lunes, 30 de octubre de 2017

OS CONTOS DE MEDO

Sabedes que ingredientes debe ter un bo conto de medo?
Pois entre outros:

É moi importante crear un ambiente que xere certa inquietude nos teus lectores. Un clima de meeeedo!!

Os personaxes deben facer sentir medo ou asustar moito tanto polo seu comportamento coma polo seu aspecto físico. Tamén asustan se foron reais e contan unha historia acontecida despois de mortos.

Importante que haxa certas doses de MISTERIO
.
A morte, a venganza, as emocións negativas son boa temática para un bo conto de medo.


Darlle un comezo real e verosímil. "Contoume a miña avoa..." "Nunha casa vella da vila..."

Os conto de medo débense ler despacio, creando incertidume e con cambios no volume e no tono da voz.

Animádesvos a escribir un conto de MEDO? Agardo por eles...

martes, 24 de octubre de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa estamos aquí de novo para comezar un novo ano de biblioteca. Un novo ano que dedicaremos a "Pensar". A biblioteca ofrece múltiples posibilidades non so de traballo e aprendizaxe senón tamén de creación e divertimento que quero compartir con todos vós. Grazas a este vídeo feito polo alumnado de 6º podedes ver algunhas das miles de posibilidades que ten a biblioteca.
Feliz día das Bibliotecas!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!!


lunes, 9 de octubre de 2017

OLLOS

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa comezamos o curso escolar que veredes está cheo de novidades lectoras e novidades na biblioteca!!!
Empezamos a nosa andaina falándovos de:


O libro "Ollos", publicado por Kalandraka dentro da serie Animais Extraordinarios foi incluido en The White Ravens 2017, unha prestixiosa lista elaborada por uns especialistas que reúnen as obras de maior calidade literaria e/ou estética do ano.

Xa sabedes non dubidedes en vir pola biblioteca a "ollalo".