viernes, 24 de mayo de 2013

DíA SOMOS. Unidos para cambiar o mundo

Ola nenos e nenas de Bandeira!!!
Hoxe dende a escola démoslle a volta a roupa como mostra da nosa vontade de darlle a volta ao mundo. Sabemos que esta mensaxe só ten sentido cando todos e todas nos unímos para acadar un mesmo fin e, por iso, sumamos o noso esforzo neste día. No Día SOMOS.



Esta foi a nosa pequena aportación e para que lle sigades dando a volta ás cousas aí vai un vídeo informativo e se pinchades en: somos un enlace a páxina oficial.

Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!! 


jueves, 23 de mayo de 2013

Para min un libro é...

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Hoxe topei na rede un vídeo que me emocionou. Gustoume porque transmite a importancia dun libro. O valor que ten...
Cando celebramos o día do libro, a biblioteca e a escola fixemos un troco. A cambio de que acabarades a frase "Para min un libro é..." a biblioteca agasallouvos cun conto.
Foi fermoso saber que para todos nós un libro é un tesouro, un amigo, unha porta a imaxinación, un compañeiro co que pasar horas e horas sen nos aburrir, alguén que nos emociona e fai chorar e rir.
Un libro é un tesouro e o seu valor e ilimitado... Pode facer que sintamos a calor do sol aínda que chova, que sexamos princesas, príncipes, piratas, raíñas, leóns,... calquera cousa que parta das súas letras e se sume a nosa imaxinación.
Vendo as vosas caras xa sabemos o que é un libro para vós... Ollade!!



Sumado á vosa ilusión polos contos aquí deixo un video para que vexades o "Valor dun libro" para Irene. Irene ama ler porque os libros fanna sentir moi feliz...




Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 22 de mayo de 2013

Obradoiro de Autoestima

Ao longo deste trimestre os nenos e nenas de 2º estiveron facendo un "Obradoiro de autoestima" coa profe Lucía. Pouco a pouco aprenderon a coñecerse un pouco a si mesmos e aos seus compañeiros.
Foi unha actividade lúdica, globalizadora, activa... onde os contos xogaron un papel principal.
Leeron moitos dos contos aquí propostos:






Tamén aprenderon a describirse, amosar como se ven a si mesmos a través do que se convertiu nunha actividade creativa, imaxinativa e cun fermoso resultado. Foi empregando caixas decoradas por eles mesmos como puideron explicar aquelo que máis lles gusta e atrae, como son... aquelo que máis os identifica. Aquí deixo as fotos.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


domingo, 19 de mayo de 2013

Sexto Libera o seu poema

Outra vez aquí!!
Hoxe, os rapaces e rapazas de sexto, recitaron Adiós ríos, adiós fontes para se despedir desta fermosa actividade.
Ao longo de dúas semanas todos os cursos fixemos unha particular conta atrás, para chegar ao día das LETRAS GALEGAS.
Liberando cada día un poema quixemos honrar á nosa grande poeta Rosalía de Castro e a súa obra Cantares Gallegos símbolo das nosas letras. Máis, neste ano 2013, no que se cumpren os 150 anos da publicación desta fermosa obra.
Eran moitos os poemas a escoller pero poucos os cursos e o tempo... cada poema foi único, diferente, impregnado coa ilusión dos nenos e nenas que os recitaban, coa súa alegría e coa súa personalidade propia.
Rematamos, pois, co poema que quizáis foi o máis coñecido, querido, aprendido, recitado, cantado e que mellor reflexa o sentir dun galego cando ten que dicir adiós a súa terra, a súa xente, a unha vida,...
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
  

Quinto Libera o seu poema

Ola rapaces e rapazas!!
Xa está aquí un novo poema. O mércores foi quinto o que recitou para nós " Airiños airiños aires" da nosa querida Rosalía. Cada curso un poema máis e polo tanto un día menos para celebrar as Letras Galegas 2013. Fanno xenial!!!
Agardo que vos guste e entreteña!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



miércoles, 15 de mayo de 2013

Cuarto Libera o seu poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Como di o poema que cuarto recitou hoxe "Vente rapaza" eu chámovos rapazas e rapaces para darvos os parabéns por este traballo que estades a facer. É difícil interpretar cada día un poema de Rosalía sen caer na repetición, no mesmo xeito de interpretar, deixando unha pegada propia de cada curso. Sempre quedo abraiado co que vexo no salón de actos. Polo voso empeño e ilusión; e pola satisfacción das cousas ben feitas... Orgulloso de ser a vosa mascota amósovos aquí o resultado do voso traballo.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



martes, 14 de mayo de 2013

Terceiro Libera o seu poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Tal e como vimos facendo estos días e achegándonos xa ao día das Letras Galegas continuamos liberando poemas. Hoxe tocoulle o turno a Terceiro que recitaron o poema Meniña Morena
Dun xeito divertido e musical foron achegándonos unha vez máis aos fermosos poemas de Rosalía.
Aquí deixo o poema.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

   

Letras Galegas

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Xa chegan as letras galegas. Levamos un mes de celebracións!!
Liberamos cada día un poema do poemario Cantares Gallegos de Rosalía de Castro
Celebramos a Romaría cun pequeno guiño á tradición galega
Acercámonos a grandes defensores da nosa lingua e da nosa cultura a través da palabra escrita.
Este ano acercámonos a Roberto Vidal Bolaño. Premendo na imaxe podedes descubrir e achegarvos a este homenaxeado polas nosas letras
 

Agardo que aprendades moitas cousas dende este enlace.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

Gracia cóntanos un conto

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Sabíades que para celebrar o mes de abril, o mes dos libros tivemos no centro unha marabillosa contacontos?.
Así foi o día 22 de abril Gracia achegouse ao centro para contarlle aos nenos de infantil un fermoso conto:


Imos a cazar un oso é un conto que nos leva a pensar na valentía e nos medos. Con Gracia atravesamos un campo de herba, un bosque, un río... descubrimos que cazar un oso é unha aventura chea de emoción e imprevistos, unha aventura da que todos chegamos a formar parte.
Aquí deixo unhas imaxes desta nova aventura que tivo o seu punto de partida na Biblioteca.
Moitas gracias pola túa ilusión e por dar vida ás fantásticas historias que encerran os contos das nosas bibliotecas.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



jueves, 9 de mayo de 2013

Primeiro Libera o seu poema

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Aquí de novo para amosarvos o poema que recitaron onte os nenos e nenas de primeiro. Neste caso o título do poema é "Un repoludo gaiteiro". Un poema tamén de Rosalía de Castro pero que na voz destos nenos e nenas gaña vida, gracia, tenrura...
Queredes velo? Pois eso esta feito!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


miércoles, 8 de mayo de 2013

Segundo Libera o seu poema

Ola amiguiños e amiguiñas de Bandeira!!
Gustouvos o poema de segundo? Hoxe recitou "Quíxente tanto meniña" tamén de Rosalía de Castro da obra Cantares Gallegos.
É fascinante observar día a día a ilusión que poñedes para que todas as actividades feitas no centro sexan tan amenas, divertidas e merezan a pena.
Parabéns polo voso traballo
Aquí deixo o poema de hoxe e espero con moita ilusión o de mañá, que lle toca a primeiro.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


lunes, 6 de mayo de 2013

Infantil libera un poema

Ola amiguiños e amiguiñas.
Comezamos a semana adicada ás Letras Galegas. Como primeira guinda os nenos e nenas de infantil recitaron o poema de ROSALÍA DE CASTRO Has de cantar.
Que dicir do recital? Só podo dicir: "Escoitade e aplaudide" porque o fan de marabilla.
Agardo que vos guste tanto coma a min.



Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 5 de mayo de 2013

OBRADOIRO CUN FERREIRO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Moito traballo!! É unha experiencia fantástica ver o ben e o moito que traballades...
Pois ben, hoxe, para rematar cos "apadriñamentos de palabras" deixo unhas imaxes da charla que tivemos co Ferreiro. No noso "taller de ferreiros"  pouco a pouco aprendemos como funcionan as ferrerías. Que cousas se fan, as ferramentas que se empregan, como avivar un lume ou como amañar a roda dun carro... Soupemos como estos oficios requiren moito tempo e paciencia pero que o resultado é diferente do que consegue unha máquina.
Moitas grazas ao señor Ferreiro por deixarnos un doce sabor de boca e por compartir con nós o lado fermoso do traballo do "Ferreiro".
Para el e para todos vós unha mostra do que ese día aconteceu na Biblioteca.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!