viernes, 22 de febrero de 2013

Día de Rosalía

Ola amiguiños e amiguiñas! Sabedes que data imos a celebrar o vindeiro día 24 de febreiro?
Moi ben!! O DÍA DE ROSALIA.
Durante esta semana escoitei como alguén recitaba os versos de "Vente, rapasa" na Biblioteca. Eran os nenos e nenas de cuarto de Educación Primaria. Con motivo da celebración do "Día de Rosalía" e do 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" decidiron preparar estes versos para todos nós. A verdade gustoume tanto que dende aquí eu súmome a proposta dos vosos compañeiros e compañeiras e publico o vídeo para que o poidamos gozar coas nosas familias.



Rascando na goma da miña cabeza acordáronme unha páxinas onde, outras mascotas de bibliotecas, lles deixaron cousas aos rapaces e rapazas para que coñeceran un pouco máis a esta fantástica muller. Aquí deixo tamén o enlace para que, se queredes, poidades achegarvos a vida e a obra de Rosalía de Castro.

 http://biblioandrade.blogspot.com.es/

 http://bloguesquio.blogspot.com.es/

 http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/node/436

 Aprendede e lede moito!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!




jueves, 21 de febrero de 2013

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Sabedes que día é hoxe? É o día internacional da Lingua Materna. Desde o ano 2000, a UNESCO celebra cada 21 de febreiro o Día Internacional da Lingua Materna, orientada a promover a transmisión de pais a fillos das linguas non dominantes co fin de promover a variedade de linguas e, da súa man, a diversidade cultural. Nós os  galegos contribuimos coa nosa lingua: o galego.
A lingua materna é aquela coa que os nenos e nenas aprenden a falar. A miña é o galego. Sabedes a miña historia? Non?
Teño unha idea. Hoxe é o día da lingua materna e as escolas conmemoran este día lendo poemas, facendo obras de teatro ou contando contos. Dende aquí hoxe eu dende a Biblioteca vou a celebrar o día internacional da Lingua Materna contando como nacín e como a miña lingua é o galego.
Gústavos a idea?
Velaí vai a miña historia:
Xa sabedes que son Garabullo pero antes era un lapis como todos.
 



Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
 

jueves, 14 de febrero de 2013

LIBROS CON AMOR

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa deixamos atrás o entroido, os disfraces, o cocidiño, os desfiles... Que festa tan divertida!!!
Agora empezamos unha nova etapa antes das vacacións de Semana Santa e que mellor xeito para empezar a coller forzas que a través da lectura de LIBROS CON AMOR?


 Xa sei que a data de hoxe fai que moitos miredes os libros con pouca confianza e arrepío. Eso do Día dos Namorados non lle gusta a todos nin a todas... Pero non pensedes so no amor a unha parella. Pensade no amor que lle tendes á vosa familia, amigos,... Un amor moi importante, unha lealtade e un cariño que está por riba de todo.
Hoxe 14 de Febreiro presentamos Libros con Amor. Atopade nelas o amor que a vós vos fai sentir ben. Ademáis se sodes quen de contarme algo positivo e bonito destas datas farei que vos chegue un pequeno agasallo da miña parte.
Entre tanto disfrutade e aprendede con os contos propostos. Agardo que vos gusten.



 Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 13 de febrero de 2013

E OS GAÑADORES SON...

E os gañadores son...
Estades nerviosos? e nerviosas?
Ola amiguiños e amiguiñas... xa tardaba moito... pero o  xurado emitiu o seu voto e aquí temos os premios.
Pensade que a decisión foi dura e que todos e todas merececiades o premio pola vosa participación, por aportar a vosa ilusión e os vosos disfraces,... pero había que escoller e o resultado foi...


Premio ao mellor disfrace individual e creativo é para... 

 Carrapuchiña Vermella.



Premio ao mellor disfrace individual e orixinal é para...
 O ROBOT



Premio ao mellor disfrace en parella e creativo é para...

As camareiras



Premio ao mellor disfrace en parella e orixinal é para...
Os bonecos Potato



Premio ao mellor disfrace en grupo e creativo é para...
As rockeiras
 



Premio ao mellor disfrace en grupo e orixinal é para...
As Cheerleaders


Noraboa a todos e todas pola vosa participación.
Os premiados preguntade na Biblioteca para recoller o voso agasallo.

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 12 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que tal de vacacións? Eu estiven disfrutando moito lendo na biblioteca, vendo o alto dos xenerais da Bandeira, a neve...
Hoxe, deixo aquí unha mostra dos disfraces que as cámaras do cole foron recollendo ao longo do día.
Tal e como amosaban os carteis os vosos disfraces foron orixinais e creativos, deixaban mostras da vosa imaxinación e da vontade de pasalo ben e disfrutar do entroido. A verdade que é moi divertido ver pasillos e aulas cheos de risas e cor.
Gozade coas fotos!! Coincidiredes co xurado? Cales serán os disfraces que leven o premio?
Mañá o descubriredes!!! Agora toca rir coas fotos. Mañá a celebrar os gañadores!!!!


Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

jueves, 7 de febrero de 2013

A MOCHILA VIAXEIRA VISITA AS NOSAS CASAS

Ola amiguiños e amiguiñas:
Onte cando estaba na biblioteca, asexando, escondido, vin como diferentes nenos e nenas das distintas aulas achegábanse de un en un ou en grupiños a recoller a mochila viaxeira que tan agarimosamente preparou o Equipo da Biblioteca.
Este ano vai chea: contos, albumes, películas, libros que falan da nosa comarca, outros dos animais, outros con música ou incluso receitas de cociña. Van cheíñas de lectura e diversión. Case daba envexa ver como os nenos e nenas saían correndo coas súas mochilas para as súas aulas.
Vin que andaban a facer unhas fotiños do momento... Decidín deixalas aquí para que disfrutedes do momento de entrega da mochila, que hoxe 7 de febreiro sae as casas dos nenos e nenas de Bandeira.
Espero que disfrutedes con elas. Agradecería que me deixásedes moitas anotacións na folliña que se manda para que todos os da familia aportedes algo novo á mochila viaxeira.



Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!