Mostrando entradas con la etiqueta Bibliteca Creativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bibliteca Creativa. Mostrar todas las entradas

lunes, 1 de junio de 2026

Photon nas sesións de EF

Ola amiguiños e amiguiñas!! Esta semana, grazas á Biblioteca Creativa, as sesións de Educación Física tiveron unha visita moi especial: o robot Photon .

O seu papel foi o de dinamizar as clases a través de diferentes retos cooperativos nos que o alumnado tiña que pensar, organizarse e moverse para conseguir chegar ao obxectivo. Non era só xogar por xogar, senón aprender a resolver situacións en equipo.

A través destas actividades, o alumnado puido descubrir outra forma de facer Educación Física, na que se unen o razoamento, as habilidades motrices e, sobre todo, a cooperación. Porque cada vez que o reto se conseguía, non era mérito individual, senón resultado do traballo conxunto de todo o grupo.

Unha experiencia diferente, divertida e moi enriquecedora que nos axuda a seguir aprendendo mentres xogamos.




miércoles, 11 de marzo de 2026

Vega fixo a reportaxe deo 8M e do 11F

 Ola, amiguiños e amiguiñas!

Hoxe na escola, da man de 5º de primaria, celebramos o 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

A encargada de facer a reportaxe foi Vega Lalín, tamén de 5º de Primaria, que despois foi ata a biblioteca para facer a montaxe das fotos e amosarnos o resumo da xornada.

martes, 1 de julio de 2025

O ALUMNADO DE 6º despide a Marisa dun xeito moi especial

Ola amguiños e amiguiñas!! O curso está rematado pero aínda quedan cousiñas por amosar. O alumnado de 6º quixo facer un vídeo de despedida a Marisa pola súa xubilación. Un vídeo en nome de toda a escola que resumo o importante que foi a nosa mestra Marisa para todo o centro. Feliz xubilación!!


martes, 4 de marzo de 2025

ALTO DOS XENERAIS INFANTIL

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Como cada ano contomos coa visita dos nenos e nenas que participan no Alto dos Xenerais Infantil. Estiveron o mércores 26, da man da Escola de Xenerais e fixeron o "Alto" en primicia para nós. Dámoslles as grazas a todos e todas en especial a Uxía que, aínda que non vén a este cole, aceptou vir a facer o Alto para todos nós.

jueves, 27 de febrero de 2025

OS MANDADIÑOS DO XOVES

 Ola amiguiños e amiguiñas!! Que guapos estades cumprindo os mandadiños. Os feitizos do Meco puxeron o cole ao revés e nós cambiamos os pés.