lunes, 29 de abril de 2013

O COIRO

O mércores 17 de abril foi un día moi especial para os rapaces e rapazas do 2º ciclo. Tiveron a grande sorte de contar coa presencia do artesán do coiro silledense Xosé Villar.
Xosé foi quen de mergullarnos no fascinante mundo do coiro. A través das súas explicacións coñecemos as distintas utilidades e aplicacións deste material, non só na actualidade, senón dende a prehistoria. Falounos das súas características, as distintas e infinitas posibilidades que ofrece o coiro así como das ferramentas que se precisan para traballar nel.
Non só escoitamos as súas explicacións, tocamos unha grande variedade de peles de animais moi diversos: ovella, potro, cabra, vaca,... e outras tan curiosas como a do lobo marino, a do canguro, a da serpe, a da raia ou a do tiburón.
Só podo dicir en nome de todos GRACIÑAS Xosé pola túa xenerosidade e por compartir un pouco do teu tempo e da túa maña e sabiduría connosco. Os rapaces do segundo ciclo non esquecerán nunca as túas verbas unha tarde de mércores na biblioteca.



Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

jueves, 25 de abril de 2013

LECTURAS COMPARTIDAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!!A mañá do martes foi unha mañá divertida, emocionante. Unha mañá de lecturas compartidas. Nenos e nenas, grandes e pequenos compartindo os seus contos, disfrutando de cada aventura, rindo e emocionándonos cos protagonistas das historias... como di o noso lema "Lendo porque nos peta"
Que mellor xeito de agradecervos a todos e todas a vosa participación nas lecturas compartidas, que amosando o que puiden ver eu dende a miña ventana da biblioteca?


Agardo que vos guste!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 23 de abril de 2013

SEMANA DA PRENSA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Lembrades todas as novas que fomos recollendo ao longo da semana da prensa e que íades colgando no "Tendal" das NOVAS DE BANDEIRA?.


Todas esas novas foron gardadas diariamente para facer con elas un enorme periódico que podesde ollar cando queirades na biblioteca e que aquí deixo neste video para que gocedes e busquedes o voso traballo.
Parabéns por tanto esforzo, tanta colaboración e tan fermosos resultados.



Un Saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 22 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Mañá é 23 de abril e celebramos O día do Libro. Nas bibliotecas prepáranse actividades para conmemorar este día. Nós tamén o faremos.
Aproveitando o bo tempo faremos lecturas compartidas no patio de infantil. Grandes e pequenos seredes protagonistas na lectura dos contos que nestas semanas estivechedes escollendo na biblioteca.
Ao rematar esta lectura compartida, que mellor cousa! que trocar un libro por unha frase, poema, debuxo,... algo feito por vós que remate a frase:

"Un Libro para min é..." 

Espero a vosa colaboración e ademáis como todo libro ten que ter un marcapáxinas levaredes un de agasallo.
Agardo que vos gusten.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!   

APADRIÑADOR DE PALABRAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Este ano apadriñando palabras traballamos o mundo dos artesáns.
Nas aulas dende infantil ata o terceiro ciclo de primaria fumos buscando información dos oleiros, dos ferreiros, dos artesáns do coiro ou dos cesteiros.
Con toda a información recollida fixemos unha fermosa exposición con ferramentas, materiais ou cousas feitas polos distintos artesáns.
Aprendemos moitas curiosidades destes oficios e tanto o primeiro ciclo como o segundo tivo a sorte de ter unha charla con estes artesáns.
O resultado, inmellorable!! Aquí deixo unhas fotos do que foi un interesante traballo no que todos e todas aprendemos un montón de cousiñas.
Agardo que vos guste.


Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 10 de abril de 2013

JOSÉ LUIS SAMPEDRO


Ola amiguiños e amiguiñas!!
Hoxe as Bibliotecas escolares unímonos para decirlle adeus a José Luis Sampedro, novelista e autor de importantes libros de economía. Un grande loitador e defensor dos seus ideais, un nome co que sempre asociamos e asociaredes intelixencia e pensamento,...
Con este agarimoso abrazo desexámoslle moita sorte no seu novo andar.

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 2 de abril de 2013

2 de Abril: Día Internacional do Libro Infantil

Hoxe 2 de Abril conmemórase, tal e como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY (unha organización internacional) declara esta data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer  bos libros a todas as nenas e a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.
Cada ano, esta organización internacional encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión, a autora do texto é a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel é o estadounidense Ashley Bryan. Aquí queda a mostra do cartel e o poema.


Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
 
Poema de Pat Mora
  Traducción: Concha Blanco

Agora xa sabedes, so tendes que ler para despertar a vosa imaxinación. Vinde rápido a Biblioteca que está chea de libros infantís para todos e todas para viaxar coa imaxinación, para gozar, para aprender, para celebrar este e todos os días do ano. Agárdovos...
 
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!