sábado, 30 de marzo de 2013

A Fgueira de Pelostortos

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Que tal de vacacións? Eu gozando da biblioteca e de todos os libros que vou topando polos andeis.
O luns leín o conto A figueira de Pelostortos. Os rapaces de 2º prepararon este conto para o Samaín e moitos dos nenos e nenas do cole puideron velo na aula de medo. Pero o seu traballo non quedou ben recollido polo que esta semana que pasou voltaron a gravalo. Hoxe topei o video e decidín colgalo aquí para que poidades pasar todos un bo rato e veñades a ver este conto a biblioteca.


Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!! 

miércoles, 20 de marzo de 2013

Carozolandia

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Algún de vós foi pola segunda planta? Os nenos e nenas de 6º fixeron un fermoso traballo con carozos de millo. Carozolandia:
Propóñovos unha actividade... Unha pequena sorpresa para os tres primeiros nenos ou nenas que traian un refrán ou dito popular co carozo como tema, outro para os que traian un poema real ou inventado e por último unha fermosa sorpresa a aquel neno ou aquela nena que descubra algún conto da biblioteca no que haxa algún carozo.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!




20 de marzo Día da Narración Oral

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Sabedes que día é hoxe? É o día adicado a Narración Oral. Animádevos a buscar contos para contarlles aos vosos familiares, amigos e amigas, na aula... A biblioteca está chea de contos máxicos e divertidos para contar.


Outra idea é aproveitar os que nos propón a profe Lucía para ler esta semana e xuntamos a posibilidade de contar un conto cunha ensinanza.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 18 de marzo de 2013

21 de Marzo Día Internacional pola Eliminación da Segregación Racial

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Achéganse novas datas. Novos temas nos que pensar e polos que loitar!! Cada día hai algunha celebración que implica unha loita e unha victoria. Si porque día a día dende a escola ou dende a casa loitamos polos dereitos de todos e pasiño a pasiño imos acadando pequenos triunfos. Así esta semana temos outro pasiño a dar. O xoves celebramos o Día Internacional pola Eliminación da Segregación Racial. Palabras que din moito e ao mesmo tempo son difíciles de entender. A profe Lucía deixounos unha suxerencia para traballar este tema na biblioteca e algúns libros.
Son libros moi interesantes e divertido e van a axudar a que entendamos un pouco máis este tema que semella tan complicado.



Gustáronvos?
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

APRENDEMOS MOITO DO XADREZ

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Que tal as charlas de xadrez do venres? Gustáronvos? Pareceuvos divertido?
Non esquezades que na biblioteca tendes libros de consulta para aprender un pouco máis deste deporte e un taboleiro para que poidades practicar o que aprendemos o venres.
Como xa rematamos coa semana da prensa deixo aquí recollido un pequeno recorte do que podería ser unha noticia da charla de xadrez, para pechar a nosa semana de reporteiros e reporteiras.


Agardo que gozárades aprendendo algo de xadrez
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 11 de marzo de 2013

SUSA HERRERA visita o CEIP de Bandeira

Ola amiguiños e amiguiñas!!!!
Estamos de sorte!!! A semana pasada tiñamos con nós a Anxo Moure, que fixo que pasásemos unha tarde moi divertida... Pois mañá temos unha sorpresa.... Mañá ven a facernos unha visita a escritora e compositora Susa Herrera.
Aquí deixo recollida a noticia en forma de xornal para celebrar ao mesmo tempo esta semana da prensa así como unha pequena mostra do que fai Susa Herrera.

Aquí tedes unha a Susa Herrera nunha presentación dos seus "contos musicados" neste caso Animales enCantadores-El camaleón


Agardo que vos guste e mentres...
Xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 10 de marzo de 2013

Conversas con Garabullo

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Que tal de fin de semana? Supoño que preparando exames para afrontar estas últimas semanas antes das vacacións de Semana Santa.
Para que descansedes un intre de clases e estudo déixovos aquí unha recomendación de lectura que deixou Yago de 2º na caixa de conversascongarabullo da biblioteca.


Tanto Yago como Claudia deixaron un conto que amoso aquí para que leades no voso tempo de lecer.


 

Como punto final ensínovos o debuxo que me regalou Antía de 3º cando aconsellou que mercase películas de Barbie para a Biblioteca. Tal e como solicita Antía tratarei de traervos algunha.


Gozade cos vosos traballos e seguide deixándome unha chea de cousas na caixa de conversascongarabullo ou mesmo na dirección de correo: conversascongarabullo@gmail.es

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 6 de marzo de 2013

ANXO MOURE

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Teño unha marabillosa sorpresa. O xoves un atrapador de contos un defensor dos ríos e dos montes... vén visitarnos.
 
 Anxo Moure vive en Garabelos, unha pequena aldea á sombra das montañas da Serra do Faro, e non moi lonxe do río Miño. Enriba dun castiñeiro e un carballo, na Casa das Árbores. Esta casiña é un lugar de lecer, onde escoitar os contos que viven nas árbores. Un lugar para coñecer a Graciano Zoqueiro, trasniño Gaiteiro, que anda na procura da música das árbores e a quen vós podedes axudar.
 
Viaxa no seu ciclocarro para que así, os libros percorren rúas, bosques, praias, prazas,... Para engaiolar a grandes e pequenos, para reivindicar a lectura e a escoita como ferramenta cultural e para descontaminar o mundo cunhas simples pedaladas culturais. 
Entre outros libros de consulta e de lectura a ciclobiblioteca leva os libros escritos polo atrapador de contos: O Carballo con Botas, As Árbores da Paz, a Xacia Luviñas ou Plantarse...
Esta é a maxia que o xoves imos a descubrir. Grazas a Anxo Moure imos a gozar e a aprender a pedalear entre poesías, contos, historias, ilustracións, fotografías... 
Poñámoslle rodas a nosa imaxinación!!!

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

lunes, 4 de marzo de 2013

Semana adicada á Muller Traballadora

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Dende hoxe na entrada do cole hai uns libros aconsellados para ler nesta semana. Semana na que imos a celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora.
Pero... Que é eso do Día Internacional da Muller Traballadora?
A verdade que a min paréceme un pouco lioso entender esta conmemoración. Podédesme axudar a entendela ben?
Propóñovos que me vaiades contanto cousiñas para que o Día 8 de Marzo coas vosas aportacións publiquemos algo no Blog relacionado con esta celebración e que sexa feito por todos e todas.
Como punto de partida, eu propoño, este video feito polos nenos dun instituto onde fan referencia a un montón de mulleres Galegas que tiveron grande sona, non só en Galicia, senón que tamén fóra das nosas fronteiras.
Agardo as vosas aportacións.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!