miércoles, 31 de mayo de 2017

Charla con Antonio Manuel Fraga

Unha vez máis o escritor Antonio Manuel Fraga estivo na escola para falar cos nenos e nenas de 5º e 6º do Castañeiro de Abril. Neste conto, Buto, un zapateiro, conta a historia do seu amigo Baltasar, un rapaz de once anos, cego de nacemento e orfo de nai, que vive coas súas tías, Olegaria e Berenguela, dúas xemelgas moi antipáticas e un pouco malvadas. Acompañado sempre do seu can, Barriga Branca, tenta xuntar cartos para reunirse co seu pai. A aparición do Castañeiro suporá unha serie de cambios que farán que non deixes de ler o libro ata rematalo.
Antonio Manuel Fraga falou cos vosos compañeiros da súa obra e deste conto en especial, dos personaxes, da historia,... aquí podedes ver un anaquiño dunha mañá inesquecible.



lunes, 29 de mayo de 2017

ENQUISA ALUMNADO

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Como remata o curso, vouvos pedir un favor. Podedes cubrir esta enquisa para poder mellorar máis a biblioteca de cara ao ano vindeiro?.
Moitas grazas pola vosa axuda.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!


LAMBECAZOLAS

O curso remata e que mellor xeito de enduzalo que amosando uns vídeos de cociña?
Seguide praticando no verán e non esquezades mandar as vosas receitas!!!
Premede nas imaxes e accedede aos vídeos.
Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

Xulia de 5 anos
Infantil unha receta de Samaín
Aroa e Mikaela de 5º

Silvia de 3º e Juan de 1º

domingo, 28 de mayo de 2017

NOVEDADES NA BIBLIOTECA

Xa está a biblioteca chea de novidades. Animádevos a vir á biblioteca a recomendalas para o verán.
As últimas peticións que deixachedes na caixa de conversascongarabullo son:

Crear e xogar con papiroflexia. Ofrece detallados esquemas de pregado que fan sinxela a construción de 22 impresionantes avións e figuras voadoras de variadas características e formas. Tamén chegou Ao alcance de todos de Vicente Palacios. Axudaranos a que todos poidamos iniciarnos no pregado, empezando por facer de pregues claros e sinxelos.
Unha figura de papel puede servir para moitas cousas pero o más importante é que aprendamos, mediante os ejercicios propostos e activemos o noso inxenio e habilidade.






TOM GATES de Liz Pichón. O protagonista das distintas aventuras é Tom Gates e así se define: " Son Tom Gates. Cando os profes non están controlándome, gústame debuxar e pensar mil maneiras de fastidiar a Delia, a miña irmá maior. Na escola din que son moi distraído e que non me concentro, pero eso é mentira, porque agora mesmo estou super concentrado pensando que tipo de galleta me gusta máis...".



Mi querido gatito de Jimmy Liao. Un libro empático e conmovedor no que os gatos teñen un papel moi importante.


DESASTRE TOTAL ¡MIRA LO QUE HAS HECHO!
Timmy séntese coma un célebre detective. Cando hai un  caso de corrupción ou de roubo na cidade, Timmy e o seu axudante Total buscarán o xeito de atopar aos culpables.






LETRAS GALEGAS 2017

Ola rapaces e rapazas!!!
O  curso está rematando. Atrás queda a Semana das Letras Galegas. Tivemos moitas actividades que comezaron achegándonos a Carlos Casares en primeiro lugar. Non só tivemos exposición de carteis, tamén limos os seus libros e contos, interpretamos  "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas", e aínda queda o día 2 que iremos a Silleda a ver "A galiña azul". Seguindo a tradición que comezamos o ano pasado, na fachada da escola, xa temos a Carlos Casares xunto a Manuel María, rendíndolle así o noso particular homenaxe.
Coma todos os anos non faltou a Romaría, que aproveitamos para celebrar o cuarenta aniversario do cole. Unha volta aos primeiros anos da escola, vídeos de fotos lembrando os inicios , estatísticas de alumnado que chegaron ata o que hoxe é o CEIP Ramón de Valenzuela. E todo posto en escena cunha volta a nosa Galicia tradicional de zocos e mandilóns, gorras e panos, coa nosa taberna, churraría, dozaría,... sen que falte a música, os xogos tradicionais e o mellor de todo as carrilanas (para velas premede na foto)
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!





https://www.youtube.com/watch?v=6XLXJ7mJysg


jueves, 25 de mayo de 2017

A LECCIÓN DE AUGUST

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Ao longo deste curso, nun club de lectura de aula, os vosos compañeiros e compañeiras de 6º estiveron lendo un libro fermoso: A lección de August de R J Palacio.
Cada capítulo foi vivido con emoción, empatía, rabia e cariño.
O protagonista é August. Un rapaz de 11 anos "distinto" dos demáis nenos da súa idade. A súa cara faino distinto cando el so quería ser un máis...
Todo o que lle acontece a August, as súas vivenza, as súas penas e alegrías, o punto de vista da súa familia e amigos... fixo que cada día os vosos compañeiros aprenderan unha lección.
Un libro para ter na mesa de noite e reler unha e mil veces.
Hoxe saeu o trailer da película que estrearán proximamente nos cines. Aquí o deixo para todos e todas os que xa coñecedes o libro poidades gozar tamén coa película.

miércoles, 24 de mayo de 2017

A PRINCESA DO COUREL

Aroa de 5º pasou a "Hora de Ler" cos nenos e nenas de infantil un día máis. Nesta ocasión escolleu o conto A princesa do Courel. Un conto acumulativo clásico, mais cun desenlace e cunha forma de presentación adaptados, que recupera os elementos máis típicos das series que aparecen na tradición dos contos: gato, can, pau, lume, auga… Un conto ideal para que os nenos aprendan a establecer conexións, e a partir de aí, a xeneralizaren e mesmo a faceren predicións.


 

martes, 23 de mayo de 2017

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS

Ola amiguiños e amiguñas!!
Xa rematamos a semana das LETRAS GALEGAS. Este ano estaban dedicadas a Carlos Casares. Coma todos os anos traballamos a biografía e a obra deste importante escritor. Tamén quixemos renderlle o noso particular homenaxe, coma nós sabemos, interpretando un dos seus contos. Aproveitamos as nosas dotes de artistas e marcámonos un reto cumprido. Interpretar, todos os cursos, o conto de "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas". Infantil preparou o escenario e a representación da obra quedou nas mans de primaria. É unha peza teatral moi complicada pero vós fixestedes o difícil moi doado.
Parabéns!! Sodes marabillosos!!!
Aquí podedes vervos e estar moi orgullosos de tremenda interpretación!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



domingo, 21 de mayo de 2017

LIBROS NA RÚA 2017

Un ano máis participamos co Concelle de Silleda na terceira edición de Libros na Rúa. O pasado venres 19 puxemos o noso posto para vender contos, levamos o noso euro para mercar algún libro, e así, contribuír con Silleda Solidaria. Ademáis disfrutamos cos talleres de marcapáxinas, chapas, a contacontos,...
Foi una xornada moi divertida, e aquí podedes ver o ben que o pasamos.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


miércoles, 17 de mayo de 2017

Lolo anda en bicicleta

E seguimos colgando cousas grazas aos recursos publicados polo seminariogalan.org.
Hoxe tócanos coñecer o conto de LOLO ANDA EN BICICLETA. Aínda que vai dirixido a 1º e 2º seguro que todos e todas aprendemos un pouquiño facendo as propostas do xogo.
Agardo que vos gusten, divirtan  e como non? que aprendades moito e coñezades mellor a Carlos Casares.


martes, 16 de mayo de 2017

XOGAMOS COA GALIÑA AZUL

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Onte traballamos algo a vida de Carlos Casares de xeito moi sinxelo. Hoxe toca traballar algo da súa obra e coma todos e todas tedes na aula ou na casa A galiña azul, propóñovos esta actividade que tomei prestada da páxina do Seminario Galán adicado ás Letras Galegas.




lunes, 15 de mayo de 2017

XOGANDO CON CARLOS CASARES

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Como xa sabedes iniciamos a Semana das LETRAS GALEGAS.
Comezamos esta celebración coa Romaría das Letras Galegas no cole.
Homenaxeamos a Carlos Casares interpretando para todos nós e para as nosas familias "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS".
Agora toca coñecer un pouco máis de este escritor. Ao longo da Semana irei deixando aquí cousiñas de Carlos Casares para que xoguedes e aprendades.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

O Seminario Galán (http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/) propón esta actividade en liña para achegar a biografía do noso homenaxeado aos máis pequechos.



domingo, 7 de mayo de 2017

Coñecendo Galicia

Ola amiguiños e amiguiñas!! Que tal de fin de semana?
Xa comeza o bo tempo!! Supoño que nas fins de semana, moitos de vós saídes coas vosas familias a pasear e coñecer paisaxes fermosas da nosa contorna. Galicia está chea de lugares interesantes e curiosos para visitar. Lembrade facervos unha foto no máis bonito, interesante, raro, curioso, misterioso... que visitedes e traela ao cole contándonos a vosa experiencia.
Aquí deixo unha imaxe do que están a traer os vosos compañeiros e compañeiras e un pequeno recordatorio de en que consiste esta actividade.
Animádevos a seguir traendo fotos!! Queremos encher este mapa!! Queremos coñecer mellor a nosa Galicia!!!



ARTETERAPIA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Os papás e as mamás seguen a vir ao cole a contarnos moitas cousas e a facer talleres con todos vós. A pasada semana tocoulles aos nenos e nenas de 2º e 5º de Primaria que participaron nun obradoiro de ARTETERAPIA. Beatriz Mosquera, nai de Dante de 2º e de Kimberly de 5º, ensinoulles novas técnicas para traballar con cartolina. Fixeron postais para agasallar ás mamás nun día tan fermoso coma hoxe. Foi un placer contar coa súa colaboración e axuda!!! Moitiiiisimas grazas!!!!
Agora ollade as postais tan fermosas que fixeron e o ben que o están a pasar!!




viernes, 5 de mayo de 2017

PASIÑO

Un grupo de alumnos e alumnas de 6º escolleu o conto Pasiño para contarlle aos seus compañeiros e aos compañeiros de 4º. Pasiño conta unha historia tenra e sinxela, pero moi real. Tres patiños están perdidos no bosque. O pequeno chora que quere a mamá e será o seu irmán maior o que lle ensine que "pasiño a pasiño" podemos chegar a onde queiramos. Entrañable historia cun toque moi divertido aportado polo pequeno Pasiño


jueves, 4 de mayo de 2017

O GRAN LIBRO DO AMOR

Kimberly de 5º sabe que hai moita xente á que querer: ás nais, aos pais, aos avós, aos amigos... e para que todos o lembremos e que os pequerrechos non o esquezan nunca leulles este conto. O gran libro do AMOR.