Ola amiguiños e amiguiñas! Sabedes que data imos a celebrar o vindeiro día 24 de febreiro?
Moi ben!! O DÍA DE ROSALIA.
Durante esta semana escoitei como alguén recitaba os versos de "Vente, rapasa" na Biblioteca. Eran os nenos e nenas de cuarto de Educación Primaria. Con motivo da
celebración do "Día de Rosalía" e do 150 aniversario da publicación de
"Cantares Gallegos" decidiron preparar estes versos para todos nós. A verdade gustoume tanto que dende aquí eu súmome a proposta dos vosos compañeiros e compañeiras e publico o vídeo para que o poidamos gozar coas nosas familias.
Rascando na goma da miña cabeza acordáronme unha páxinas onde, outras mascotas de bibliotecas, lles deixaron cousas aos rapaces e rapazas para que coñeceran un pouco máis a esta fantástica muller. Aquí deixo tamén o enlace para que, se queredes, poidades achegarvos a vida e a obra de Rosalía de Castro.
http://biblioandrade.blogspot.com.es/
http://bloguesquio.blogspot.com.es/
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnosasenhoradexuvencos/node/436
Aprendede e lede moito!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
viernes, 22 de febrero de 2013
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentarios:
Gustoume a poesia de rosalia de castro.
Publicar un comentario