miércoles, 18 de diciembre de 2019

UN LIBRO POLO NADAL

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Chegan as vacacións e o tempo de lecer e tamén tempo para ler. Dende aquí deixamos unhas recomendacións de lecturas moi divertidas e entretidas. Hai cómics, libros que fan rir, contos para aprender, contos con cd para escoitar e ler... Escollede o voso conto e non deixedes de contarnos cal foi o mellor. Felices Festas!!




lunes, 16 de diciembre de 2019

ITINERARIO LECTOR 2019-2020

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa rematamos un trimestre. Moitos de vós xa tedes os vosos itinerarios lectores en marcha. Esas lecturar "obligatorias" que facemos cos compañeiros na aula e que acaban sendo inesquecibles para nós.
Aquí deixo as lecturas escollidas por cada aula para formar o seu "Itinerio Lector".


lunes, 9 de diciembre de 2019

DigiCraft

Ola amiguiños e amiguiñas!! O alumnado de 4º, 5º e 6º está participando nun proxecto chamado DigiCraft.
DigiCraft é un programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas a través do xogo e da experimentación.
Cada semana temos unha sesión nova na biblioteca, onde imos aprendendo cousas sobre a realidade aumentada, como facer un pequeño videoxogo ou buscar información na rede con distintos buscadores.
Ollade coma traballamos!!



martes, 3 de diciembre de 2019

3 de Decembro "Día Internacional das Persoas con Discapacidade"

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe 3 de decembro celebramos o ·"Día Iternacional da Discapacidade".
O alumnado de 6º fíxonos a proposta. Púxose en contacto coas asociacións da zona (Lalín Diverso) e propúxonos colaborar con elas. Baixo o lema "Está na túa man" iníciáronse unha serie de actividades dirixidas a entender e valorar ás persoas que teñan algún tipo de diversidade. Unha das propostas era facernos fotos cunha man laranxa. Así, o cole unido fixo a súa foto erguendo esa man laranxa para loitar pola igualdade de oportunidades, para cambiar as cousas e loitar por un futuro mellor no que as persoas con limitacións teñan as mesmas posibilidades que o resto.


Nas vindeiras semanas continuaremos estas actividades cunha exposición na escola na que poderemos descubrir o día a día de nenos e adultos  con dificultadese e a súa maneira de superalas. Tamén haberá uns obradoiros impartidos por membros dunha destas asociacións
Non deixedes de escoitar Radio Garabullo e a información que irá chegando da man de 6º destas actividades.
Un saúdo e xa sabedes… "ESTÁ NAS VOSAS MANS"

lunes, 2 de diciembre de 2019

CESTA DAS SUXESTIÓNS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos a nosa vía de comunicación. Unha cesta de suxestións. Estará colocada preto da porta da Biblioteca. Diante do taboleiro de anuncios.



Non esquezades deixar todas as ideas que bulen polas vosas cabeciñas e poden axudar a mellorar a nosa biblioteca:
- Libros para mercar
- Xogos cos que aprender
- Proposta de actividades de lectura e escritura
- Xogos cos escornabots feitos por vós.
- Propostas de investigación
- Películas que nos faltan.
- Debuxos para decorar a nosa biblioteca.
-...
Non esquezades deixar todas as ocurrencias e suxestións que teñades.
Agardamos con impaciencia!!
Saúdos!! VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!