viernes, 22 de enero de 2021
AS NOVAS DA HORA DE COMER E CURIOSIDADES DO TEMPO DE LECER
lunes, 18 de enero de 2021
ITINERARIO LECTOR (2020-2021)
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa temos o itinerario lector en marcha. Os libros son os escollidos polos vosos titores e titoras. Xa sabedes que sempre buscamos aqueles contos que máis gusten e que se adapten ós vosos intereses e inquedanzas.
Aquí deixo o listado de lecturas do itinerario lector para este ano. Preparados para divertiros e aprender coa lectura?
viernes, 15 de enero de 2021
"PARABÉNS NA HORA DE COMER E AS NOVAS DO TEMPO DE LECER"
Ola amguiños e amiguiñas!! Esta semana Radio Garabullo comezou a emitir en directo para o comedor do cole. Unha vez máis cargada de novas, parabéns e algunhas sorpresas.
Hoxe deixamos para todos e todas vós o primeiro programa de Radio Garabullo 2021!!
lunes, 4 de enero de 2021
DIGICRAFT: A porta máxica
Ola amiguiños e amiguiñas!!
Nesta ocasión os compañeiros de 1º a 3º de primaria participaron nunha actividade na que tiñan que crear un proxecto de realidade aumentada no que puideron ver un obxecto en 3D sobre un debuxo coloreado por eles. Remataron a actividade xogando a un videoxogo no que tiveron que aprender a organizar eficazmente arquivos dixitais.
Aproveitade as vacacións e animade a papá e a mamá a entrar en Digicraft e experimentar coas actividades que alí vos propoñen picando no seguinte enlace:
https://digicraft.fundacionvodafone.es/actividades
Para convencelos amosádelle este vídeo e o ben que o pasamos!!
Felices Vacacións!!
DIGICRAFT: Comeza por A
Ola amiguiños e amiguiñas!!! Como ben sabedes seguimos coas actividades de DIGICRAFT.
"Empeza por A" é un xogo de preguntas e respostas cobre conceptos de tecnoloxía que implican a utilización de distintos buscadores de internet co obxectivo de atopar as respostas correctas.
Se na casa queredes aprender máis cousas de DIGICRAFT picade no enlace e experimentade nas casas coas vosas familias.
https://digicraft.fundacionvodafone.es/actividades
E mentres aquí deixamos un vídeo do ben que o pasamos nesta actividade.
Felices Vacacións!!