domingo, 31 de enero de 2016

DÍA DA PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Feliz Día da PAZ e noraboa. Non sei se estou máis ledo pola ilusión que poñees na lectura dos contos pola PAZ, polas mensaxes da PAZ que ao longo destas semanas deixastes recollida na hurna dos desexos, pola canción da PAZ en inglés coa que conseguistes sorprendernos a todos os mestres ou polo fantástico e marabilloso conto que escribistes.
Unha longa espera é o título do noso conto. Cando un cole dende os nenos e nenas de 3 anos ata os de 6º se unen na invención, ilustración e narración dun conto só podemos pensar: Rapaces sodes increíbles!!
Para darvos as grazas deixo aquí o voso traballo para que poidades amosalos ás vosas familias e amigos.
Non esquezades que a PAZ trabállase todos os días, poñendo vontade e imaxinación para solucionar os problemas e ilusión para consequilo.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 20 de enero de 2016

UNHA CONSTITUCIÓN DE CONTO

Ola amiguños e amiguiñas!!
Os nenos e nenas de 3 anos e de 2º e 5º de primaria elexiron os contos para achegarse á Constitución Española e poder entender mellor algún dos artículos que nela se recollen.
Este foi o resultado de xuntar os grandes clásicos coma Carapuchiña Vermella, O soldadiño de chumbo, Hansel e Gretel, Os tres porquiños, O parruliño feo... e a Constitución.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 11 de enero de 2016

MENSAXES DA PAZ

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Sabíades que polo cole temos Mensaxeiros da PAZ?
Parece ser que queren facer chegar antes o día da PAZ e deixan mensaxes positivas que cargan as pilas e levantan o ánimo.
A ver se as atopades... 
Aquí está a que atopei esta tarde!!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!