lunes, 25 de noviembre de 2019

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Hoxe na escola celebramos o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero".
Ao longo destos días é frecuente escoitar deste tema nas aulas, na prensa, nas rúas,... Nos pobos hai
mobilizacións de asociacións que loitan pola igualdade e os dereitos das mulleres.
Para nós é un tema un pouco complicado de entender. Así que os compañeiros e compañeiras de 3º decidiron contarnos algo deste día a través dun conto: "Cando as nenas voan alto".

Cando as nenas voan alto é un conto de Raquel Díaz Reguera, publicado pola editora Lumen. Nesta historia Adriana, Ximena e Martina teñen grandes soños para cando sexan maiores. Pero vai a aparecer alguén que faga que perdan a ilusión... Que acontecerá?

As compañeiras e os compañeiros de 3º fixeron a súa propia versión para todos nós.  Aquí deixo o enlace para que poidades ver tantas veces coma queirades.
Parabéns ás nenas e nenos de 3º por facelo tan ben.




jueves, 7 de noviembre de 2019

Polo San Martiño trompos ao camiño

Ola amiguiños e amiguiñas!! Chegou o tempo dos Magostos e nós coma todos os coles tamén temos a nosa Festa e teremos xogos, carreiras e castañas.
Os compañeiros e compañeiras de 3 anos contáronnos na páxina do cole todas as actividades que imos a ter mañá para celebrar esta data.
Unha das cousas que imos a facer é xogar cos trompos, peóns, bailaretes, buxainas... e, coma o día non pinta moi bo, aconsellámosvos esta actividade que atopamos na páxina de brinquedia.
Picade na foto e a aprender moito do Peón. A xogar co "pasapalabra" do Peón!!!



miércoles, 6 de noviembre de 2019

O LOBISHOME

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa temos a fantástica interpretación que os compañeiros e compañeiras de 5º fixeron da obra O lobishome de Paula Carballeira.
Queredes velo? Pois veña!! Ollade!!
É terrorificamente divertida!!!


viernes, 1 de noviembre de 2019

SAMAÍN NA ESCOLA

Ola amiguiños e amiguiñas!!
O pasado mércores celebramos o Samaín na escola. Como xa se foi anunciando a través da radio tivemos moitas actividades. Dende a visita de todas as aulas á exposición de cabazas ata a celebración do Samaín na escola. Tivemos teatro grazas ao alumnado de 5º, houbo un baile de 1º e unha procesión da Santa Compaña que rematou nun baile dos mortos feito por 6º.  Para rematar un misterioso conxuro e un riquísimo biscoito para todos e todas. De premio música e tempo de lecer, moitos disfraces e pequenas recompensas polas aulas. Fantástico día!!
Queredes ver un resumo do ben que o pasamos? Pois preme no vídeo!!