viernes, 20 de diciembre de 2013

LEMOS ONDE NOS PETA

Nun frío domingo de inverno, un grupo de mestres e mestras viñeron á biblioteca en busca de libros e aventuras. Preto da cheminea estábase de medo pero... non tiñamos as vistas da nosa Bandeira.
Cargados de contos, de música, de Nadal... saíron de excursión e conseguiron demostrar que se ben é facil "ler porque nos peta" máis doado é "ler onde nos peta".
As paisaxes que arrodean a nosa terra son fermosa... non perdades a oportunidade de ler nelas!!!
Bo Nadal a todos e todas!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!! 

miércoles, 18 de diciembre de 2013

ABRAHAM CARREIRO ENSINOUNOS A TRUCOS PARA OS NOSOS DEBUXOS



 Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Que ía dicir que con dous círculos podemos facer unha galiña ou un cabalo?
Que artísta!!!
Foi fantástico ter a un ilustrados como Abraham Carreiro toda unha mañá para nós, e, mellor aínda, que nos contara algúns truquiños para mellorar as nosos debuxos.
Grazas Abraham polo teu tempo e polos teus consellos. Aquí queda un pequeno guiño do que foi o teu paso pola escola.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!





domingo, 15 de diciembre de 2013

UN LIBRO POLO NADAL

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
As vacacións están agardando por nós.
Falta menos para as notas e as festas de Nadal.
O festival xa está case preparado, e o cole está tan fermoso que da pena deixalo así durante as vacacións.
Eu decidín quedar aquí lendo contos e libros preto da cheminea. Para min, o Nadal, é un tempo ideal para ler un conto cunha taza de chocolate quente. É un tempo ideal para regalar un libro ou incluso para pedirllo aos reis nas nosas cartas.
Se precisades algunha idea, se non tedes claro o que máis vos gusta... aquí deixo uns conselliños.
Non hai mellor agasallo que un libro polo Nadal.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



martes, 10 de diciembre de 2013

6-12-2013 DÍA DA CONSTITUCIÓN

Ola amiguiños e amiguiñas.
Rematou a semana adicada á Constitución.
Os alumnos de 6º resumiron e axudáronnos a entender este libro tan complicado. 
A través dos debuxos que pintamos entendemos un pouco máis que son os nosos dereitos e cales son.
 


Tamén limos un conto divertido onde a Constitución conta un pouquiño da súa historia. Para que non esquezades todo o que fumos aprendendo deixo aquí un resumo en fotos do traballo dos nenos e nenas de 6º.
 

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

O MONSTRO PELUDO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que tal despois dunha fin de semana tan longa?
Eu sigo por aquí. Rebuscando entre as cousas que ides facendo. Sabedes que atopei? A representación dun conto que fixeron os de 6º para vós:
O MONSTRO PELUDO
Lembrades? Na aula do medo un grupo de alumnos e alumnas de 6º deron vida a un conto durante os días do Samaín. Fixeron moito máis divertido o noso paso pola aula do medo. Amosaron outro xeito de contar un conto. Os personaxes foron cobrando vida. Foi un conto, que lonxe de dar moito medo, fíxonos rir un montón grazas a simpatía e o cariño deste mozos e mozas.
Aquí deixo o vídeo para que o vexades tantas veces como queirades.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


martes, 3 de diciembre de 2013

DÍA DO PEÓN 2013

Ola amiguiños e amiguiñas. Atrás queda o mes de novembro, un mes no que voltamos a sacar os trompos, besbellas, pimpirinolos, bailaretes, perperellas...
Quen nos ía dicir que un xoguete de madeira pequeniño daba tanto xogo!
Aprendemos un montón de nomes do trompo, recitamos refráns, xogamos con adiviñas, cantamos cancións e fixemos os nosos trompos cos froitos de outono... Sen esquencer, claro está, que aprendemos a lanzar o trompo e a mellorar as nosas técnicas os que xa o sabiamos bailar.
Para non esquencer todo o que aprendemos e todo o que atopamos nos libros deixámolo recollido nun mural.
Hoxe, como resumo do mes, déixovos esta pequena presentación para que non esquenzades o aprendido e para que vexades como bailades o peón.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 24 de noviembre de 2013

25-11-2013 DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Mañá luns 25 de novembro celébrase o día da non violencia contra as mulleres. É unha data a ter en conta nas aulas. Un tema moi importatante para a nosa formación como xente do futuro.
Falamos do tema ao longo da semana pasada e  seguiremos falando esta semana, agora xa, coa axuda dos libros que expoñemos na entrada do cole.
Ata agora conseguimos berrar, escribir, inventar, buscar,... frases que fixeran máis fácil comprender o significado do 25 de novembro.
Son frases feitas por vós. En realidade son un resumo do que hoxe queremos conmemorar. Agardo que vos gusten. Seguide traballando nesta liña!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



jueves, 21 de noviembre de 2013

CLUB DE GARABULLO

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Outro club de lectura agroma na biblioteca. 
Club de Garabullo é o club de lectura formado polos nenos e nenas de 3º.

Do mesmo xeito que onte fixeron os rapaces e rapazas de 5º, hoxe, a aula de 3º animouse a iniciar o súa andaina formando o seu club de lectura.
Escolleron, para comenzar, o libro
O corazón do bosque.
Que lle pasará a Raquel para que aquela excursión acabara sendo inesquecible? Que estraño personaxe estaba agochado na súa mochila? 
Semana a semana acompañando ao Club de Garabullo iremos dándolle respostas a estas preguntas e descubrindo unha fermosa aventura.
Queredes formar parte dela? Pois estade atentos as novas dos clubs de lectura da Biblioteca de Bandeira.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


 
Club de lectura de 3º
Club de Garabullo

miércoles, 20 de noviembre de 2013

AMIGUIÑOS DAS LETRAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Hoxe quero saúdar aos nenos e nenas de 5º que comezan unha nova aventura. 
Amiguiños das letras foi o nome que escolleron para o que, dende hoxe, é o  seu club de lectura. Na hora de ler e tras firmar un acordo e unhas regras comprometéronse a ler XOELIKI

Xoeliki é un neno de 11 anos que xoga aos videoxogos e bota horas chateando en Internet. 
A vida de Xoeliki é moi rutineira ata que un día ocorre un feito misterioso que lla cambiará por completo...
Como vedes a aventura de Xoeliki e dos rapaces e rapazas de 5º vaise unir nunha lectura conxunta, divertida e chea de anécdotas que de seguro leremos no Blog.

Estade atentos!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



Club de lectura de 5º:
AMIGUIÑOS DAS LETRAS

LINDA Á ESPREITA

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que sorpresas me dades!!
Cada día vexo como vides a biblioteca... Os libros van e veñen e máis dunha vez pregúntome se realmente os ledes con ilusión...se pensades a quen lle leeríades un conto... se aconsellades os contos que vos gustan aos vosos compañeiros e compañeiras...
A semana pasada Aminata, Xián e David de estiveron ollando contos de infantil. Entre os tres prepararon o conto "Linda á espreita". O resultado... déixovolo aquí para que opinedes. Eu somentes podo darlles as grazas por facer que os contos cheguen a infantil dun xeito tan agarimoso. Grazas polo voso tempo e polo voso esforzo. Seguide así. Parabéns!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


lunes, 18 de noviembre de 2013

A ESCALEIRA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Que tal? Xa vexo como día a día vides a verme á Biblioteca. A miña caixa empeza a ter suxerencias de películas, de libros que queredes que merque... e ata deixades algún debuxo para min...
Hoxe non vou a poñer nada do que apareceu na caixa de conversascongarabullo.
Hoxe quero que vexades, leades e gocedes con este conto que lle escoitei contar a Carme de . Titúlase A Escaleira da editorial OQO.
Paréceme que é un conto precioso e déixovolo aquí para que poida ser escoitado por todos e todas.
Gracias Carme!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


viernes, 8 de noviembre de 2013

CHEGOU O SAMAÍN

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa deixamos atrás o SAMAÍN.
Cabazas e cabaciñas, cuartos e contos de medo para ver e para ler, arañas e arañeiras, bandas de música e cancións de medo, bruxas e curuxas....
Dende o luns 28 ata o mércores 30 a escola vestiuse de arañeiras, de cabazas e de música.
Celebramos o Samaín e pasámolo de medo.
Queredes ver as vosas caras?
Queredes lembrar o que pasou?
Mirade a páxina web do cole e aquí deixo un pequeno album para que vexades algunha foto do que foi o Samaín.
Agardo que vos guste!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow design created with Smilebox

domingo, 3 de noviembre de 2013

O PRIMEIRO DÍA DA BIBLIOTECA

Ola amiguiños e amiguiñas!!
O día 25 de outubro abrimos as nosas portas. Todos e cada un de vós foi pasando pola biblioteca da escola.
Puidemos ver o video que fixeron os de 6º.
Cantas cousas recordamos e aprendemos!!! Repartimos os carnés, houbo cromos de garabullo para todos e todas, uns fermosos marcapáxinas e os horarios de biblioteca novos para a aula.
Dende hoxe a Biblioteca espera as vosas visitas.
Dende agora as portas da biblioteca están abertas durante o recreo para que levedes os vosos contos, para ler nos tempos de lecer, para buscar información.
Non esquenzades a caixa de conversascongarabullo. Lembrade que é a vosa forma de solicitar aqueles contos ou libros que non teñamos ou para deixar as vosas creacións ou simplemente para contarme todo o que queirades.
Mentres espero as vosas visitas deixo unha pequena imaxe do día en que a Biblioteca abriu as súas portas.




E xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 27 de octubre de 2013

A FESTA DA BIBLIOTECA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa chegou o Día. O 24 de outubro é o Día das Bibliotecas Escolares.
Que gañas tiña de volver a estar con vós!!
Con tremenda ilusión os mestres e mestras que me axudan foron preparando aos rapaces e rapazas de 6º para ser uns estupendos axudantes de biblioteca.
Dende o meu escondite vexo como se preparan. Como aprenden a colocar e coidar os libros, como buscalos co ordenador, como estar pendentes de vós e das vosas necesidades e sobre todo como querer a Biblioteca e respetala.
Vin como facían un pequeno video para amosar doutro xeito o funcionamento da biblioteca. Aproveito para deixalo aquí colgado para que todos e todas poidades velo tantas veces como queirades.


Agardo a vosa visita!!

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 11 de junio de 2013

Matinando nas lecturas?

Xa chegaron as bolsas para os libros!!!
Temos a biblioteca cheíña de bolsas baleiras esperando que escollades a vosa e a enchades de contos.


Cinco libros a escoller. Cinco libros para no verán poder ler. Cinco libros porque non somos lacazáns e o verán con lectura imos disfrutar!!
Ánimo rapaces xa estamos rematando.
Vinde polos vosos libros!!!
Saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


PARA NON SER LACAZÁN TES QUE LER NO VERÁN

XA CHEGAN AS VACACIÓNS!!!
É certo que moitos e moitas preguntades porque non podedes levar libros en préstamo estos días. Moi ben, moi ben!!!
Os "Axudantes da Biblioteca" están a colocar, ben colocadiños, os libros nos andeis. Si, esos libros que estiveron de préstamos nas casas ou nas aulas.
Queremos ter todos na biblioteca para que a partir da semana que vén podades ir escollendo cos vosos titores un lote de libros para levar no tempo de vacacións.



Si nenos e nenas libros para ler no verán e non ser coa lectura un lacazán.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

DÍA MUNDIAL CONTRA O TRABALLO INFANTIL

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Hoxe achégome a vós para falar dunha data moi directamente relacionada con moitas nenas e nenos coma vós.
Sabedes que hai unha chea de nenos e nenas no mundo que non poden ir á escola?
Son nenos e nenas obrigados a facer traballos abusivos perdendo a súa libertade, o seu tempo de xogo a súa educación.
Mañá 12 de xuño celebramos o  
DÍA MUNDIAL CONTRA O TRABALLO INFANTIL.


Dende a Biblioteca recordamos libros que fan que entendamos esta situación e aprendamos a loitar dende aquí contra ela. 


Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 4 de junio de 2013

A noite das mudanzas

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa era hora. Xa chegou o ansiado momento de poder disfrutar do Stop Motion feito polos nenos e nenas de 3º. Tendo como referencia o conto "A noite das mudanzas" foron quen de facer unha fermosa película utilizando a fotografía e as súas cualidades artísticas. Fixeron un personaxes fermosos e divertidos, un escenario de película... Que queredes que vos conte? So digo mirade e divertídevos con A NOITE DAS MUDANZAS.

Remátase o préstamo de libros!!

Ola nenos e nenas!!
Está rematando o curso. Falta pouco para as vacacións e a biblioteca está preparándose para deixarvos libros durante o verán . Lembrade pasar pola biblioteca para devolver os libros que aínda tedes na casa.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


viernes, 24 de mayo de 2013

DíA SOMOS. Unidos para cambiar o mundo

Ola nenos e nenas de Bandeira!!!
Hoxe dende a escola démoslle a volta a roupa como mostra da nosa vontade de darlle a volta ao mundo. Sabemos que esta mensaxe só ten sentido cando todos e todas nos unímos para acadar un mesmo fin e, por iso, sumamos o noso esforzo neste día. No Día SOMOS.



Esta foi a nosa pequena aportación e para que lle sigades dando a volta ás cousas aí vai un vídeo informativo e se pinchades en: somos un enlace a páxina oficial.

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!! 


jueves, 23 de mayo de 2013

Para min un libro é...

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Hoxe topei na rede un vídeo que me emocionou. Gustoume porque transmite a importancia dun libro. O valor que ten...
Cando celebramos o día do libro, a biblioteca e a escola fixemos un troco. A cambio de que acabarades a frase "Para min un libro é..." a biblioteca agasallouvos cun conto.
Foi fermoso saber que para todos nós un libro é un tesouro, un amigo, unha porta a imaxinación, un compañeiro co que pasar horas e horas sen nos aburrir, alguén que nos emociona e fai chorar e rir.
Un libro é un tesouro e o seu valor e ilimitado... Pode facer que sintamos a calor do sol aínda que chova, que sexamos princesas, príncipes, piratas, raíñas, leóns,... calquera cousa que parta das súas letras e se sume a nosa imaxinación.
Vendo as vosas caras xa sabemos o que é un libro para vós... Ollade!!



Sumado á vosa ilusión polos contos aquí deixo un video para que vexades o "Valor dun libro" para Irene. Irene ama ler porque os libros fanna sentir moi feliz...




Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 22 de mayo de 2013

Obradoiro de Autoestima

Ao longo deste trimestre os nenos e nenas de 2º estiveron facendo un "Obradoiro de autoestima" coa profe Lucía. Pouco a pouco aprenderon a coñecerse un pouco a si mesmos e aos seus compañeiros.
Foi unha actividade lúdica, globalizadora, activa... onde os contos xogaron un papel principal.
Leeron moitos dos contos aquí propostos:






Tamén aprenderon a describirse, amosar como se ven a si mesmos a través do que se convertiu nunha actividade creativa, imaxinativa e cun fermoso resultado. Foi empregando caixas decoradas por eles mesmos como puideron explicar aquelo que máis lles gusta e atrae, como son... aquelo que máis os identifica. Aquí deixo as fotos.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


domingo, 19 de mayo de 2013

Sexto Libera o seu poema

Outra vez aquí!!
Hoxe, os rapaces e rapazas de sexto, recitaron Adiós ríos, adiós fontes para se despedir desta fermosa actividade.
Ao longo de dúas semanas todos os cursos fixemos unha particular conta atrás, para chegar ao día das LETRAS GALEGAS.
Liberando cada día un poema quixemos honrar á nosa grande poeta Rosalía de Castro e a súa obra Cantares Gallegos símbolo das nosas letras. Máis, neste ano 2013, no que se cumpren os 150 anos da publicación desta fermosa obra.
Eran moitos os poemas a escoller pero poucos os cursos e o tempo... cada poema foi único, diferente, impregnado coa ilusión dos nenos e nenas que os recitaban, coa súa alegría e coa súa personalidade propia.
Rematamos, pois, co poema que quizáis foi o máis coñecido, querido, aprendido, recitado, cantado e que mellor reflexa o sentir dun galego cando ten que dicir adiós a súa terra, a súa xente, a unha vida,...
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
  

Quinto Libera o seu poema

Ola rapaces e rapazas!!
Xa está aquí un novo poema. O mércores foi quinto o que recitou para nós " Airiños airiños aires" da nosa querida Rosalía. Cada curso un poema máis e polo tanto un día menos para celebrar as Letras Galegas 2013. Fanno xenial!!!
Agardo que vos guste e entreteña!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



miércoles, 15 de mayo de 2013

Cuarto Libera o seu poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Como di o poema que cuarto recitou hoxe "Vente rapaza" eu chámovos rapazas e rapaces para darvos os parabéns por este traballo que estades a facer. É difícil interpretar cada día un poema de Rosalía sen caer na repetición, no mesmo xeito de interpretar, deixando unha pegada propia de cada curso. Sempre quedo abraiado co que vexo no salón de actos. Polo voso empeño e ilusión; e pola satisfacción das cousas ben feitas... Orgulloso de ser a vosa mascota amósovos aquí o resultado do voso traballo.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



martes, 14 de mayo de 2013

Terceiro Libera o seu poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Tal e como vimos facendo estos días e achegándonos xa ao día das Letras Galegas continuamos liberando poemas. Hoxe tocoulle o turno a Terceiro que recitaron o poema Meniña Morena
Dun xeito divertido e musical foron achegándonos unha vez máis aos fermosos poemas de Rosalía.
Aquí deixo o poema.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

   

Letras Galegas

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa chegan as letras galegas. Levamos un mes de celebracións!!
Liberamos cada día un poema do poemario Cantares Gallegos de Rosalía de Castro
Celebramos a Romaría cun pequeno guiño á tradición galega
Acercámonos a grandes defensores da nosa lingua e da nosa cultura a través da palabra escrita.
Este ano acercámonos a Roberto Vidal Bolaño. Premendo na imaxe podedes descubrir e achegarvos a este homenaxeado polas nosas letras
 

Agardo que aprendades moitas cousas dende este enlace.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

Gracia cóntanos un conto

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Sabíades que para celebrar o mes de abril, o mes dos libros tivemos no centro unha marabillosa contacontos?.
Así foi o día 22 de abril Gracia achegouse ao centro para contarlle aos nenos de infantil un fermoso conto:


Imos a cazar un oso é un conto que nos leva a pensar na valentía e nos medos. Con Gracia atravesamos un campo de herba, un bosque, un río... descubrimos que cazar un oso é unha aventura chea de emoción e imprevistos, unha aventura da que todos chegamos a formar parte.
Aquí deixo unhas imaxes desta nova aventura que tivo o seu punto de partida na Biblioteca.
Moitas gracias pola túa ilusión e por dar vida ás fantásticas historias que encerran os contos das nosas bibliotecas.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



jueves, 9 de mayo de 2013

Primeiro Libera o seu poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Aquí de novo para amosarvos o poema que recitaron onte os nenos e nenas de primeiro. Neste caso o título do poema é "Un repoludo gaiteiro". Un poema tamén de Rosalía de Castro pero que na voz destos nenos e nenas gaña vida, gracia, tenrura...
Queredes velo? Pois eso esta feito!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


miércoles, 8 de mayo de 2013

Segundo Libera o seu poema

Ola amiguiños e amiguiñas de Bandeira!!
Gustouvos o poema de segundo? Hoxe recitou "Quíxente tanto meniña" tamén de Rosalía de Castro da obra Cantares Gallegos.
É fascinante observar día a día a ilusión que poñedes para que todas as actividades feitas no centro sexan tan amenas, divertidas e merezan a pena.
Parabéns polo voso traballo
Aquí deixo o poema de hoxe e espero con moita ilusión o de mañá, que lle toca a primeiro.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


lunes, 6 de mayo de 2013

Infantil libera un poema

Ola amiguiños e amiguiñas.
Comezamos a semana adicada ás Letras Galegas. Como primeira guinda os nenos e nenas de infantil recitaron o poema de ROSALÍA DE CASTRO Has de cantar.
Que dicir do recital? Só podo dicir: "Escoitade e aplaudide" porque o fan de marabilla.
Agardo que vos guste tanto coma a min.



Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 5 de mayo de 2013

OBRADOIRO CUN FERREIRO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Moito traballo!! É unha experiencia fantástica ver o ben e o moito que traballades...
Pois ben, hoxe, para rematar cos "apadriñamentos de palabras" deixo unhas imaxes da charla que tivemos co Ferreiro. No noso "taller de ferreiros"  pouco a pouco aprendemos como funcionan as ferrerías. Que cousas se fan, as ferramentas que se empregan, como avivar un lume ou como amañar a roda dun carro... Soupemos como estos oficios requiren moito tempo e paciencia pero que o resultado é diferente do que consegue unha máquina.
Moitas grazas ao señor Ferreiro por deixarnos un doce sabor de boca e por compartir con nós o lado fermoso do traballo do "Ferreiro".
Para el e para todos vós unha mostra do que ese día aconteceu na Biblioteca.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


lunes, 29 de abril de 2013

O COIRO

O mércores 17 de abril foi un día moi especial para os rapaces e rapazas do 2º ciclo. Tiveron a grande sorte de contar coa presencia do artesán do coiro silledense Xosé Villar.
Xosé foi quen de mergullarnos no fascinante mundo do coiro. A través das súas explicacións coñecemos as distintas utilidades e aplicacións deste material, non só na actualidade, senón dende a prehistoria. Falounos das súas características, as distintas e infinitas posibilidades que ofrece o coiro así como das ferramentas que se precisan para traballar nel.
Non só escoitamos as súas explicacións, tocamos unha grande variedade de peles de animais moi diversos: ovella, potro, cabra, vaca,... e outras tan curiosas como a do lobo marino, a do canguro, a da serpe, a da raia ou a do tiburón.
Só podo dicir en nome de todos GRACIÑAS Xosé pola túa xenerosidade e por compartir un pouco do teu tempo e da túa maña e sabiduría connosco. Os rapaces do segundo ciclo non esquecerán nunca as túas verbas unha tarde de mércores na biblioteca.



Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

jueves, 25 de abril de 2013

LECTURAS COMPARTIDAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!!A mañá do martes foi unha mañá divertida, emocionante. Unha mañá de lecturas compartidas. Nenos e nenas, grandes e pequenos compartindo os seus contos, disfrutando de cada aventura, rindo e emocionándonos cos protagonistas das historias... como di o noso lema "Lendo porque nos peta"
Que mellor xeito de agradecervos a todos e todas a vosa participación nas lecturas compartidas, que amosando o que puiden ver eu dende a miña ventana da biblioteca?


Agardo que vos guste!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 23 de abril de 2013

SEMANA DA PRENSA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Lembrades todas as novas que fomos recollendo ao longo da semana da prensa e que íades colgando no "Tendal" das NOVAS DE BANDEIRA?.


Todas esas novas foron gardadas diariamente para facer con elas un enorme periódico que podesde ollar cando queirades na biblioteca e que aquí deixo neste video para que gocedes e busquedes o voso traballo.
Parabéns por tanto esforzo, tanta colaboración e tan fermosos resultados.



Un Saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 22 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Mañá é 23 de abril e celebramos O día do Libro. Nas bibliotecas prepáranse actividades para conmemorar este día. Nós tamén o faremos.
Aproveitando o bo tempo faremos lecturas compartidas no patio de infantil. Grandes e pequenos seredes protagonistas na lectura dos contos que nestas semanas estivechedes escollendo na biblioteca.
Ao rematar esta lectura compartida, que mellor cousa! que trocar un libro por unha frase, poema, debuxo,... algo feito por vós que remate a frase:

"Un Libro para min é..." 

Espero a vosa colaboración e ademáis como todo libro ten que ter un marcapáxinas levaredes un de agasallo.
Agardo que vos gusten.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!   

APADRIÑADOR DE PALABRAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Este ano apadriñando palabras traballamos o mundo dos artesáns.
Nas aulas dende infantil ata o terceiro ciclo de primaria fumos buscando información dos oleiros, dos ferreiros, dos artesáns do coiro ou dos cesteiros.
Con toda a información recollida fixemos unha fermosa exposición con ferramentas, materiais ou cousas feitas polos distintos artesáns.
Aprendemos moitas curiosidades destes oficios e tanto o primeiro ciclo como o segundo tivo a sorte de ter unha charla con estes artesáns.
O resultado, inmellorable!! Aquí deixo unhas fotos do que foi un interesante traballo no que todos e todas aprendemos un montón de cousiñas.
Agardo que vos guste.


Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 10 de abril de 2013

JOSÉ LUIS SAMPEDRO


Ola amiguiños e amiguiñas!!
Hoxe as Bibliotecas escolares unímonos para decirlle adeus a José Luis Sampedro, novelista e autor de importantes libros de economía. Un grande loitador e defensor dos seus ideais, un nome co que sempre asociamos e asociaredes intelixencia e pensamento,...
Con este agarimoso abrazo desexámoslle moita sorte no seu novo andar.

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!