viernes, 15 de diciembre de 2017

UN LIBRO POLO NADAL

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa sei que a carta aos REIS, a PAPÁ NOEL  e a O APALPADOR está escrita!!!
Pero aínda a ides a retocar moitas veces antes de que chegue o día grande dos agasallos, así que para aqueles que lles guste a lectura e os contos, déixovos unhas recomendacións de lectura fantásticas. Son moi divertidas e entretidas. Hai para todos os gustos e idades.
Mirade! Mirade! e nunca deixedes de pedir un conto polo Nadal.
FELICES FESTAS RAPACES!!!


lunes, 11 de diciembre de 2017

EVOLUCIÓN DA CONSTITUCIÓN

Ola amiguiñas e amiguiños!!! Nesta época nas aulas falamos moito da Constitución, unha lei moi importante que procura que teñamos unha convivencia pacífica e en democracia.
A historia constituciónal de España desenvolveuse durante todo o século XIX e principios do XX, e caracterízase pola inestabilidade dos numerosos textos constitucionais, que contaban con escaso apoio por distintas razóns entre elas a indiferenza do pobo, sucedéndose así un gran número de textos ao longo de curtos períodos de tempo.
O alumnado de 6º creou esta liña do tempo para facer máis visual o número de constitucións que houbo ata hoxe.


domingo, 10 de diciembre de 2017

DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS

Hoxe é o 10 de decembro, unha data que debemos ter moi en conta pola súa importancia.

Hoxe conmemoramos a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Trátase dun documento no que se trataron de resumir todos os dereitos que teñen os seres humanos e que todo o mundo debe respectar.

O alumnado de 3º quiso achegarnos un pouquiño a este Documento, investigou e levou o seu traballo por todas as aulas. Aquí podedes ver o resultado.
Gústavos?