMOR

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Que podo dicir que non saibades do día dos namorados?
Hoxe 14 de Febreiro é o DÍA DOS NAMORADOS. Hoxe é o día de compartir algo con aquelas persoas que fan a nosa vida máis fermosa e doce.
Eu comparto lecturas con amor. Lecturas que fan feliz a un amigo. Lecturas que fan sorrir a papá e a mamá. Lecturas para compartir cos compañeiros e compañeiras, na aula ou na rúa. Contos que fan que todos se sintan mellor e desprendan sorrisos. Eu comparto LIBROS CON AMOR!!
Agardo que vos gusten.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!




Saen as "Mochilas Viaxeiras"

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa saíron as mochilas viaxeiras!!
Outro ano máis as mochilas saen ás casas. Levan os recordos das actividades feitas ao longo deste curso nos Cds de fotos e videos; aventuras que se encerran nas películas e nos contos; maxia e fantasía nos albumes ilustrados; gañas de aprender e compartir saberes nos libros para ler cos maiores, lecturas en varias linguas e música para caldear o ambiente nestas tardes de temporal.
Agardo que estas mochilas preparadas con ilusión e coidado fagan que pasedes unha fantástica semana.
Non esquenzades deixar un consello, unha crítica... ou incluso un contiño ou un debuxo feito por vós, para este Garabullo, que tanto goza e que tan feliz é cando ve como disfrutades lendo un conto.



Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 9 de febrero de 2014

GARABULLO QUERE SABER

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa sabedes que o entroido está a chegar. É ben sabido que é unha festa onde non poden faltar os disfraces, as risas o bo humor e as gañas de pasalo ben.
Teño entendido que Bandeira forma parte dun entroido tradicional xunto con outras localidades da zona. É o "Entroido da Ulla".
Pois Garabullo quere saber...
É certo meus nenos e miñas nenas! Quero aprender todo o que poida deste entroido. Por este motivo pídovos axuda. A través das preguntas que deixei colgadas nas escaleiras do cole, espero que poidades ilustrarme e informarme desta festa tradicional. Tedes material na biblioteca para documentarvos que, xunto coa axuda dos vosos mestres e mestras, e das vosas familias e amigos axudaravos a facer un traballo fenomenal.
Agardo impaciente!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!