jueves, 29 de marzo de 2012

Un cómic para Pascua... ou para calquera día

Ola nenos e nenas de Bandeira. Aí veñen as minivacacións de SEMANA SANTA. Hoxe decidín recomendarvos unha lectura distinta: "O CÓMIC". Comics para nenos e maiores que farán do voso tempo de lecer un intre de aventura. Pinchade na folla de cómic que vedes a continuación e veredes algúns dos comics que están á vosa disposición na biblioteca.

Un saúdo e xa sabedes... Vémonos na BIBLIOTECA!!

domingo, 25 de marzo de 2012

Día da Auga en 1º

Ola amiguiños!! Aquí estou para dar as grazas aos nenos e nenas de primeiro. O venres deixáronme esta pequena sorpresa na caixa de conversascongarabullo. Son uns preciosos debuxos cunha mensaxe: "Aforrar a auga". A auga é moi importante para a nosa vida. Non debemos desperdiciala!!
Agardo que vos gusten!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



jueves, 22 de marzo de 2012

DÍA DA AUGA

Ola amiguiños hoxe foi o Día da Auga.
Sabedes? Todos os días escoitamos a importancia da auga para a nosa VIDA, pero so facemos eso, escoitar. Non actuamos. Nas escolas celebramos o Día da Auga como se con traballalo un día chegase. Pero eu, Garabullo, non me conformo. Quero mostrarvos que a AUGA é moi, moi, moi importante. Anímovos a pensar na AUGA, a buscar información da AUGA, a ler libros e a ver documentais que teñan como tema central a IMPORTANCIA DA AUGA.
Quero que aportedes a vosa pequena solución para aforrar AUGA. Como? Pois a través dos vosos debuxos, dos vosos contos, das vosas ideas, das vosas pinguiñas de axuda...
Se cada un de nos aforra unha pinga de auga ao día xa está dando un paso adiante para salvar a nosa amiga AUGA.
Se queredes saber máis aquí tedes uns cantos contos onde a AUGA é o tema central.
Tamén anoto uns enlaces a uns cantos vídeos moi interesantes para que poidades ver a importancia da AUGA. (pinchade nos títulos e poderedes ver o vídeo).
DÍA DEL AGUA 2012
Día mundial del Agua 2012
Cuida el agua: estás a tiempo



Agardo que esta información non so os faga pensar, senón que tamén vos faga mudar de comportamento coidando un pouquiño máis a AUGA.
Un saúdo e xa sabedes VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

martes, 20 de marzo de 2012

A montaña parlante

Ola amiguiños:
Xa vexo que vos ides animando a deixar algún consello de lectura. Aquí temos o seguinte.

Eu recomendo un libro que vos pode interesar, chámase "La montaña parlante". É de Tea Stilton. Ten moitos libros pero este é un dos que máis me gustou. Trata de 5 ratas que van a Australia e viven unha aventura inolvidable. Encantoume este libro e aconséllovos que o leades.Ata pronto.
Miriam Barco Jiménez 5º
 
Un libro de aventuras, entretido, divertido... Apúntome a lelo!! Vós?
Pois correde á Biblioteca que está a esperar por todos nós!!
Saúdos e xa sabedes: VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
 

Diario de Greg 4

Ola amiguiños!! Continuamos coas recomendacións de lectura. Iago de 5º enviounos o seguinte correo:



"A min gustaríame que comprásedes o "Diario de Greg 4". Trata dun neno que quere pasar as vacacións na casa pero o pai ten outras ideas.

Iago Sánchez. 5º "


Xa tedes o "Diario de Greg 4" na biblioteca. Calquera consulta de como atopalo preguntádelle a José ou aos axudantes da biblioteca. Agardo de que vos entreteña e vos guste tanto como a Iago.
Un saúdo e VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 19 de marzo de 2012

Día do Pai

Ola amiguiños e amiguiñas hoxe é o día do pai. Que mellor xeito de celebralo que con unha boa lectura aos nosos pais, avós e todos aqueles que nos coidan e agasallan co seu cariño día a día?


Dende a Biblioteca deixamos este caleidoscopio de contos!!!
Agardo que vos gusten...
E xa sabedes: VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 14 de marzo de 2012

GARABULLO NEWS

martes, 13 de marzo de 2012

Inacio Vilariño Sanmartín. Hoxe unha visita no centro

Ola amigos e amigas. Como ben sabedes polos carteis da entrada do centro imos a ter unha visita dun contacontos: INACIO.
Inacio Vilariño Sanmartín, aínda que semella un adulto, é un neno coma nós. Dirixe a compañía Fantoches Baj. Con esta compañía representou entre outras obras Tío Miseria.



A súa admiración pola cultura popular vese tanto nas súas investigacións como nas súas creacións, sobre todo na literatura dramática. Entre moitos premios ten no ano 2009 o VII Premio Barriga Verde de Textos para teatro de monicreques na modalidade de adultos coa obra Auga que non vas beber... E no 2010 o VIII Premio Barriga Verde de Textos para teatro de monicreques, esta vez na modalidade infantil, con Fábula galénica na que homenaxea co título as narracións tradicionais, as radios de galena e a ciencia farmacéutica.

Promete ser unha visita moi especial, entretida e divertida. Agardo que vos guste e xa me contaredes.
Un saúdo a todos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

lunes, 12 de marzo de 2012

Un furacán chamado Otilia

Ola amigos e amigas:
E seguimos coas recomendacións.

Mario de 5º di que o libro Un furacán chamado Otilia é un libro moi emocionante e que lle gustou moito. Non nos QUERE dar pistas de que vai, así que si queredes saber máis deste interesante libro tedes que vir á Biblioteca. O tedes nas etiquetas verdes e está agardando a que o leades.
Saúdos e xa sabedes VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

Memoria de una vaca

Ola amigos!!
Aquí estamos de novo cunhas recomendacións de contos. Esta vez Soraya unha nena de 5º envioume un email aconsellando un conto que DE MOMENTO non temos na Biblioteca pero que procuraremos traer pronto. Así falou do libro Memorias de una vaca


"Ola compañeiros e compañeiras. Este libro non está na biblioteca pero é moi guai. Trata dunha vaca que tiña un ánxel da garda que non paraba de falar. Entón chámao "Pesado". Aínda que non paraba de falar: sempre axudaba á súa amiga a vaca.

Ben, pero se queredes saber máis tedes que ler o libro.
Soraya Fraga Pampín. 5º. "

Xa sabedes amiguiños, ímonos a facer con este libro que semella intrigante e divertido, para que todos e todas poidamos disfrutalo
Mentres xa sabedes: VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

domingo, 11 de marzo de 2012

O Día da Muller en CUARTO

Ola amiguiños! Os rapaces e rapazas de cuarto fixeron unha pequena homenaxe as mulleres da súa vida. A esas mulleres que están sempre preocupadas por nós. Mulleres capaces de traballar, adicarnos un intre do seu tempo, levarnos ao parque, xogar con nós, coidar a casa. Unhas super-mulleres que o día 8 de Marzo tiveron o seu día. Nós celébramolo dende a escola, na aula e na Biblioteca. Non so coas aportacións de lectura, tamén con traballos coma este dos nenos e nenas de cuarto. Deixáronnolo, para todos vós, na caixa de conversascongarabullo que hai na Biblioteca. Agardo que vos guste a todos e todas tanto coma a min.



Un saúdo
E xa sabedes VÉMONOS NA BIBLIOTECA

miércoles, 7 de marzo de 2012

Día da MULLER TRABALLADORA

Ola amiguiños! Hoxe é 8 de Marzo e celebramos o DÍA DA MULLER TRABALLADORA. Nestas datas deféndese a loita das mulleres a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.
Tamén na escola, e dende a BIBLIOTECA queremos facer participe a todos os nenos e nenas da importancia desta data a través dos contos. Aquí deixo unhas lecturas non so entretidas, tamén ilustran a importancia da muller na sociedade

Agardo que vos gusten e xa sabedes: VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

Biblio noticias: BAT-PAT

Ola amiguiños e amiguiñas de Bandeira:
Unha noticia para todos aqueles interesados na colección de BAT-PAT!!
Por un lado temos un libros na mochila viaxeira de 3º.
Por outro contarvos que o director está informado do voso interese por esta colección e tentará facerse con máis libros para a nosa Biblioteca.
Seguide mandando cousas ao meu emai conversascongarabullo@gmail.com ou deixandoas na caixa da entrada da biblio.
E xa sabedes.... VÉMONOS NA BIBLIOTECA

DESENCONTROS

Ola amiguiños:
Aquí estamos de novo para facervos novas recomendacións!!
Miguel deixou no email unha anotación dun libro diferente e entretido. Esto é o que me conta no seu email


" Lin o libro `"Desencuentros" de Jinmy Liao é gustoume moitísimo. Trata dunha parella de noivos que  nunca se vían ata que por fin chegou a primavera e entón vense e están xuntos.
Recoméndolle o libro sobre todo aos/-as que coma min len pouco."


Ten unhas imaxes preciosas. Divertídevos lendo!! e xa sabedes: VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

martes, 6 de marzo de 2012

RITA GIGANTE

Ola amiguiños:
 Hoxe un rapaz de sexto mandoume un email para facer unha nova recomendación. Esto é o que me dicía:
 
  "Ola garabullo:
  A min gustoume moito un libro que se titula Rita Gigante de Mikel Valverde.




  Trata dunha nena chamada Rita. É moi baixiña e quería ser alta. Un día atopou un vendedor de pócimas máxicas. Comproulle unha para medrar e...
  Para saber mais... Xa sabedes!: "Hai que ler o libro".
  Mirade se me gustou... que estaba moi impaciente por saber como acababa.

  Teñen que lelo moitos nenos e nenas porque é moi entretido!!!
   
       Miguel Rozas Gil, alumno de sexto".

Bueno amigos pois facendo caso desta estupenda recomendación vou ler un pouquiño e xa sabedes...
VÉMONOS NA BIBLIOTECA