miércoles, 28 de octubre de 2020

AS NORMAS DA BIBLIOTECA

Ola amiguiños e amiguiñas!! A Bibliotecas abriu as súas portas. Xa sabedes que as normas cambiaron e grazas ao vídeo que fixeron os axudantes da Biblioteca de 6º imos aprendendo coma debemos comportarnos neste espazo.

Tamén entregaron un marcapáxinas coa normativa para que poidades solucionar ao momento as vosas dúbidas.


En todo caso o Equipo de Biblioteca, e os axudantes de 6º, estaremos sempre pola Biblioteca durante os recreos, para axudarvos coas vosa dúbidas.

Así que xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


domingo, 25 de octubre de 2020

24 de Outubro, Día das Bibliotecas

Ola amiguiños e amiguiñas!!

O pasado sábado celebramos o Día das Bibliotecas baixo o lema "Bibliotecas sempre ao teu carón", porque como ben sabemos a Biblioteca é unha porta á cultura, ao coñecemento e ao entretenemento en calquera circunstancia... polo que:

Despois de tanto tempo de corentena..., vacacións... e portas pechadas...

ABRE A BIBLIOTECA!!

Os axudantes da Biblioteca coma todos os anos achegáronse a axudarnos a preparar todo para poder abrir as nosas portas. Coa súa axuda fixemos un vídeo para ensinar as novas normas impostas pola nova situación derivada do COVID-19, así coma lembrar as normas que xa todos sabiamos.

Todos e todas os que formamos a biblioteca estamos moi ilusionados por poder abrir as portas no recreo e para as aulas. Agardamos volver a vivir con ilusión a lectura, a creatividade, a imaxinación...

Aínda que nos gustaría moito invitarvos coma cada ano a pasar pola Biblioteca, amosarvos o video e agasallarvos con pequenas sorpresas... hoxe toca gozar deste día doutro xeito. Acompañádesnos? Pois mirade o que os Axudantes da Biblioteca veñen a contar.

Ollade!! Ollade!!