viernes, 31 de enero de 2014

30 xaneiro 2014 DÍA DA PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas!! Que emoción escoitar e ver como o conto OSO ATRAPABOLBORETAS cobra vida cos vosos debuxos e coas vosas voces.
Sempre soupen que algo de artistas tiñades pero aínda sodes mellores do que eu pensaba.
Aínda que non é o primeiro ano que dades vida a un conto e que traballades nove lecturas da Paz durante nove días, para conmemorar o día da Paz, seguides sendo quen de facer que eu "Garabullo" sexa moi feliz sendo a mascota da vosa Biblioteca e... de que me emocione vendo como ledes, como gozades coa lectura e cos contos que dende a biblioteca son propostos.
Aquí deixo o voso conto e as fotos das lecturas pola Paz... para que todos disfrutedes na casa e na aula coa familia e cos amigos.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!





lunes, 20 de enero de 2014

Nove días para a PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa entramos nun novo trimestre.
Novas aprendizaxes e novas actividades van marcando o noso camiño... e así, dende hoxe camiñaremos cara á Paz.
Do mesmo xeito que o ano pasado, faremos o noso conto e as nosas lecturas pola Paz. 
Así pois será o conto OSO ATRAPABOLBORETAS o encargado de marcar o punto de partida para as lecturas pola PAZ. Dende hoxe e ao longo de nove días, as nove aulas da escola, irán rotando nove lecturas pola PAZ que finalizarán o día 30 de Xaneiro coa proxección do conto que entre todos fagamos.
Non esquezades o lema elexido este ano para a celebración desta data:
"As pequenas axudas ofrecen grandes cambios"
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA  


Lecturas pola PAZ 2014