A radio do noso cole volve con moitas novidades!
O alumnado de 5º de Primaria continúa sendo o encargado de poñer voz a este programa que xa coñecemos e que, a partir deste curso, poderemos escoitar todos os meses durante o servizo de comedor.
Como sempre, os nosos locutores e locutoras aproveitarán este espazo para dar os parabéns aos nenos e nenas que celebran o seu aniversario, contar as novas e actividades que están a acontecer na escola, compartir curiosidades e facernos pasar un bo rato.
Así que, a partir de agora, temos unha cita, no comedor, coa radio ao final de cada mes!.
Agardaremos con ilusión cada novo programa.
