domingo, 10 de diciembre de 2023

NOVEMBRO 2023 Lectura e Familia

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O programa de "Lectura e Familia" xa está en funcionamento. Ao longo do mes de novembro abrimos os mércores, e algún xoves, as portas da biblioteca para vivir unhas xornadas de coñecemento da Biblioteca.

Pais, nais, avoas, achegáronse con vós á Biblioteca para compartir xogos cos escornabots, emprego de tablets para escanear códigos QR e ver vídeos feitos polo alumnado de 6º e busca de pista por todos os espazos da Biblioteca. Incluso os nenos e nenas de infantil ensinaron aos papás e mamás a colocar os libros e a xogar cos escornabots e moitas outras actividades.

Grazas Familias pola acollida tan boa! Grazas pola vosa participación e colaboración!!

domingo, 26 de noviembre de 2023

Ola amiguiños e amiguiñas! Nesta semana estivemos a celebrar  o "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller". Fixemos pequenas curtas onde imaxinamos situacións violentas onde se critica, controla, insulta.... a unha muller/nena na vida diaria polo feito de ser muller/nena e como poñendo uns lentes de cor violeta as mesmas imaxes cambian e esa crítica, insulto, control pasa a ser admiración, valoración, apoio,...

Foi unha semana na que aprendemos que este día é para celebrar AS MULLERES E AS NENAS que son FORTES E VALENTES e que DEFENDEN OS SEUS DEREITOS.

Para entender mellor esta data a través dos contos, tivemos a sorte de contar con SARA BLANCO, nai de Xano de 1º e de Cova de 4º, que pasou con nós a "Hora de Ler" e contou "A historia dos bonobos con lentes". Tívonos moi enganchados, aprendemos moito e pasámolo xenial. Agora para conmemorar esta data compartímolo con todos vós. Agardamos que vos guste!!! Grazas Sara!!!

QUE ESTÁ A PASAR NA BIBLIOTECA?

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe veño a contarvos algo moi especial que estamos facendo na biblioteca. Grazas a un proxecto que se chama "Lectura e Familia" ides a poder compartir distintos tipos de actividades e lecturas cos vosos pais, irmáns, avós,...
As actividades deron comezo o pasado 15 de novembro e xa levamos dúas sesións. Nesta semana remataremos e poñeremos as fotos dunha actividade que está a ser moi divertida e na que pais, nais, avós, avoas e vós rapazada estades coñecendo a Biblioteca un pouco máis a fondo.
De momento deixamos unha foto de como agarda cada mércores a biblioteca por todos vós.

miércoles, 22 de noviembre de 2023

SANTA ICÍA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe é o día de "Santa Icía" patrona da Música. A nosa compañeira Irene de 6º, como boa reporteira de "Radio Garabullo", e moi boa música, saíu as rúas a facer unha entrevista a dous músicos e compositores moi vencellados a Bandeira. A entrevista garda tamén a súa pequena sorpresa. Queredes escoitala?

Adiante Radio Garabullo!!

lunes, 20 de noviembre de 2023

DÍA DA INFANCIA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Cada ano o 20 de novembro celebramos o "Día da Infancia". Este ano os nenos e nenas de 5º estiveron investigando sobre o tema e crearon o mural da entrada do cole.

No seu mural explican que o Día da Infancia celébrase para concienciar sobre os dereitos dos nenos e nenas, así como para reflexionar sobre a súa situación en todo o mundo. A celebración deste día busca promover o benestar e os dereitos dos nenos e nenas, así como recordar a importancia de asegurar unha infancia sa e feliz para todos.

Non deixedes de pasar a ver o seu mural e escoitar este podcast que emitiron en Radio Garabullo para o comedor do cole.

CONXUROS SAMAÍN

Ola amiguiños e amiguiñas!! Este ano polo Samaín creamos moitos Conxuros que recreamos para todos na entrada do cole. Conxuros dedicados á acadar "A Paz no mundo", conxuros pola "Igualdade", pola "Reciclaxe" , para "Aprender" e así aula tras aula fomos representando as nosas recreacións. Queredes velas?
Polo meu poder!!!
e para aumentar o saber...
O vídeo podes ver!
E... se os conxuros queres aprender!!
No fondo os poderas ler!!



domingo, 5 de noviembre de 2023

PARABÉNS Á HORA DE COMER E CURIOSIDADES DO TEMPO DE LECER

Ola amiguiños e amiguiñas!! Radio Garabullo continúa coas súas emisións, poñendo a andar programas, que tiveron moito éxito no comedor da nosa escola.

O xoves deu comezo o programa "Parabéns á hora de comer e as novas do tempo de lecer". Un programa clásico na nosa emisora, que dende o pasado xoves, retomaron os nenos e nenas de 4º. Nesta ocasión Mariña, Daniela, Zoe e Cova aproveitaron para felicitar aos compañeiros e compañeiras, e algunhas mestras, que cumpliron anos nos meses de setembro e outubro. Queredes escolalas?



UN MAGOSTO DE MEDO

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado 31 de outubro celebramos o noso Samaín - Magosto especial. Entre gorros "medorentos", escapes room de halloween, conxuros fascinantes e disfraces incríbeis.... fomos disfrutando dunha mañá moi divertida e terrorífica que rematou coas castañas máis medorentas e ricas que poidades atopar! Mírade que ben o pasamos!!

jueves, 26 de octubre de 2023

O XOGO DA BIBLIOTECA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Onte celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. Un día no que todo o cole pasa pola biblbioteca para coñecela a través dos xogos e dos retos propostos por Garabullo. A través de xogos cos escornabots, de códigos QR e de vídeos aprendimos moitas cousas da organización da Biblioteca, dos seus proxectos e do seu lema. Non deixedes de ver os vídeos desta xornada tan divertida.

Feliz día das Bibliotecas e lembrade "Lemos porque nos peta".

jueves, 19 de octubre de 2023

ACHÉGASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Ola amiguiños e amiguiñas!!

A biblioteca pronto estará de festa. Achégase o Día das Bibliotecas Escolares e Garabullo será o protagonista neste día.

Que pasará?