miércoles, 29 de noviembre de 2017

Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

Ao longo destas semanas, nas nosas aulas falamos da "Violencia de xénero".
Os nenos e nenas de 5º investigaron e xuntáronnos a todos para contarnos o que descubriron. Dun xeito máis sinxelo achegáronnos un tema un pouco complicado. Pero, foron máis alá. Compuxeron un RAP. Unha letra creada entre todos e musicada coa axuda de María,a profe de Música.
A continuación podedes ver o RAP e escoitar o resultado da investigación dos vosos compañeiros. Que son moi bos investigadores, mellores compositores de RAP e tócavos a vós valorar a súa interpretación.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


martes, 28 de noviembre de 2017

Biblioteca de Aula de 2º

Os nenos e nenas de 2º xa teñen a súa "Biblioteca de Aula". Están lendo Feliz Feroz, gústalles moito. Mirade que foto nos enviaron.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



martes, 21 de noviembre de 2017

CLUBE DE LECTURA DE 3º

Ola amiguiños e amiquiñas!!!
Como vai o curso? Agora que empeza a facer frío e hai que recollerse na casiña é un bo momento para coller libros e ler quentiños.
Os nenos e nenas de 3º recoméndannos "Sempre tes que meter o nariz".
É un conto de Victor Raga publicado pola editora Xerais. Escoitade o que vos din os vosos compañeiros e compañeiras deste conto e animádevos a lelo.



DÍA DAS BIBLIOTECAS

Atrás queda o día das bibliotecas no que tivemos a oportunidade de ver un vídeo feito polos vosos compañeiros, lembrar as normas da Biblioteca, aos nenos e nenas novos lles dimos o seu carné e unha sorpresa, un agasallo que deixei para todos vós.


lunes, 6 de noviembre de 2017

CONTOS DE SAMAÍN de 6º

NEGRA NOCHE é un conto de Dorothee de Monfreid. A historia comeza cun neno que ten moito medo no bosque. Todo está moi negro e escóndese no oco dunha árbore. Ve coma van pasando os animais ata que atopa un coelliño que ten un truco para vencer ao medo.

Este conto tan divertido foi adaptado polos compañeiros e compañeiras de 6º e facer así a nosa sesión de "Contos de Samaín".
Agardo que vos guste e desfrutedes tanto coma min.

domingo, 5 de noviembre de 2017

A LENDA DO CONDE DRÁCULA

Algúns compañeiros de 6º investigaron ao Conde Drácula. Descubriron que o autor da novela, Bram Stoker, inspirouse na lenda de Vlad "O fillo do Dragón" e decidiu crear o que sería a súa obra máis famosa.
"Drácula" foi publicada no 1897 e convertiuse nun éxito editorial, que dende a súa publicación nunca deixou de estar en circulación. A historia de Drácula ten algunhas semellanzas coa lenda de Vlad "O empalador"

Pablo, Rubén e María contan esta historia para maiores en tempos de Samaín. Queredes vela?