miércoles, 18 de diciembre de 2019

UN LIBRO POLO NADAL

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Chegan as vacacións e o tempo de lecer e tamén tempo para ler. Dende aquí deixamos unhas recomendacións de lecturas moi divertidas e entretidas. Hai cómics, libros que fan rir, contos para aprender, contos con cd para escoitar e ler... Escollede o voso conto e non deixedes de contarnos cal foi o mellor. Felices Festas!!




lunes, 16 de diciembre de 2019

ITINERARIO LECTOR 2019-2020

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa rematamos un trimestre. Moitos de vós xa tedes os vosos itinerarios lectores en marcha. Esas lecturar "obligatorias" que facemos cos compañeiros na aula e que acaban sendo inesquecibles para nós.
Aquí deixo as lecturas escollidas por cada aula para formar o seu "Itinerio Lector".


lunes, 9 de diciembre de 2019

DigiCraft

Ola amiguiños e amiguiñas!! O alumnado de 4º, 5º e 6º está participando nun proxecto chamado DigiCraft.
DigiCraft é un programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas a través do xogo e da experimentación.
Cada semana temos unha sesión nova na biblioteca, onde imos aprendendo cousas sobre a realidade aumentada, como facer un pequeño videoxogo ou buscar información na rede con distintos buscadores.
Ollade coma traballamos!!



martes, 3 de diciembre de 2019

3 de Decembro "Día Internacional das Persoas con Discapacidade"

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe 3 de decembro celebramos o ·"Día Iternacional da Discapacidade".
O alumnado de 6º fíxonos a proposta. Púxose en contacto coas asociacións da zona (Lalín Diverso) e propúxonos colaborar con elas. Baixo o lema "Está na túa man" iníciáronse unha serie de actividades dirixidas a entender e valorar ás persoas que teñan algún tipo de diversidade. Unha das propostas era facernos fotos cunha man laranxa. Así, o cole unido fixo a súa foto erguendo esa man laranxa para loitar pola igualdade de oportunidades, para cambiar as cousas e loitar por un futuro mellor no que as persoas con limitacións teñan as mesmas posibilidades que o resto.


Nas vindeiras semanas continuaremos estas actividades cunha exposición na escola na que poderemos descubrir o día a día de nenos e adultos  con dificultadese e a súa maneira de superalas. Tamén haberá uns obradoiros impartidos por membros dunha destas asociacións
Non deixedes de escoitar Radio Garabullo e a información que irá chegando da man de 6º destas actividades.
Un saúdo e xa sabedes… "ESTÁ NAS VOSAS MANS"

lunes, 2 de diciembre de 2019

CESTA DAS SUXESTIÓNS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos a nosa vía de comunicación. Unha cesta de suxestións. Estará colocada preto da porta da Biblioteca. Diante do taboleiro de anuncios.



Non esquezades deixar todas as ideas que bulen polas vosas cabeciñas e poden axudar a mellorar a nosa biblioteca:
- Libros para mercar
- Xogos cos que aprender
- Proposta de actividades de lectura e escritura
- Xogos cos escornabots feitos por vós.
- Propostas de investigación
- Películas que nos faltan.
- Debuxos para decorar a nosa biblioteca.
-...
Non esquezades deixar todas as ocurrencias e suxestións que teñades.
Agardamos con impaciencia!!
Saúdos!! VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 25 de noviembre de 2019

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Hoxe na escola celebramos o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero".
Ao longo destos días é frecuente escoitar deste tema nas aulas, na prensa, nas rúas,... Nos pobos hai
mobilizacións de asociacións que loitan pola igualdade e os dereitos das mulleres.
Para nós é un tema un pouco complicado de entender. Así que os compañeiros e compañeiras de 3º decidiron contarnos algo deste día a través dun conto: "Cando as nenas voan alto".

Cando as nenas voan alto é un conto de Raquel Díaz Reguera, publicado pola editora Lumen. Nesta historia Adriana, Ximena e Martina teñen grandes soños para cando sexan maiores. Pero vai a aparecer alguén que faga que perdan a ilusión... Que acontecerá?

As compañeiras e os compañeiros de 3º fixeron a súa propia versión para todos nós.  Aquí deixo o enlace para que poidades ver tantas veces coma queirades.
Parabéns ás nenas e nenos de 3º por facelo tan ben.




jueves, 7 de noviembre de 2019

Polo San Martiño trompos ao camiño

Ola amiguiños e amiguiñas!! Chegou o tempo dos Magostos e nós coma todos os coles tamén temos a nosa Festa e teremos xogos, carreiras e castañas.
Os compañeiros e compañeiras de 3 anos contáronnos na páxina do cole todas as actividades que imos a ter mañá para celebrar esta data.
Unha das cousas que imos a facer é xogar cos trompos, peóns, bailaretes, buxainas... e, coma o día non pinta moi bo, aconsellámosvos esta actividade que atopamos na páxina de brinquedia.
Picade na foto e a aprender moito do Peón. A xogar co "pasapalabra" do Peón!!!



miércoles, 6 de noviembre de 2019

O LOBISHOME

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos a fantástica interpretación que os compañeiros e compañeiras de 5º fixeron da obra O lobishome de Paula Carballeira.
Queredes velo? Pois veña!! Ollade!!
É terrorificamente divertida!!!


viernes, 1 de noviembre de 2019

SAMAÍN NA ESCOLA

Ola amiguiños e amiguiñas!!
O pasado mércores celebramos o Samaín na escola. Como xa se foi anunciando a través da radio tivemos moitas actividades. Dende a visita de todas as aulas á exposición de cabazas ata a celebración do Samaín na escola. Tivemos teatro grazas ao alumnado de 5º, houbo un baile de 1º e unha procesión da Santa Compaña que rematou nun baile dos mortos feito por 6º.  Para rematar un misterioso conxuro e un riquísimo biscoito para todos e todas. De premio música e tempo de lecer, moitos disfraces e pequenas recompensas polas aulas. Fantástico día!!
Queredes ver un resumo do ben que o pasamos? Pois preme no vídeo!!


miércoles, 30 de octubre de 2019

A MIN NON ME COMAS (Samaín 2019)

Ola amiguiños!!
Hoxe celebramos o Samaín na escola. Chega o momento dos contos de medo, das bruxas, das cabazas.
En cuarto leron contos de medo ao longo desta semana e gravaron un conto para todos:
A min non me comas de Margarita del Mazo, publicado pola editora OQO.
Escoitádeo a ver se vos gusta.
Se preferides tedes o conto na biblioteca que o podedes ver ou escoitar cun código QR que lle pegamos por detrás.
E seguide coas "Lectuuuuras medoreeeentas"porque coma din os axudantes da biblioteca "Lemos porque nos peta"

ACTIVIDADES SAMAÍN 30 de outubro

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa está aquí o Samaín e os vosos compañeiros de 4º fixeron este podcast para lembrarvos as actividades que terán lugar ao longo deste día tan medoreeeeento!!

lunes, 28 de octubre de 2019

HORARIO DE VISITA ÁS CABAZAS

Ola amiguiños e amiguiñas, Esther de 4º fixo este anuncio para lembrar a todos e todas o horario de visita á exposición de cabazas que temos na aula de usos múltiples.
Lembrádello aos vosos mestres e xa pola tarde invitade aos vosos papás.
Xa sabedes!! A visita das familias a partir das 16:15
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

jueves, 24 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Un ano máis abrimos este espazo coa festa da biblioteca. Os compañeiros e compañeiras de 6º fixeron un vídeo moi divertido para lembrarnos as normas da biblioteca e amosarnos o novo espazo dedicado á Radio da Biblioteca.
Hoxe foi o día escollido para ver ese vídeo e para recibir un agasallo de Garabullo. Un pequeno lapiceiro que lembra ao colector de plástico.
Con este agasallo e o lema que leva "Se non queres contaminar, o plástico debes reciclar" (feito polo alumnado de 6º) empezamos un novo ano na biblioteca. E un novo proxecto: "DESPLASTIFÍCATE".
Aquí tedes o vídeo da biblioteca e outro coas vosas fotos para que pasedes un fantástico fin de semana.
Un saúdo e xa sabes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


martes, 25 de junio de 2019

Canción do plástico

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Somentes podíamos pechar este curso abrindo unha porta de cara ás actividades do vindeiro ano. Non vola perdades!!!


lunes, 24 de junio de 2019

Derradeiro día do curso 2018-2019

E rematou o curso!!! Tivemos cancións, teatro, contacontos, merendas e xogos. Moitas emocións que podedes lembrar ollando este pequeno vídeo.
Disfrutádeo!!!


Obra de Teatro de 5º

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Como ben sabedes os vosos compañeiros e compañeiras de 5º representaron unha obra de teatro para despedir este curso e en especial ao alumnado de 6º que deixa o cole para empezar unha nova etapa: O instituto.
A obra de teatro representada leva por título "Unha aula do colexio".
Un traballo estupendo rapaces!!!


jueves, 20 de junio de 2019

Javi Solla

Ola amiguiños e amiguiñas. Como sabedes tivemos a Javi Solla no noso centro o martes 18 de xuño. Foi o noso premio por facer tan bo traballo coa compostaxe e a súa presentación no Congreso de Compostaxe da Deputación de Pontevedra. O premio foi para todos. E a verdade que o disfrutamos moito.



lunes, 17 de junio de 2019

OS GARABULLOS DA LECTURA E A POESÍA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa se achega o fin de curso. Moito tempo de lecer!!!
Os axudantes da biblioteca "Os Garabullos da Lectura" decidiron que a poesía é unha lectura moi divertida e danvos consellos para que xoguedes con ela durante o verán.
Pois xa sabedes!! A ler e xogar coa poesía no verán!!



miércoles, 12 de junio de 2019

LA JUNGLA

Ola amiguiños e amiguiñas!!
As nenas de 5º querían facer un Ksmishibai distinto para todos e todas, pero en especial para os nenos e nenas de infantil. E como saben que o que máis lles gusta son os animais, pois fixeron un Kamishibai dos animais da xungla. Elas debuxaron os animais e cóntannos cousiñais destes animais.
Animádesvos vós a facer debuxos doutros animais e contarnos outras curiosidades para facer máis grande este Kamishibai que partiu do conto "A Jungla"?


jueves, 6 de junio de 2019

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño celébrase o "Día Mundial do Medio Ambiente". Este ano pon especial interese na redución da contaminación do aire. Sabemos que unha das causas da contaminación do aire é o lixo. Así o entenderon os compañeiros de 1º e 2º que despois de aprender moitas cousas dos montes e da súa importancia, entenderon que había que coidalos moito e sen dubidalo fixeron unha saída aos montes que rodean o cole. Ademáis de gozar do paseo e merendar decidiron limpar os camiños e recolleron o lixo que foron atopando contribuíndo un pouquiño ao coidado do noso monte e do Medio Ambiente.


miércoles, 5 de junio de 2019

HÉCTOR CAJARAVILLE

Ola amiguiños e amiguiñas!!
O pasado 3 de xuño tivemos a sorte de contar unha vez máis coa visita de Héctor Cajaraville.
Veu a falarnos do seu libro "Kusuma" gañador do Premio Merlín 2018. Aproveitando o noso traballo sobre "O Noso Monte" os vosos compañeiros e compañeiras de 5º e 6º leron "Kusuma" unha fábula que ten coma escenario un monte galego e coma protagonistas unha gran variedades de animais do máis variado, curioso e divertido que poidades imaxinar. Un libro moi interesante e que da moito que pensar.
Foi unha xornada moi agarimosa que rematou cunha entrevista na radio a Héctor. Non vola perdades!!







lunes, 3 de junio de 2019

PAOLA GUIMERANS

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Como xa sabedes os vosos compañeiros de 5º e 6º participan no programa de  VOLUNTARIADO DE LECTURA-A. Pola súa labor foron seleccionados 10 centros e un deles foi o noso. O traballo dos vosos compañeiros foi moi valorado e recoñecido. O seu premio: un obradoiro de formación con  Paola Guimerans.
Paola é unha artista que investiga novos materiais e aplicacións da tecnoloxía nos procesos artísticos. Defensora da cultura maker e inspirada pola cultura do "faino ti mesmo", no seu traballo explora novas formas de arte e deseño interactivo e novos xeitos de aprender.
Ofreceunos un obradoiro no que falou de cidades intelixentes e de contos con tecnoloxía. Invitounos a crear a nosa cidade intelixente e unha escena dun conto con tecnoloxía, empregando circuitos e luces LEDs. Foi unha actividade moi divertida e interesante e todos e todas conseguiron crear o seu circuito!!
Rematamos o día facéndolle a entrevista que colgamos en Radio Garabullo e poderedes escoitar a continuación. Tamén temos un vídeo resumo da actividade.
Xa estamos desexando poder contar con ela de novo para que todos a coñezades!!!





miércoles, 29 de mayo de 2019

ENQUISA ALUMNADO

Ola rapaces e rapazas!! Aquí queda a enquisa da biblioteca para vós. Animádevos a facela!!


ENQUISA PROFESORADO

Ola profes aquí queda a enquisa da biblio. Animádevos a cubrila antes do 5 de xuño. Grazas!!

lunes, 27 de mayo de 2019

A IMPORTANCIA DOS MONTES

Que mellor xeito de entender a importancia do noso monte que investigando sobre eles?
O alumnado de 6º investigou sobre os montes. As súas conclusións:
- Absorben o dióxido de carbono.
- Melloran a calidade da auga.
- Serven de fogar para unha gran variedade de flora e fauna.
- A sombra das árbores contribúe á conservación da humidade.
- Promoven a conciencia ecolóxica.
- ...
E así poderíamos seguir escribindo os beneficios do noso monte. Moitas ideas quedaron recollidas no seguinte mural. Tamén aportaron ideas para conservar e coidar o noso monte e abriron a posibilidade de aportar ideas ao resto do alumnado.
Así quedou o mural

DEBATE SOBRE O EUCALIPTO

Este ano o Proxecto que estamos a traballar nas aula é "O NOSO MONTE". Cada aula prepara un traballo que fai relación a este tema. Tendo en conta que na aula de 6º estaban a falar do debate e viron que ao redor do cole estaban a talar os eucaliptos e que o proxecto da biblioteca era "O NOSO MONTE",... Sumaron todo e fixeron un programa de radio-debate sobre o eucalipto.
Queredes escoitalo e saber un pouco máis do eucalipto? Escoitade! Escoitade!


I Concurso de Podcast - Radio na Biblio

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Este ano os vosos compañeiros de 6º presentáronse  o un concurso de Podcast-Radio na Biblio.
Para o concurso tiñan que facer unha emisión radiofónica de 5 minutos para dar a coñecer e difundir o patrimonio cultural Galego, e a ser posible relacionado co pobo ou a zona onde vive o alumnado.
Coma as vosas compañeiras e compañeiros de 6º e Silvia de 5º participaron no "Alto dos Xenerais infantil" de Bandeira decidiron falar do Alto.
Queredes escoitar o programa?
Sabede que este Podcast do Alto dos Xenerais de Bandeira foi un dos gañadores na súa categoría.
Queredes escolitalo?


jueves, 16 de mayo de 2019

ANTONIO FRAGUAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Mañá é o día das LETRAS GALEGAS. Dende hai moitos anos aproveitamos esta data para homenaxear a persoas destacadas pola súa creación literaria en galego e a defensa do idioma. Dende Rosalía ou Castelao nos primeiros anos ata hoxe en día, teñen sido moitas as autoras e autores aos que se lle adicou esta data.
Este ano o personaxe ao que homenaxeamos é Antonio Fraguas Fraguas.
Antonio Fraguas dedicouse con paixón ao estudo de Galicia como territorio, como pobo, como país,.... Ademáis foi mestre, un mestre que nunca abandonou a vocación de compartir cos demáis o moito que sabía.
Nesta emisión de radio Samuel de 6º ponlle voz a Antonio Fraguas percorrendo espazos da vida do homenaxeado, axudado polas súas compañeiras Jéssica, Hyzadora e Sara. Entre todas van amosando a calidade humana, o esforzo, a bondade e a xenerosidade do noso ilustre galego.






miércoles, 15 de mayo de 2019

RADIO BIBLIOTECA

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa temos na Radio os nosos vinilos para tapar os ventanais e identificar mellor a nosa radio. Gustánvos?







APADRIÑAMENTO DAS ÁRBORES

Este ano estamos a desenvolver un fermoso proxecto "Os nosos montes". Cada aula traballou aspectos dos montes e das árbores que pouco a pouco nos foron mostrando de distintos xeitos. Unha das propostas que unían a todo o cole foi o identificar e apadriñar As nosas árbores. Así cada aula apadriñou unha árbore, e dedicáronlle lendas e refráns relacionadas con elas, fixeron unha foto coa súa árbore para o Calendario do 2019 e para facer as bolas da árbore de Nadal; e... para que todos as coñezamos, fixeron fichas para identificalas.
Este ano algunhas árbores xa teñen a súa identificación e as demáis as irán tendo pouco a pouco.











Ademáis das árbores dos nosos montes temos árbores frondosas que ampliarán este proxecto. Foron plantadas polos nenos e nenas coa fin de recuperar un espazo abandonado arredor da escola ao que hai tempo lle chamaban "O COTO DA GAITEIRA". Agora co nomeamento das árbores este espazo tamén recupera o seu nome e coma non leva adicado un poema de Manuel María, deixando así a biblioteca a súa pegada en tan grande proxecto.




LECTURAS GALEGAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa se achega o día 17 de maio. O día das "Letras Galegas" así que deixámosvos lecturas sobre a vida dos grandes homenaxeados e homenaxeadas nas nosas letras. E dende logo as súas obras.
Animádevos a levalos nesta ponte!!!



jueves, 9 de mayo de 2019

DÍA DE EUROPA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe celebramos o día de Europa. O Día de Europa é unha celebración que ten lugar cada 9 de maio na Unión Europea.
Rememoramos a chamada "Declaración Shuman"que puxo as bases do que hoxe é a Unión Europea. Son moitos os países que forman parte da Unión Europea. Sabedes cales? Os vosos compañeiros e compañeiras de 3º fixeron un mural cos países da Unión Europea e a súa bandeira. Achegádevos a entrada do cole a ver cantos sabedes e se sodes quen de recoñecer onde están e as súas bandeiras!!


ANTONIO FRAGUAS NO MURAL DA ENTRADA

Ola rapaces e rapazas!!
Un ano máis quedaron expostos, na entrada do cole, os carteis referentes a biografía de Antonio Fraguas. Sós, ou co voso titor ou titora,  podedes achegarvos a velos e aprender un pouquiño máis da grande persoa á que este ano se lle dedican as Letras Galegas: Antonio Fraguas.
Para aqueles que non poidades pasar deixovos unhas imaxes!!
Un saúdo... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!


lunes, 6 de mayo de 2019

FICHEIRO DE FOLLAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Os vosos compañeiros e compañeiras de 4º estiveron facendo unha labor de investigación das nosas árbores. As árbores dos nosos montes. A través dunha recollida e secado das follas elaboraron un ficheiro que serve de axuda para achegarnos ás árbores da nosa contorna. Ademáis as súas fichas déronlle unha nova imaxe a nosa árbore da entrada.
Aquí deixamos o ficheiro para que consultedes cando queirades.


jueves, 2 de mayo de 2019

5º e 6º de Primaria

Antonio Fraguas para 5º e 6º da man do seminariogalan.org



  


Antonio Fraguas 3º e 4º de Primaria

Grazas ao seminariogalan.org aquí deixamos actividades para coñecer e saber máis a Antón Fraguas para 3º e 4º






Antonio Fraguas 1º e 2º de Primaria

Seguindo ao seminariogalan.org continuamos publicando as actividades propostas para coñecer achegarnos cos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria á figura de Antonio Fraguas.











Antonio Fraguas para infantil

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Un ano máis deixamos os enlaces ao seminariogalan.org para poder coñecer un pouco mellor ao noso homenaxeado nestas Letras Galegas 2019: Antonio Fraguas.













miércoles, 24 de abril de 2019

23 de abril. DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!! O tempo corre e un ano máis chegou unha das festas máis agardada nas bibliotecas. "O DIA MUNDIAL DO LIBRO"
Un ano máis o celebramos cos nosos Apadriñamentos Lectores, nenos e nenas de todas as idades mesturados e compartindo un conto. Imaxes que nos acompañan todos os anos tal día coma hoxe, converténdose nunha doce tradición que forma parte xa da nosa escola.


Tamén a idea de traer unha libraría para axudarnos a coñecer os contos e achegarnos a eles presentándonolos. Onte achegámonos aos contos tradicionais e aos contos distintos, os que falan de historias de ficción, e os que están cheos de curiosidades ou de intriga. Aqueles que presentan pequenos retos ou aqueles de consulta nos que nos sumerximos para aprender de todo un pouco. Contos! Libros! que Lola da libraría Aenea de Santiago trouxo para todos. Deixóunolos tocar, ulir,  acariñar e así puidemos escoller aquel que tiñamos que ter na nosa aula.
Unha fermosa xornada onde grazas a ela coñecemos moitos contos, que dende hoxe, están na biblioteca e moitos que pronto estarán.
E... como non? Fixémoslle unha entrevista. Os nenos e nenas de 5º aproveitaron a ocasión e preguntáronlle cousas da libraría e dos contos que aquí deixamos para que escoitedes. 
Grazas Lola! Xa saber que sempre será benvida na nosa biblioteca!!!




domingo, 21 de abril de 2019

OS GARABULLOS DA LECTURA: Xogando coas letras

Ola amiguiños e amiguiñas!!! A proposta deste luns é un xogo. Un xogo para traballar as letras e as faltas de ortografía. Animádevos a practicalo!!!


domingo, 14 de abril de 2019

GARABULLOS DE LECTURA: Que podemos ler en Semana Santa?

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe os Garabullos da lectura anímannos a probar distintos tipos de lectura. Dende contos ata libros de consulta pasando por cómics e libros de curiosidades. Que vos parece? Dádelle a vosa opinión para que a conten no próximo programa.


martes, 9 de abril de 2019

RAMÓN DE VALENZUELA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
O pasado mes de febreiro fixo catro anos que o noso cole cambiou de nome. Pasou de chamarse CEIP de Bandeira a CEIP Ramón de Valenzuela.
Aproveitando que xa temos radio no cole, e que moitos non coñeces a este ilustre e importante escritor e mestre de Bandeira, o alumnado de 5º decidiu facer un pequeno Podcast. A través do programa de radio iredes sabende un pouco máis de Ramón de Valenzuela, o Ramón que lle deu nome a nosa escola.

 

domingo, 7 de abril de 2019

OS GARABULLOS DA LECTURA

Ola amiguiños e amiguiñas!! "Os Garabullos da lectura" é o nome que un grupo de alumnos e alumnas de 6º lle dan a un traballo que comezaron hoxe para, cada luns, ir dándovos consellos de lectura, xogos para mellorar os distintos aspectos que rodean a lectura, os distintos tipos de lectura que podedes atopar... actividades lúdicas e divertidas aptas para todos.
Seguídeos e veredes que ideas vos amosan!!!




jueves, 4 de abril de 2019

4º e o Día Mundial da Saúde

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O próximo día 7 de abril celebramos o "Día Mundial da Saúde", data escollida polos compañeiros e compañeiras de 4º para aumentar os nosos coñecementos de saúde e ... que mellor xeito de facelo que falando cunha pediatra?
Pois así foi. Invitaron a Amparo Villaverde, pediatra e tía de Ana de 4º, e fixéronlle unha entrevista na que falaron de alimentación, exercicio, revisións médicas, vacinas,... un montón de cousas moi importantes para a nosa saúde.
A través da Radio fixeron chegar a todos nós a importancia de determinados hábitos e coidados moi importantes para estar sans e fortes!!
Escoitade e veredes que interesante!! 



miércoles, 27 de marzo de 2019

A MAMÁ DE CARLA

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Sabedes que neste cole encántanos que veñan os papás e as mamás a contarnos moitas cousas do que lles gusta facer, do que saben facer, do seu traballo...
Nesta ocasión visitounos Margarita, a nai de Carla de 4 anos. Marga é enfermeira e sabe moitas cousas de primeiros auxilios, de facer curiñas e de axudar a médicos.
Carla invitou aos compañeiros de 3 e 4 anos a unha xornada na biblioteca onde probaron moitas técnicas de primeiros auxilios que lles ensionou a súa mamá. Tamén escoitaron o corazón a través dun fonendoscopio (o aparello que todos os médicos levan sempre colgando) e moitas cousas máis.
Foi unha xornada moi divertida e de moita aprendizaxe.
Ollade que ben o pasaron!!



martes, 26 de marzo de 2019

NOTICIAS DE 4º

E as noticias da Semana da Prensa seguen chegando a RADIO GARABULLO.
Nesta escola hai unha manchea de futuros reporteiros e de grandes técnicos de son e radio. Non deixedes de escoitar aos vosos compañeiros e compañeiras de 4º e as novas tan interesantes que nos contan.


Entrevista a unha avoa

Este ano para celebrar o 8 de marzo algúns compañeiros e compañeiras da escola fixeron un traballo dedicado a unha muller especial para eles ou elas.
Este foi o caso de Elena de 6º, que escolleu a súa avoa e decidiu rematar a súa tarefa invitándoa á Radio, para facerlle unha pequena entrevista, e recoñecerlle o valor que se merece.
Aquí deixamos a entrevista feita por Elena a súa avoa Dolores que foi mestra da nosa escola.



domingo, 24 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA

O pasado 21 de marzo celebramos o día internacional da POESÍA.
Os poemas implican un novo xeito de escribir en liñas máis curtas que chamamos versos, tendemos a asociar estas composicións a obras que buscan expresar as emocións ou impresións do mundo para o autor, así coma o emprego da rima e outras ferramentas da linguaxe... estes poemas serían os líricos, tamén podemos contar con poemas dramáticos tipo das obras de teatro ou épicos que falan das batallas entre outras cousas.
Este ano decidimos darlle valor a unha creación poética que se leva facendo na escola dende hai moitos anos: "AS ARENGAS". A través desta expresión poética o noso alumnado colabora na conservación e valoración da nosa tradición oral e a nosa memoria.
"A poesía, din, é a memoria do mundo"
Pois aquí van as nosas arengas como memoria do mundo e como outro xeito de facer poesía.
Están recitadas na Radio da biblioteca porque as Arengas de Bandeira soan dun xeito especial.


jueves, 21 de marzo de 2019

Titorial da Radio

Aquí deixamos un titorial de coma funciona a Radio Escolar. Animádevos a crear os vosos propios PODCAST.
Agardamos as vosas publicacións!!

miércoles, 20 de marzo de 2019

OS BOSQUES DE GALICIA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Coma ben sabedes este ano estamos traballando os Bosques.
Hoxe día 21 de marzo é o "Día Internacional dos Bosques", e que mellor xeito temos para conmemoralo que colgando este PowerPoint feito polos vosos compañeiros e compañeras de 5º.
Cada 21 de marzo, as Nacións Unidas rinden homenaxe á importancia de todos os tipos de bosques e intenta xenerar unha maior conciencia e respecto. Este ano, o Día Internacional dos Bosques destaca a educación coma un medio indispensable para aprender a amar o bosque, e apunta a súa importancia para acadar unha xestión sostible das zonas forestais e avanzar na súa conservación, e a de todas as especies tanto animais coma vexetais.
Agardamos que co noso estudo dos bosques e dos montes fagamos que xermole entre todos ese amor e esa conciencia de coidado e amor ao monte, ao bosque.


ACTIVIDADES DE MARZO NA ESCOLA

O alumnado de 6º, aproveitando a Semana da Prensa, elaborou un anuncio para contar as novas da escola. Aquelas actividades que temos programadas ao longo do mes Marzo e Abril.
Que vos parece?


martes, 19 de marzo de 2019

PASOS PARA GRAVAR NA RADIO

Xa sabedes que a RADIO comezou a súa andaina para celebrar a Semana da Prensa!!
As novas serán emitidas pouco a pouco pola nosa canle de IVOOX, así coma outros programas que xa se están artellando nas aulas.
Para que todos teñamos un pouquiño claro coma traballar na nosa radio deixo aquí esta pequena infografía cuns pasos mínimos para poder axudarvos.


ALTO INFANTIL 2019

Ola amiguiños e amiguiñas!!! 
Xa pasou o ENTROIDO e con el o Alto dos XENERAIS INFANTIL.
Ao longo do mes de Xaneiro e Febreiro algunhas das vosas compañeiras e compañeiros de 5º e 6º estiveron preparando as súas "Arengas" para participar no "Alto dos Xenerais Infantil" da Bandeira.
É un traballo moi importante xa que por un lado, consiste na creación das arengas, na memorización das mesmas e na súa interpretación ou no seu lance. E por outra banda, implicou un estudo e investigación das arengas máis interpretadas nos "Altos de Bandeira", co fin de recuperalas e traelas ao Alto Infantil, e así darlles outra vez o recoñecemento que merecen e con elo recuperar unha parte da nosa tradición. Tradición que esperamos que pouco a pouco se vaia agradando da mans de todos e todas vós e que cos Encontros do Entroido que facemos con outros centros de Vila de Cruces, Piloño e Merza vaiades atopando esa ilusión que vos queremos transmitir; e algún día, sexades vós os protagonistas dos Altos da Bandeira.


lunes, 18 de marzo de 2019

2º emite novas na radio





A semana pasada celebramos a SEMANA DA PRENSA. Moitos de vós traballastedes con xornais na aula. Este ano as vosas novas foron elaboradas para a radio. Aquí podedes ver aos de 2º na radio da escola: "Radio Garabullo", dando o primeiro paso nas emisións de novas que iremos colgando ao longo desta semana. Agardo que vos gusten!!

domingo, 17 de marzo de 2019

Xa temos a Radio: RADIO GARABULLO

Hoxe 7 de marzo temos a formación do equipo técnico da Radio. Os nenos e nenas de 5º serán os encargados de aprender a traballar coa radio e de formar aos compañeiros.
A Radio xa é unha realidade na nosa escola.
Para escoitar os nosos PODCAST so tedes que fixarvos no lateral desta páxina e veredes todo o que imos colgando. Se picades na imaxe "Radio Garabullo" podedes acceder ao enlace dos nosos PODCAST.



viernes, 15 de marzo de 2019

8 de marzo

O 8 de marzo celebramos o Día Internacional da MULLER. Trátase dunha data celebrada por todos con lecturas, actividades na aula e fóra dela.
Pouco a pouco iremos contando cousiñas que se fixemos nas aulas, mentres tanto deixamos uns conselliños de lectura para que continuedes lendo sobre a muller.



jueves, 14 de marzo de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Este ano achegámonos á figura de Rosalía de Castro a través da súa poesía, da man dunha grande artista: UXÍA SENLLE.
Aprendemos que a música é un dos mellores xeitos para gozar da poesía. As cancións de Uxía retratan perfectamente a esa muller que uns chamaron tola e outros santa, a verdadeira Rosalía.
Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureira ou fada. Unha 
Rosalía coma nós. Así a cantamos e así festexamos o seu día.
Premede na foto




lunes, 11 de marzo de 2019

Ticket Negro

A Biblioteca é un espazo con moitas oportunidades. Algúns dos vosos compañeiros a través dos libros de investigación ou buscando información na rede decidiron facer experimentos.
Aquí tedes a Sara e a Luisa investigando o que lle pasa a un ticket da compra ao pasarlle calor.
Que vos parece? Animádevos e vinde a biblioteca a propoñernos os vosos experimentos. Iremos colgándoos no enlace seguinte. 

domingo, 10 de marzo de 2019

Xornadas de Formación na Radio

Este ano tivemos a sorte de ser un centro seleccionado de Radio na Biblioteca.
Unha vez escollida a aula que ía a ser a nosa Radio e dotala do material necesario, de darlle a Radio o nome de: "Radio Garabullo"... Comezaron as xornadas de formación. Primeiro formáronse os profes e despois os compañeiros de 5º, que serán os encargados de axudar as vosas emisións radiofónicas e a formarvos coma auténticos técnicos de son.

viernes, 1 de marzo de 2019

ENTROIDO NA BIBLIOTECA

Como non podía ser menos o "Entroido" está tamén presente na biblioteca. Ollade que ben o pasaron as nosas axudantes da biblioteca!!


Tampouco perderon ocasión de visitarnos os compañeiros e compañeiras que participan no "Alto Infantil". Semellan xenerais de verdade!! Que ben o fan!!