miércoles, 24 de diciembre de 2014

GUÍAS DE LECTURA NADAL 2014

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa estamos nas vacacións de Nadal. Chega unha época de tempo libre para xogar, para estar coa familia, de moitos agasallos,...
Xa sei que tedes as vosas cartas escritas e agardo que pidades algún conto.
Lembrades os que vos aconsellei nas guías de lectura? Son contos moi bonitos e divertidos así que vou deixalos aquí colgados para que os reis poidan velos tamén e levarllos a todos os nenos e nenas.

 Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA

miércoles, 17 de diciembre de 2014

Infantil xoga co Apalpador

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Ao longo destos días os nenos e nenas de infantil estiveron aprendendo cousas do Apalpador. A través de preguntas e de imaxes foron facéndonos partícipes das súas aprendizaxes.
Foi moi fermoso ver como día a día o mural ía cambiando.
Unha experiencia moi divertida, grazas a que coñecemos un pouco máis a este señor e coa que ademáis o pasamos en grande.
Queredes ver todo o que fixemos e aprendemos?
Ollade este conto!!!
Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

jueves, 11 de diciembre de 2014

COEDUCAMOS 2014

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Como ben sabedes son moitas as actividades que se fan na escola.
Hoxe chegou ás miñas mans esta nota xunto cun vídeo das actividades que fixeron os nenos e nenas de infantil para conmemorar o 25 de novembro.
Ollade!!! Ollade!!

COEDUCAMOS 2014

Como puidemos comprobar nas últimas entradas do blog, o pasado 25 de novembro celebrouse o Día Contra a Violencia de Xénero, e alumnado de educación infantil tivo a oportunidade de participar nos Obradoiros de Coeducación: “Iguais ou diferentes” , organizados polo CIM de Silleda.

Constaron de dúas sesións:

- A primeira das sesións (13 novembro) levaba por título: “O xogo no desenvolvemento infantil. As relacións sociais nos xogos; xogando xuntos aprendemos”.

- A segunda sesión (20 novembro) levouse a cabo baixo o título: “Transmisión de esteriotipos na sociedade. Publicidade e consumo de xoguetes”. 

Grazas a estes obradoiros, o alumnado de infantil puido dispoñer de situacións de aprendizaxe baseadas no xogo a partir das cales foron adquirindo habilidades positivas e valores que contribúen a mellorar o seu desenvolvemento persoal. Porque coeducando é o único xeito que temos ó noso alcance para tentar conseguir unha sociedade en igualdade!!
 
 

viernes, 5 de diciembre de 2014

UN CANTO AO MALTRATO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa sabedes que ao longo deste mes estamos a publicar cousas feitas na aula ou fóra dela para traballar o 25 de novembro, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Un ano máis foron os rapaces e rapazas de 6º os encargados de interpretar para todos un Canto ao Maltrato. Berraron NON polos que non teñen voz, polos que non teñen forza, para os que o precisen.
Hoxe deixo este Canto ao Maltrato aquí colgado, non só para que o gocedes, tamén para que escoitedes e aprendades o que transmite.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

martes, 2 de diciembre de 2014

QUE PLANTAMOS PARA XANTAR?

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que plantamos para xantar? é o título dun proxecto que comenza na Biblioteca e chega a todas as actividades da escola.
Temos un horto no que imos a traballar, investigaremos sobre moitos temas, elaboraremos murais, faremos entrevistas, leremos contos e faremos todo aquelo que se nos ocurra para poñer en marcha este proxecto.

Para comezar, dende hoxe teredes a posibilidade de publicar o que facedes  no horto e as vosas investigacións nun blog de Voz NATURA (picade enriba do logo para chegar ao blog)

http://blogs.voznatura.es/ceipbandeira/

O NOSO HORTO é o nome do noso novo Blog. Xa está en funcionamento grazas a Ana e Jorge de 5 anos, que hoxe foron os primeiros en publicar . Dende a biblioteca, e coa axuda de dúas mestras, foron traballando ata chegar ao que hoxe podedes ver colgado.



Animádevos a publicar as vosas pescudas e os vosos traballos.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA





viernes, 28 de noviembre de 2014

ARTUR E CLEMENTINA

A Violencia de xénero é un tema que ao longo desta semana estase a tratar nas aulas. Son moitas e moi variadas as formas de tratar este tema. Os nenos e nenas de 5 anos tamén traballaron o día 25 de novembro co conto de Artur e Clementina. Unha forma amena, divertida e adapata para entender o que esta data significa. Dun xeito ilustrado vemos o traballo feito polos nenos e nenas de 5 anos. 

Estas son as verbas que nos deixaron:

 ARTUR E CLEMENTINA
O pasado 25 de novembro celebrouse o Día Contra a Violencia de Xénero, e os nenos e nenas de 5 anos estivemos traballando o conto de “ARTUR E CLEMENTINA” de Adela Turín.
Todas as actividades desenvolvéronse a partires da historia fabulada de dúas tartarugas que se coñecen e namoran. Ela ten multitude de soños, ilusións e plans de futuro para a súa vida.
Cando casan, Artur decide que será el quen traballe, e que ela quede na casa. Isto a ela abúrrelle moito e a el parécelle que é tonta por aburrirse. Ela planea moitas actividades para entreterse, pero el en vez de permitirllo, traíalle cousas e poñíallas atadas ó seu lombo.
Un día ela decide saír do seu caparazón e dar un pequeno paseo, para voltar antes de que el regresara á casa. Esta costume, que lle facía sentirse moi leda, foise convertindo nalgo necesario, ata que un día decidíu marchar para non volver e poder realizar os seus soños. El nunca comprendeu por qué se fora, con todas as cousas que lle dera…
Porque aínda se precisan obras sobre coeducación e igualdade!!


Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
 

miércoles, 26 de noviembre de 2014

LA CACA MÁGICA

Unha vez máis estou sorprendido!!
Ao longo das últimas semanas había un pequeno rebulir pola biblioteca. Unhas rapazas de 6º cunha cámara de vídeo, uns mestres argallando algo, un neno que contaba un conto... Non entendía nada!!! Ata que hoxe apareceu un vídeo e unha nota na biblioteca.
A nota dicía:

" O martes 18 de novembro, Yago Taboada de 4º quixo contarlle un conto a Garabullo. Era A caca mágica. Eu,  María Taboada de 6º, fun á biblioteca para axudalo e graveinó"

María deulle a nota a unha mestra  e o vídeo dun fermoso conto para a nosa biblioteca, e para amosar no noso blog.
Agora tócame a min deixar aquí o conto e darlle as grazas a María e a Yago polo seu traballo, así como ás persoas que axudaron a que este vídeo chegara ás miñas mans.
Agardo que vos guste!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!






martes, 25 de noviembre de 2014

UN CANTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe 25 de novembro "Día Internacional da eliminación da Violencia contra a muller" agardounos unha sorpresa na entrada. Un mural que anuncia un día a ter en conta nas aulas, na escola, na casa,... Non so falamos nas aulas do significado deste día, tamén escoitamos un Canto contra a Violencia de Xénero interpretado polos nenos e nenas de 6º. Pronto poderemos compartilo con todos vós.
 

Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 18 de noviembre de 2014

A BIBLIOTECA XA ESTÁ FUNCIONANDO

Si amiguiños e amiguiñas a biblioteca segue a funcionar!!!
O día 24 de outubro marcou o comezo desta nova temporada. Os contos de Celsiño foron a chave para abrir as portas da biblioteca e poder ollar un vídeo feito polos vosos compañeiros. De repartir os carnés aos rapaces e rapazas novos no centro así como de lembrar as normas da biblioteca.
Pasámolo en grande!!
Agora véxovos pasar por aquí todos os días pedindo contos e películas, pero lembrade que tamén podedes mandar os vosos consellos de lectura!!
Anímovos a contar contos aos compañeiros.
Tamén podedes facer recomendacións escritas ou en vídeo
Xa sabedes que eu estou orgulloso do voso traballo e todo o que facedes queda aquí para que todo o mundo o disfrute.
Hoxe podedes ver aquí o vídeo de apertura da biblioteca
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A free digital slideshow by Smilebox

martes, 11 de noviembre de 2014

Celsiño Contacontos

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Lembrades o día de festa da Biblioteca? Lembrades que ben o pasamos con Celsiño?
Pois agora é o momento de amosarllo a todos e todas, de lembrar os contos e as cancións que nos ensinou. De pasar un estupendo momento
Agardo que disfrutedes!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


viernes, 7 de noviembre de 2014

A AULA DO MEDO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Queredes ver a aula do medo? Queredes xogar a buscar a vosa cabaza e amosarlla aos vosos papás e amigos?
Pois pinchade na foto e veredes o video que xa está colgado na páxina web do cole!!
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipbandeira/
Un saudiño e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 2 de noviembre de 2014

CONCURSO DE CABAZAS 2014

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Pero que traballadores sodes!! Que mal o pasaron os mestres decidindo cales eran as gañadoras.
Todas distintas, todas curiosas, unhas buscando ser máis fermosas e outras más medorentas,unhas moi creativas e outras máis tradicionais... Todas valían, todas foron mencionadas pero, como ben sabedes, houbo que escoller a máis creativa, a máis orixinal e as mellores de cada ciclo.
Estas son as cabazas gañadoras:

De infantil: Breixo con "O noso horto"



De 1º ciclo Euxea con " A bota"


De 2º ciclo Claudia con "A Lúa"


De 3º ciclo Sara de 6º con "O Espantallo"


 Laura a máis creativa "A Boda"


María á mellor tallada "Os gatos"
 

 
 
E aquí están todos contentos coas súas cabaciñas:
 
 
 
Un saudiño e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

LOBOFEROZ

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Nesta fin de semana andiven recopilando todas as actividades que ao longo destas semanas están pasando no cole, para que poidades voltar a velas cando queirades.
Os nenos e nenas de 2º representaron un conto da editorial OQO que se chama Loboferoz, un conto moi divertido para unha data sinalada como esta.
Queredes voltar a velo?
Agardo que vos guste!!
Un saudiño e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

sábado, 25 de octubre de 2014

OLA AMIGUIÑOS!!

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Aquí estamos un ano máis para celebrar o "Día das Bibliotecas Escolares". Coma cada ano o 24 de outubro é o día no que a nosa Biblioteca comeza a funcionar. Os vosos mestres, ata agora, estiveron reordenando os andeis, houbo formación de axudantes da biblioteca, fixéronse os novos carnés, as normas e horarios, programáronse as actividades de cara a este curso e, nas últimas semanas, organizouse a festa da biblioteca.
As actividades comezaron ás 10 da mañá con Celsiño Contacontos e remataron despois do recreo cunhas visitas programadas á biblioteca. Alí, ollamos un video, que quixeron facer para vós, os vosos compañeiros de 6º. Este ano escolleron amosarvos as cousas que podemos facer na biblioteca...
Aquí volo deixo!!
Agardo que vos guste
Saúdos e xa sadedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


viernes, 20 de junio de 2014

Esa Lus

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa chegan as vacacións!!
Hoxe despedímonos ata setembro. O vindeiro curso comezará con novas actividades, moitas ilusións e algunha que outra sorpresa.
Os meus axudantes vanse e botarémolos en falla. Dende aquí mándovos unha aperta e xa sabedes que esta biblioteca deixa as súas portas abertas para todos e todas os que algún día fúchedes os meus ollos e as miñas mans.
Grazas!!
Para iniciar estas vacacións que mellor que amosarvos este vídeo onde toda a primaria xuntouse para interpretar "Esa Lus".
As vosas caras cheas de ilusión, a vosa tenrura, o voso traballos, as cariñas de infantil querendo imitar os vosos xestos...
Queredes velo? Pois aí vai!!
Parabéns polo voso traballo!!
Felices vacacións!!


Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

domingo, 15 de junio de 2014

Kamishibai de Díaz Castro

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Recordades que nas letras galegas os compañeiros de 5º invitaron a toda a escola a biblioteca? Lembrades que durante uns días á "Hora de Ler" foron contandonos a vida dun señor?
Estou marabillado por como facedes todo con tanta ilusión e como o recibides. Ao longo de varias sesións vin como empregando o Kamishibai os nenos e nenas de 5º contaban a biografía de Díaz Castro a toda a escola, dende infantil ata 6º. Foi un traballo duro, pois o Kamishibai non é doado de manexar. Pensar en falar dun autor contando a súa vida é un grande reto... O resultado foi fantástico.
Queredes velo? Pois xa sabedes dádelle ao play!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


lunes, 2 de junio de 2014

RECOMENDACIÓNS DE 4º

Xa se achegan as vacaións, e o tempo libre, e que mellor xeito de aproveitalo que con unha boa lectura?
Hoxe os nenos e nenas de 4º achegan aquí as súas recomendacións para todos.
Interesantes ideas para levar nas bolsas de lectura de verán non volo perdades!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


jueves, 29 de mayo de 2014

TEATRO EN INGLÉS

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Volto a decir que nunca deixaredes de sorprenderme. O pasado martes na hora de ler escoitaba como uns rapaces e rapazas atraían a atención de toda a escola. Eran os alumnos e alumnas de 4º que representaban un pequeno teatriño en inglés para a escola.´
A verdade que foi impresionante!! Gustoume moitísimo e vexo como día a día ídevos superando e sodes quen de recitar un poema en galego, cantar unha canción polas letras galegas ou facer un teatriño para a escola e en inglés.
Parabéns aos actores e parabéns a ese público que é o mellor e goza con todo o que se lle amosa.
Aquí deixo os tres teatriños que se representaron para que sigades rindo ao longo deste último mes de clase.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

BATHTIME FOR FIFI





LUNCHTIME WITH ALLIENS





WANDA THE WITCH

martes, 20 de mayo de 2014

6º Libera un Poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!
O Xoves 15 de maio os rapaces e rapazas de 6º liberaron o último poema. Escolleron para esta ocasión Coma un río do poemario Nimbos de Díaz Castro. 
Despois de facer unha introdución do poeta homenaxeado este ano polas Letras Galegas, puxeron o broche final recitando a ritmo de RAP.
A verdade que coma calquera dos poemas recitados nestes días foi diferente, fermoso e divertido, pero, como xa sabedes, non foi a última actividade para conmemorar as LETRAS GALEGAS... Agardan máis sorpresas!! Non perdades de vista o Blog!!
De momento gozade cos nenos e nenas de 6º recitando o seu poema.
Agardo que vos guste!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

 

lunes, 19 de mayo de 2014

5º Libera un poema

Ola amiguiños e amiguiñas!! Seguimos liberando os poemas. O mércores 14 de maio os nenos e nenas de 5º recitaron poemas do libro Recendos de aire sonoro de García Teijeiro. Nesta ocasión uns recitaron sos, outros en parellas pero, todos fiando nun mesmo tema cun distinto son. Fantásticos coma todos e todas ata agora, e coma todos co seu toque diferente e persoal.
Sodes fantásticos e cada día síntome máis orgulloso de ser a mascota desta biblioteca do CEIP DE BANDEIRA.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 18 de mayo de 2014

4º Libera un poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!
O luns tocoulle a 4º liberar o seu poema. Recitaron "Campanas de Bastabales" de Rosalía de Castro, "O maio" de Manuel Curros Enríquez, "No niño novo do vento" de Álvaro Cunqueiro e remataron esta escolma de poemas cantando "Xaneiro 1972" de Celso Emilio Ferreiro. Todos eles podedes atopalos na "Antoloxía da poesía galega para nenos" de Celia Ruíz Ibañez e Ilustrado por Xan López.
A verdade que é un fantástico traballo onde non so recitan senón tamén ilústrannos cun pequeno comentario e unha foto dos autores dos poemas.
Fantástica interpretación que comeza así GALICIA É UNHA TERRA DE POETAS...
Mirade este vídeo que é unha marabilla.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


miércoles, 14 de mayo de 2014

3º Libera un poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Seguimos con esta fermosa actividade de liberar poemas. Terceiro recitou o martes 13 de maio un poema do libro A casa de había unha vez.
Empregando algúns poemas de Ana Mª Fernández ofrecéronnos este fermoso recital.
Ollade!! Ollade!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

martes, 13 de mayo de 2014

2º Libera un Poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Liberamos outro poema?
O venres 9 de maio foron os de 2º os que, seguindo ao Poeta Manuel María, recitaron tres poemas que podemos ler no libro: Os soños na gaiola.
Son os poemas O lobo, O meu barco e A festa do Patrón.
Déixovos coa ledicia e o divertimento que estos nenos e nenas de 2º puxeron no seu traballo.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


9 de Maio, DÍA DE EUROPA

Ola amiguiños e amiguiñas!!
O venres 9 de maio celebramos o Día de Europa na escola. Os mozos e mozas de 6º faláronnos da importancia desta data e interpretaron o "Himno da Alegría".
Lembráronnos que o 9 de maio celebramos a paz e a unidade do continente europeo;que foi nesta data, no ano 1950, cando un ministro francés expuso unha nova forma de cooperación política en Europa que facía impensable unha nova guerra entre as nacións europeas. Esta proposta considerouse o comenzo do que hoxe é a Unión Europea e dende entón sucédense actos de celebración cada 9 de maio.
Atendede!!


Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

domingo, 11 de mayo de 2014

1º Libera un Poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Seguimos con esta actividade que tan fermosa facedes, e que espero con tanta ilusión. O xoves 8 foron os nenos e nenas de 1º os que recitaron e cantaron o seu poema. Aproveitando que o homenaxeado polas Letras Galegas era Díaz Castro escolleron un poema seu: " A noite é..."
A ver se vos gusta!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

jueves, 8 de mayo de 2014

INFANTIL LIBERA UN POEMA

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa chegan as LETRAS GALEGAS!! En nada estamos a celebrar a nosa Romaría!!
E..., para abrirlle as portas á festa, cada curso vai a liberar un poema.
Os primeiros e os máis valientes, coma sempre, os nenos e nenas de infantil. Onte recitaron para todos un poema que tiña por título A Primavera.
Aquí os tedes!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



miércoles, 7 de mayo de 2014

CLUB DE LECTURA DE 6º

O alumnado de 6º tamén ten o seu CLUB de LECTURA de aula.
Por consenso decidiron que libro ler, os tempos de lectura, os momentos para comentar o seu libro... e pouco a pouco foron enganchándose a unha interesante trama, a uns personaxes que foron formando parte das súas vidas... Un corazón lleno de estrellas é un libro que engancha. Pero...
Que pensan os de 6º deste libro?
Gustoulles?
Queredes saber a súa opinión?
Pois aquí deixo o vídeo para que Un corazón lleno de estrellas  forme parte das vosas lecturas.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


domingo, 4 de mayo de 2014

Recomendacións de Infantil

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Máis recomendacións de lectura. Ata a biblioteca achegáronse nenos e nenas de infantil de 5 para recomendarvos os contos que máis lles gustaron.




Son lectores que veñen moito cos papás á Biblioteca e levan moitos contos.
Teñen moi bo gusto escollendo contos!!
Eu paseino xenial lendo estes contos!!.
A ver se vos gustan a vós!!



Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

miércoles, 30 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
O pasado mércores 23 de abril celebramos O día do libro.
Son moitas as bibliotecas que conmemoran este día con diversas e marabillosas actividades. 
Na nosa escola continuamos cos Apadriñamentos lectores. É curioso como dende o primeiro momento vivides esta actividade. A vosa preocupación polo conto que ides a contar. Seleccionades o conto adecuado e o buscades teimosamente na biblioteca, aconsellándovos cos titores e amigos dos vosos apadriñados. Así fúchedes quen de divertir e enganchar aos compañeiros nas vosas lecturas. O resultado védelo neste vídeo.



Tamén tivemos unha sorpresa!!! Lembrades? Dende o concello tivemos o regalo dun libro que fala dos entroidos de España e onde se menciona a nosa vila, Bandeira, e o seu entroido.

Como vemos a lectura gañou unha vez máis, e agasallounos cun día cheo de ilusión, lectura, sorpresa, risas,... en resumo un Día do Libro que non esqueceremos.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 21 de abril de 2014

Recomendacións de lectura de 2º

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que tal de vacacións? Aquí seguen chegando as vosas recomendacións de lectura. Nesta ocasión Axel, Mateo, Micaela e Pablo de 2º fan as súas recomendacións. Falan dos contos que a eles lles gustaron e divertiron.
Contos coñecidos para todos como Oso Atrapabolboretas, ou menos coñecidos O soño do osiño rosa, contos que foron películas como Bolt ou contos de grandes aventureiros como Se me ha roto el trotosaurio.
Unha fermosa selección con mellores argumentos. Escoitade aos vosos compañeiros.


Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!










jueves, 10 de abril de 2014

A Misión Biolóxica de Galicia na Biblioteca

Hoxe os alumnos e alumnas de infantil e 1º e 2º ciclo do CEIP de Bandeira tivemos unha curiosa visita na Biblioteca.
A biblioteca era un pequeno laboratorio onde plantamos millo, coñecimos algúns bichiños que estropean o millo ou as cepas... e un montón de actividades que nos ensinaron dende a Misión Biolóxica de Galicia.
A Misión Biolóxica é un centro do Consello Superior de Investigacións Científicas. Ocúpase dos principais cultivos da zona da súa conservación e mellora. Estudan o millo, a vide, os chícharos, as xudías,... e con eles aprendemos moitas cousas entre eles que na Biblioteca tamén investigamos ciencia.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!


lunes, 7 de abril de 2014

Club de lectura de 3º

Ola amiguiños e amiguñas!!
É interesante ver como día a día ídesvos sumando a esta proposta de recomendar as vosas lecturas preferidas.
Hoxe tócalle ao club de lectura de 3º "Club de Garabullo" falar do conto No corazón do bosque que acaban de rematar de ler.
Xa veredes como o libro semella interesante e asegúrovos que engancha!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


jueves, 3 de abril de 2014

Club de lectura de 5º

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Os rapaces e rapazas de 5º estiveron lendo Xoeliki, foi o libro escollido no seu club de lectura "Amiguiños das letras". Aproveitando que xa o remataron, sumáronse ás "recomendacións de lectura" iniciadas por Xoana o día 2 de abril.
Queredes saber a súa opinión de Xoeliki? Pois non perdades este video onde deixan recollidas as súas impresións.
Ata a seguinte recomendación!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


miércoles, 2 de abril de 2014

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA DE XOANA

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Hoxe é o Día Internacional do libro infantil e xuvenil.
Sabedes porque se celebra este día nesta data? Porque coincide coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. O IBBY ou Organización Internacional para o libro Xuvenil, promove a celebración deste día coa fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis xóvenes.

Seguindo este consello e a axuda de Xoana de 4º, dende hoxe, abrimos un ciclo de recomendacións de contos para conmemorar o 2 de abril así como este mes adicado ao libro.





Os libros recomendados por Xoana neste video:

 











Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 1 de abril de 2014

VODA DE PIOLLOS E PULGAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que divertidas son as lecturas se as collemos con ilusión e con gusto!!
A semana pasada os rapaces de 2º tiñan que ler unha pequena obra de teatro... ao tentar lela, con ritmo e chispa, déronse conta de que podía recitarse a ritmo de rap. Probaron como podía quedar e... para amosarnos o resultado do seu traballo fixeron unha pequena dramatización.
Este é o resultado do que unha mañá de marzo pasou na aula de 2º.
A representación para o cole fíxose o 27 e 28 de marzo; data inmellorable para conmemorar o día internacional do teatro!!
Grazas polo voso traballo e as vosas ideas.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


jueves, 27 de marzo de 2014

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Hoxe 27 de marzo é o día Mundial do Teatro. É un día ideal para gozar de grandes obras de teatro en todo o mundo.
Xa sabemos que teatro implica interpretación. Levar a un escenario obras dramáticas. Dende a biblioteca abrimos o noso campo e o noso escenario á interpretación dun conto cando o lemos para nós; á interpretación e vivencia dun conto para contarlle a alguén; aínda imos máis lonxe, á interpretación dunha canción: Lembrades a canción da Bruxa Maruxa? Foi unha canción representada polos nenos e nenas de infantil como remate do seu proxecto: AS BRUXAS
Aquí deixo un enlace para que poidades gozar desta canción tanto coma min nun data sinalada para o teatro e a interpretación.
          

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipbandeira/taxonomy/term/17



Seguide o BLOG porque ao longo do mes de abril imos ir colgando grandes sorpresas!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 24 de marzo de 2014

Garabullo quere saber...

Ola amiguiños e amiguiñas!!
É fantástico ver o traballadores que sodes! As miñas dúbidas do entroido da Ulla xa están solucionadas!!
Non hai como acudir a vós!! Vin como investigabades na Biblioteca. Como liades nos libros e ollabades os videos tomando nota e facendo un documento para min e para todos. O que non podía imaxinar era o resultado final. As vosas exposicións orais foron impresionantes!!
Moitas grazas pola vosa axuda!!
Aquí deixo o voso traballo para todos e todas.
Tamén deixo un xogo de agradecemento!! Aquí
estades todos e todas. Sabedes onde estades?

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

martes, 18 de marzo de 2014

ENTROIDO 2014

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Somentes lembrar que mañá damos os agasallos aos gañadores do Concurso de disfraces.
Deixo aquí unha pequena mostra do que foi unha festiva xornada do Entroido 2014 na nosa escola.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


viernes, 14 de marzo de 2014

SEMANA DA PRENSA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Estamos a celebrar a Semana da Prensa. O tendal está cheo de novas da escola, da zona,...
Xa que hai que colgar novas eu déixovos aquí a miña.

Agardo que vos guste!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 9 de marzo de 2014

8 de marzo Día Internacional da Muller Traballadora

Ola amiguiños e amiguiñas!!! 
Hai moitos anos, Clara Zetkin unha política alemana e loitadora polos dereitos da muller, propuxo o 8 de marzo para reclamar os dereitos civís, políticos e económicos de todas as mulleres.
Clara Zetkin escolleu esta data para honrar a un grupo de traballadoras estadounidenses que en 1857 ocuparon unha fábrica textil de Nueva York, esixindo igualdade salarial e xornadas laborais de 10 horas. A resposta dos donos foi un incendio provocado na planta baixa onde morreron moitas mulleres.
Hai máis versión da orixe desta data como o amotinamento dun grupo de mulleres rusas o 8 de marzo de 1917 debido á escaseza de comida... 
O certo é, que aínda non deixando claro cal é a orixe do 8 de marzo, si sabemos que esta data que o sábado celebramos, non busca outra cousa que a igualdade entre homes e mulleres.
Ao longo da semana pasada un grupo de rapaces e rapazas de quinto estiveron aprendendo cousas do Día Internacional da Muller Traballadora e aquí deixamos recollido o que podedes ver na entrada do cole e aqueles contos que poden axudar a entender esta celebración.



Parabéns aos de 5º polo seu traballo e seguide así.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!! 

jueves, 6 de marzo de 2014

E OS GAÑADORES DO CONCURSO DE DISFRACES SON...

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Supoño que xa ansiosos por saber quen serán os gañadores do concurso de disfraces.
Do mesmo xeito que en anos anteriores, haberá dous premios por categoría atendendo á creatividade e á orixinalidades, así que, sen máis tardar, aquí van os premios:
Premio ao disfraz individual orixinal para...
Luisa co disfraz de Alicia no País das Marabillas


Premio ao disfraz individual creativo para...
Laura co disfraz de Caramelo



Accésit para...
Claudia co disfraz de Medusa


Premio ao disfraz parellas orixinal para...
María e Rocío de 5º co disfraz de Sombreiro


Premio ao disfraz de parellas creativo para...
David e Marcos de 6º co disfraz Un galego na lúa

Premio ao disfraz de grupos orixinal para...
As Mariquitas

 


Premio ao disfraz de grupos creativo para...
Os Buzos   


Parabéns a todos os afortunados e afortunadas!!

Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
 

viernes, 28 de febrero de 2014

Entroido no CEIP de Bandeira

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa levamos un tempo escoitando o "Alto dos Xenerais" infantil. Un alto no que moitos participades... Dende hai un tempo compañeiros e compañeiras vosos están preparando as súas "arengas" e recitándoas en tempos de lecer para facernos gozar cos seus lances mañá.
Os rapaces e rapazas de segundo xa lanzaron os seus "vivas"... respondendo as preguntas de Garabullo quere saber...
Os rumores dos distintos disfraces e as sorpresas do concurso de mañá son o rumor que percorre a escola ao longo desta semana...
As fotos cos xenerais e de xenerais están enchendo a escola do entroido que mañá comezamos.
Pasádeo ben nestas festas!!
Sorte no concurso e coas arengas
Agardo as respostas de Garabullo quere saber!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!