Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Teño unha marabillosa sorpresa. O xoves un atrapador de contos un defensor dos ríos e dos montes... vén visitarnos.
Anxo Moure vive en Garabelos, unha pequena aldea á sombra das montañas
da Serra do Faro, e non moi lonxe do río Miño. Enriba dun
castiñeiro e un carballo, na Casa das Árbores. Esta casiña é un lugar de lecer, onde escoitar os contos que
viven nas árbores. Un lugar para coñecer a Graciano Zoqueiro, trasniño Gaiteiro, que
anda na procura da música das árbores e a quen vós podedes axudar.
Viaxa no seu ciclocarro para que así, os libros percorren rúas, bosques, praias, prazas,... Para engaiolar a grandes
e pequenos, para reivindicar a lectura e a escoita como ferramenta cultural e
para descontaminar o mundo cunhas simples pedaladas culturais.
Entre outros libros de consulta e de lectura a ciclobiblioteca leva os libros escritos polo atrapador de contos: O Carballo con Botas, As
Árbores da Paz, a Xacia Luviñas ou Plantarse...
Esta é a maxia que o xoves imos a descubrir. Grazas a Anxo Moure imos a gozar e a aprender a pedalear entre poesías, contos, historias, ilustracións,
fotografías...
Poñámoslle rodas a nosa imaxinación!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
miércoles, 6 de marzo de 2013
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario