miércoles, 25 de noviembre de 2015

Tod@s contra o maltrato

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Hoxe celebramos unha data especial: O Día contra a Violencia de Xénero.
A través de Todos contra o maltrato os nenos e nenas de 6º comezan unha actividade  que terá o seu remate o Día da Paz.
Un vídeo que quere facernos cavilar na forza da palabra, dos xestos, das actitudes... ollemos un vídeo que non pode deixarnos indiferentes.
Esta é a presentación que os rapaces e rapazas de 6º fan do seu vídeo:


DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

"Considérase violencia de xénero ao maltrato contra a muller por selo.

Queremos mostrarvos un vídeo no que participamos os alumnos e alumnas de 6º para conmemorar esta data. Na realización do mesmo,  serviunos de inspiración un vídeo contra o acoso escolar,  titulado: El poder de las palabras.

Actualmente a gran maioría da sociedade considera inxustificable calquera agresión física, que ademais de verse facilmente, pode deixar marca; pero a violencia ten un sentido moito máis amplo.

Nós centrámonos no poder que teñen as palabras para facer dano  á persoa, neste caso á muller.

Este vídeo ten unha segunda parte que consiste na representación das mesmas escenas, pero de forma respectuosa. Realizaremos este traballo desde agora,  ata o Día da Paz".

Parabens rapaces e rapazas por un fantástico traballo que ansiamos ver rematado!!!


viernes, 6 de noviembre de 2015

TI ERES A VIDA

Ola nenos e nenas!!
Hoxe diríxome a vós para lembrar unha actividade que fixemos todos xuntos a mediados de outubro.
Ao longo de setembro e outubro, unha cadea de radio, CADENA 100, andaba a organizar uns concertos. Quería recaudar cartos para investigar unha dura enfermidade que sofren moitas mulleres: O CANCRO DE MAMA.
"Maldita Nerea" é o nome dun grupo que compuxo un tema para esta ocasión. Os cartos recaudados tamén serán invertidos na investigación desta enfermidade. O compositor da canción pedía vídeos onde saíra a frase "TU ERES LA VIDA".
Dende a escola quixemos contribuír a facer o noso vídeo pero non o puidemos mandar a tempo. Mais sabemos que nunca é tarde para enviar o noso apoio a esas grandes loitadoras, porque como di a canción ELAS SON A VIDA.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS A BIBLIOTECA!!!



Ollade como fixemos o cartel!!!!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This photo slideshow made with Smilebox

A biblioteca nos Recreos

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Grazas polas vosas visitas á biblioteca durante os recreos.
É unha ledicia ver como vides a ler, traballar, coller contos, xogar,... 
Temos unha biblioteca viva e esta é a mostra.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



GARABULLO vai a 2º

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Saúdo especialmente aos nenos e nenas de 2º. Hai un par de semanas deixáronme un montón de debuxos na miña caixa de conversas.
Vendo a ilusión e as gañas de traballar deste curso fixo que fora ata a súa aula e lles pedira que prepararan contos para lerlles
aos nenos e nenas da escola.
Esta semana descubrín que xa fixeron equipos e que teñen os contos seleccionados.
Agora tócalles traballar!!
Dende aquí doulle as grazas e deixo a foto que nos fixemos cando os fun visitar.
Estou desexando escoitar os vosos contos!!
Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 4 de noviembre de 2015

Yo mataré monstruos por ti

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Aproveitando as festas de Samaín, Lucía de 5º recomenda que leades "Yo mataré mostruos por ti".
de Santi Balmes, da editorial Principal de los libros. Neste conto vemos como Martina é unha rapaza que ten medo polas noites. Pensa que debaixo do solo da súa habitación escóndese un mundo no que viven uns monstruos que camiñan cabeza abaixo. Que pasaría se a frontera entre os dous mundos se rompera?
Xa tedes o libro na Biblioteca!!!
Luci deixa a súa recomendación e ...
Xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!