martes, 24 de abril de 2012

UN PEQUENO RESUMO DO DÍA DO LIBRO

Ola rapaces e rapazas aquí tedes un pequeno resumo do que fixemos onte. Un día no que a lectura encheu corredores, biblioteca, escaleira, ximnasio... Nenos e nenas pequenos e non tan pequenos compartiron as súas lecturas nun día inesquecible.
Agardo que vos guste esta pequena presentación.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 23 de abril de 2012

23 de Abril. Día do LIBRO

Ola amigos e amigas!!! Que tal os contos? Encantoume a homenaxe que hoxe dende a escola lle fixechedes ao conto. Foi un día do libro que nunca esquecerei. Deixovos imaxes deste marabilloso día. Agardo se siga repetindo e prometo traer moitos contos para que así sexa.

Había nenos lengo polos corredores


Había nenos lendo no ximnasio 














Había nenos e nenas lendo na Biblioteca


Un fermoso día na escola para celebrar o día do libro


Procurarei poñer máis fotos. Este era un aperitivo!!!

Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA

miércoles, 18 de abril de 2012

23 de Abril DÍA DO LIBRO

Ola amiguiños!!!
Estamos de festa!!



O día 23 de Abril é o " DÍA DO LIBRO". É o día da festa dos libros!!
Estades preparando os vosos contos para lerlle aos vosos compañeiros? Lembrade que na Biblioteca temos un montón de contos para todos vós. Únete á nosa festa!!
Un saúdo e...  VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 15 de abril de 2012

Máis libros de Gerónimo Stilton e Tea Stilton na Biblioteca



Ola amiguiños, ola Xoana, a túa petición de máis libros de Gerónimo e Tea Stilton está feita. Vou mercar máis aventuras dos Stilton para que todos e todas poidades disfrutar deles. Mentres déixovos aquí un listados dos que xa tedes na Biblioteca. Agardo que disfrutedes lendo.
Saúdos e xa sabedes VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!