Mostrando entradas con la etiqueta Espazo de convivencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Espazo de convivencia. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de marzo de 2026

RECUNCHO DE CONVIVENCIA E CREATIVIDADE

Ola, amiguiños e amiguiñas! 

Dende a escola e a biblioteca, seguimos medrando e creando espazos que conviden a compartir, imaxinar e convivir. Desta volta, aproveitamos o oco das escaleiras para transformalo nun recuncho de convivencia e creatividade para o tempo de lecer.

Este pequeno gran espazo está aberto para grupos reducidos, cun máximo de 5 nenos e nenas, favorecendo así un ambiente tranquilo, respectuoso e acolledor.

Aquí poden:

🖍️ Pintar e colorear, deixando voar a súa imaxinación.
🎭 Crear e decorar as súas propias carautas, desenvolvendo a súa expresión artística.
🧩 Compartir momentos arredor do “Puzzle de Rosalía”, descubrindo e reconstruíndo xuntos a imaxe dunha das figuras máis importantes da nosa literatura, Rosalía de Castro.

Este novo recuncho non é só un lugar para crear, senón tamén para aprender a convivir, respectar as quendas, coidar o material e gozar do tempo compartido cos compañeiros e compañeiras.

Animámosvos a achegarvos e participar!


domingo, 22 de febrero de 2026

Bote da Calma

Ola, amiguiños e amiquiñas!!

Brais de 2º de primaria, aprendeu a facer un bote da calma. Primeiro investigou, despois redactou os pasos necesarios para levalo a cabo e, finalmente, fixo varios botes.

Máis tarde, decidiu ir as distintas aulas para explicarlles aos seus compañeiros e compañeiras como se fai un bote da calma.

Este foi o resultado! 

Vós tamén queredes aprender a facelo?