lunes, 22 de junio de 2026

PARABENS

Ola amiguiños e amiguiñas!! O pasado xoves 18 tivemos un programa especial de "Parabéns", dúas nais axudantes do comedor, Begoña e Sabela, quixeron celebrar dun xeito moi especial os aniversarios do alumnado nado nos meses de abril, maio e xuño. Pero esta edición foi moito máis que unha felicitación.

Aproveitando a ocasión, dedicaron unhas agarimosas palabras de despedida ao alumnado de 6º de Primaria, que remata a súa etapa no centro e inicia unha nova aventura. Ademais, este programa tamén serviu para que elas mesmas se despedisen da comunidade educativa despois de varios anos compartindo o día a día do comedor escolar, creando vínculos, vivindo innumerables experiencias e contribuíndo, coa súa colaboración e dedicación, a facer do comedor un espazo máis acolledor e familiar.

Un programa cargado de emoción, bos desexos e recordos que quedará gardado na memoria de todos e todas.




DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE CON 6º de Primaria "Coida o planeta: aprender para cambiar o mundo"

Ola amguiños e amiguiñas!! O 5 de xuño conmemoramos no centro o Día Mundial do Medio Ambiente, unha data que nos lembra a importancia de coidar o planeta no que vivimos e de adoptar hábitos responsables no noso día a día.

Nesta ocasión, o alumnado de 6º de Educación Primaria desenvolveu un traballo moi completo no que combinaron diferentes formatos creativos e informativos. A través da elaboración de carteis, maquetas e códigos QR, deron forma a unha exposición na que explicaron e compartiron coñecementos sobre distintos aspectos clave do coidado do medio ambiente.

Entre os temas tratados estiveron o propio concepto de medio ambiente e a súa importancia, a xestión dos residuos e a problemática da contaminación, así como o cambio climático e as súas consecuencias. Tamén abordaron o consumo responsable e a necesidade de reducir o impacto das nosas accións cotiás, ademais de explicar o papel fundamental das enerxías renovables.

Outro dos bloques de traballo centrouse na biodiversidade e nas especies en perigo de extinción, así como na deforestación e os problemas ambientais asociados a esta práctica.

Un dos aspectos máis interesantes da proposta foi o uso dos códigos QR, que permitiron acceder a vídeos elaborados polo propio alumnado, ampliando así a información e achegando unha dimensión audiovisual e creativa ao traballo realizado.

Unha iniciativa que axuda a comprender mellor a realidade ambiental e que pon en valor o compromiso, a investigación e a capacidade de comunicación do alumnado de 6º.

Así comezaba a proposta... Un cartel coas instrucións


Continuamos coa 2º FASE que vai acompañada dunha presentación:







Algúns dos vídeos aos que nos levaban os códigos QR

O CONSUMO RESPONSABLE:


ENERXÍA RENOVABLE:


BIODIVERSIDADE:


A DEFORESTACIÓN:


Este proxecto remata cunha 3ª parte: As maquetas. Esta foi a presentación:



E así nolas presentaron:

A CONTAMINACIÓN LUMÍNICA:


DERORESTACIÓN: A TALA INCONTROLADA:


LAPBOOK DE VALORES:


ENERXÍA RENOVABLE:


FORESTACIÓN/DEFORESTACIÓN:


CAMBIO CLIMÁTICO:


A BIODIVERSIDADE:


E... así se despediron de todos nós con este proxecto.

martes, 9 de junio de 2026

LAMBECAZOLAS: Ensalada Moderna por Iago de 5º de Infantil

Ola amiguiños e amiguiñas!! Coa chegada da calor tamén chegan novas receitas de Lambecazolas, que este curso invita a preparar ENSALADAS.

Hoxe Iago de 5º de  Infantil, converteuse nun auténtica chef e ensinounos a preparar unha ensalada diferente: a súa Ensalada Moderna. Con moita maña, e paso a paso vai ensinándonos a facer esta orixinal ensalada e cunha pinta exquisita.

Dádelle ao play e veredes coma este marabilloso chef nos ensina a súa receita de verán.

"Agardamos que vos animedes a preparala na casa coas vosas familias. Bo proveito!"

lunes, 1 de junio de 2026

As Maletas Ponte a Zero deixan o primeiro ciclo

Ola amiguiños e amiguiñas! Os nenos e nenas de 1º ciclo de Primaria estiveron a gozar estes días dos materiais das Maletas Ponte a Zero, un recurso educativo do CEIDA que achega ao alumnado unha ampla selección de libros, contos e materiais relacionados co coidado do medio ambiente, a redución de residuos e os hábitos de vida sostibles.

Ao longo destas semanas, o alumnado aproveitou estes recursos para ampliar as súas investigacións, descubrir novas lecturas e seguir aprendendo sobre a importancia de respectar e coidar a natureza. Os libros da maleta convertéronse nunha ferramenta perfecta para buscar información, resolver dúbidas e espertar a curiosidade dos máis pequenos.

Esta experiencia encaixa á perfección co proxecto da biblioteca escolar que están a desenvolver este curso e que terá continuidade o vindeiro ano cun reto moi especial: a recuperación do horto escolar. A través das lecturas e actividades propostas, os nenos e nenas están a coñecer mellor o ciclo das plantas, a importancia da biodiversidade, a compostaxe e os beneficios de producir alimentos de forma responsable e respectuosa co medio.

Queremos agradecer ao CEIDA a cesión destas maletas, que nos permiten achegar a educación ambiental ao alumnado dunha forma atractiva, participativa e chea de aprendizaxes significativas.

Porque aprender a coidar a terra tamén se aprende lendo.


Photon nas sesións de EF

Ola amiguiños e amiguiñas!! Esta semana, grazas á Biblioteca Creativa, as sesións de Educación Física tiveron unha visita moi especial: o robot Photon .

O seu papel foi o de dinamizar as clases a través de diferentes retos cooperativos nos que o alumnado tiña que pensar, organizarse e moverse para conseguir chegar ao obxectivo. Non era só xogar por xogar, senón aprender a resolver situacións en equipo.

A través destas actividades, o alumnado puido descubrir outra forma de facer Educación Física, na que se unen o razoamento, as habilidades motrices e, sobre todo, a cooperación. Porque cada vez que o reto se conseguía, non era mérito individual, senón resultado do traballo conxunto de todo o grupo.

Unha experiencia diferente, divertida e moi enriquecedora que nos axuda a seguir aprendendo mentres xogamos.