martes, 31 de mayo de 2016

Petanca

A Petanca é un xogo de habilidade no que cada xogador tira por turno unhas bolas metálicas procurando achegarse, todo o posible, a unha bola pequena, o boliche, que fóra lanzada con anterioridade a certa distancia.
Na Bandeira hai un Club de Petanca e goza de tradición dende 1978. Onte tivemos a sorte de contar con catro dos xogadores do pobo que nos ensinaron como xogan e como se divirten con este xogo tradicional.
Agora tócanos a nós recoller información de todo o que rodea a Petanca da Bandeira e das reglas deste xogo. Rétovos a ir deixándome cousiñas que descubrades da petanca e ir facendo un documento que quede recollido na biblioteca; e claro está, a convertilo nun xogo máis que practicar nos tempos de lecer.
Espero as vosas pescudas... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!


Libros na Rúa 2016

O pasado venres 27 de maio colaboramos co Concello de Silleda na segunda edición dunha actividade chamada "Libros na rúa". Esta actividade estaba dirixida a conseguir cartos para axudar aos máis necesitados. A biblioteca cedeu os libros que xa non caben nos seus andéis ou que queren deixar paso a outros máis novos e foron cambiados por 1 euro.
O Concello completou esta xornada de venta de libros con contacontos e talleres. Foi unha mañá moi divertida!!!
A ver se o próximo ano repetimos!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


QUEN DA A QUENDA de Héctor Cajaraville

Héctor Cajaraville é un escritor novo. Chegou a nós grazas a Cristina a nai de Xoana e Sabela. Ela propúxonos a lectura de Quen da a quenda? Un conto marabilloso que non podes deixar de ler.
De cada capítulo sacas unha aprendizaxe, grazas a unha meiga divina ou a Divina, a meiga, imos coñecendo a uns personaxe raros, distintos, peculiares...

O encontro con Héctor ía a ser curto, de apenas unha hora, e case perdemos os autobuses. Contounos un montón de cousas e as súas respostas detalladas ían enganchando a nosa atención e interese. O cariño e a familiaridade coa que falou con nós é inesquecible. Neste vídeo queda unha imaxe do que foi unha fermosa tarde de maio na biblioteca con Héctor.
Grazas Héctor e Cristina pola vosa simpatía e cercanía.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NAS BIBLITECAS!!!

SEÑOR GATO (Todos)

María, a mestra de música, conseguiu, unha vez máis, unir a todos os nenos e nenas do cole para cantar e bailar. Esta vez foi grazas ao poema de Manuel María "Señor Gato" co que puxemos o broche á nosa particular celebración das Letras Galegas e da nosas VI Romaría.

A FALA (Sexto)

Nunha festa coma a VI Romaría das Letras Galegas, na que o escritor homenaxeado é Manuel María, non podía faltar un poema que unira a lingua, a fala, o galego, Galicia e o poeta... Así pensaron os nenos e nenas de 6º que lle rinden o seu homenaxe ás nosas letras e ao noso poeta recitando "A fala".

GALICIA (Quinto)

Os nenos e nenas de 5º escolleron o poema "Galicia" para honrar a Manuel María e para celebrar o Día das Letras Galegas. Que mellor xeito de facelo que cantándolle a Nosa Terra!


A RODA e O MEU BARCO (Cuarto)

En toda festa que se precie non poden faltar os cantos e os xogos. Os nenos e os nenas de cuarto aportan esta nota festiva recitando os poemas de Manuel María "A Roda" e "O meu barco" para celebrar as Letras Galegas e a nosa VI Romaría.


lunes, 30 de mayo de 2016

A EMIGRACIÓN (Terceiro)

A Emigración é o título deste poema de Manuel María que recitaron os nenos e nenas de terceiro o Día das Letras Galegas. Pequenos emigrantes, coas súas maletas en man, que non podían faltar nunha romaría tradicional coma a nosa.


O ARCO DA VELLA (Segundo)

Nenos e nenas de segundo, unidos, formando un ARCO DA VELLA, recitan o poema de Manuel María e contribúen así a honralo nesta festa das Letras Galegas 2016.


A LÚA (Primeiro)

Hoxe tócalles o turno aos nenos e nenas de primeiro que cun ritmo xuguetón e algareiro recitaron o poema A LÚA de Manuel María.


O CARACOL (Infantil)

Aquí están os nenos e nenas de infantil recitando "O CARACOL" para honrar a Manuel María e celebrar así o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016.


VI ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

Xa chegou o tan desexado Día da Romaría. O día 20 de maio celebramos o noso día das LETRAS GALEGAS.
Foi unha grande celebración na que non faltaron bailes, xogos e larpeiradas. Coma cabía esperar, vós, os nenos e nenas da Bandeira, tamén tivéchedes a vosa actuación recitando poemas do autor homenaxeado este ano: Manuel María.
Dende a biblioteca deixamos un recuncho na parede para non esquecelo ao longo do ano. Tamén pintamos o seu retrato e a súa firma nun anaco da fachada do cole, deixando un oco para os homenaxeados nos anos vindeiros.
Se queredes ver un resumo do ben que o pasamos pinchade na imaxe e se queredes ver como foi o recital buscade o voso vídeo nas entradas que veñen detrás.

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipramonvalenzuela/

CONTOS DESPOIS DE XANTAR

Este ano un grupo de axudantes de biblioteca prestouse para contarlle un conto aos nenos e nenas de infantil nos recreos de despois de xantar. Neste vídeo podedes ollar que ben o fan Xoana, Antía e Irune de 6º. Sodes fantásticas!! Seguide así!!!
Un saúdo e xa sabedes... PODEDES ATOPALAS NA BIBLIOTECA!!!


viernes, 27 de mayo de 2016

UN CONTO DE RAMÓN DE VALENZUELA PASEA POLA MURALLA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Os nosos contos empezan a aparecer. Un dos de Ramón de Valenzuela foi deixado na Muralla de Lugo. Somentes temos a foto. Cando saibamos algo máis xa volo contarei. Mentres a foto do libro en Lugo.

jueves, 19 de mayo de 2016

AUGA E LITERATURA

Os nenos e nenas de 5º e 6º particparon nun fermoso traballo proposto por A VOZ ESCOLA. A través dunha foto e uns versos elixidos por eles debían reflectir a importancia da auga e do coidado do medio. Aquí está o seu fantástico traballo.


miércoles, 18 de mayo de 2016

VISITOUNOS ANTONIO MANUEL FRAGA

O pasado 6 de maio tivemos a visita dun grande escritor, Antonio Manuel Fraga. Veu a presentarnos O grilo máxico. Un conto solidario que escribiu para a Asociación de Iniciativa Social Berce de Vigo. Foi un conto que nos encantou coma Xildas ou O Castañerio de Abril co que gañou o Premio Merlín de Literatura infantil no 2013.
Contounos que lle encantara a Historia Interminable, que Roald Dahl era un dos seus escritores favoritos, que escribía a man todos os seus libros e que somentes empregaba o ordenador cando estaban rematados... Un montón de cousas que podedes ver no seguinte vídeo.
Grazas por vir a pasar un ratiño con nós. Xa sabes que a nosa biblioteca deixou as portas abertas para unha segunda visita e... non esquezas o meu conto!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!


martes, 17 de mayo de 2016

Gracia contounos un conto

Hai uns días tivemos unha visita na nosa biblioteca. Veu Gracia Santorum. Chegou coa súa maleta chea de contos para pasar un ratiño cos nenos e nenas de infantil.Dende ese intre a imaxinación dos cativos púxose en marcha. Inventaron historias, viviron aventuras, xogaron cos contos, escoitaron contos,... nunha mañá que pasou rápida para todos.
Grazas por trasladarnos ese amor polo conto. Ver ese sorriso e esa ilusión nos teus ollos contaxia a grandes e pequenos. Sabes que sempre terás abertas as portas da nosa biblioteca. Agardámoste o ano que vén para organizar algunha actividade e contar novas historias.
Mentres deixamos aquí algúns momentos desa fermosa mañá de maio.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



lunes, 2 de mayo de 2016

O LOGO

Xa sabedes que vai facer un ano que cambiamos o nome da nosa escola. Dende o cole, os mestres, andábanse a preguntar como poder identificar o cole cun "logotipo". 
Despois de moito pensar (os mestres pensan moito) decidiron facer un concurso. Neste caso seredes vós ou as vosas familias os deseñadores e deseñadoras do "LOGO"
De aí parte o concurso do logo. As bases xa foron enviadas ás casas e están colgadas na páxina web do cole (premendo na foto podede velas tamén)



Xa vos irei contando que pasa co do LOGO. Incluso a posibilidade de facer unha exposición cos traballos que mandedes.
Non esquezades botar unha ollada para ver se sodes os gañadores!!!
Sorte a todos os artistas que participedes neste concurso!!!

LAMBECAZOLAS

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa sabedes que abrimos na páxina do cole unha sección de cociña.
Queremos que sexades quen de contarnos os pasos a seguir para elaborar unha receita e que vexamos como a facedes.
Seredes os "cheff galegos" da nosa escola por un día...
Non esquezades participar cos vosos amigos, pais, avós, tíos,... calquera compañía é boa para amosar as vosas receitas.
Calquera momento é bo para aprender a facer receitas e para facelas con quen mellor o pasamos ou con que máis queremos.
Agardamos moitos vídeos!!!
Se queredes ver os que están chegando premede na imaxe do "Lambecazolas" ou entra na sección da páxina web do cole.