jueves, 30 de enero de 2020

Iriña bailarina


Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe rematamos as "Lecturas pola PAZ" cun conto moi especial . É especial porque pasou por todas as aulas, o limos, o comentamos e o sentimos e mañá remataremos estas actividades dedicadas a conmemorar o "Día Escolar da NON Violencia e a PAZ" indo ao auditorio de Bandeira a ver unha representación desta obra da man de Ghazafelhos.
"Iriña Bailarina" das autoras Cristina Justo e Paloma Rodríguez, editado por Embora amosa coma Iriña, unha bailarina de caixa de música, quere cambiar... esta cansa de ser sempre o mesmo e quere sair da súa Caixa e ser pirata, boneco de futbolín...
Non deixedes de ler e ver este conto que rompe cos estereotipos e defende a Igualdade e a PAZ!!


Por catro esquiniñas de nada

Ola amiguiños e amiguiñas!! Nesta xornada de "Lecturas pola PAZ" para infantil, os colaboradores levaron o conto "Por catro esquiniñas de nada" de Jerome Ruiller e publicado pola editorial Juventud.
É unha historia que fala da aceptación, da superación e da autoestima. O máis curioso é que as protagonistas son figuras xeométricas.
Non volo perdades!! 




miércoles, 29 de enero de 2020

Contos de Igualdade por Zaira, Alba e Silvia

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe Alba, Silvia e Zaira de 6º foron ata a radio para contar o conto de "Maruxa" da escritora Eva Mejuto e publicado pola editorial OQO.
Este conto é moi importante porque garda valores de igualdade. Para estas nenas con esta historia a autora quere amosar que os homes e as mulleres somos iguais e Maruxa, de xeito astuto, logrará que Pepiño tome consciencia de que o traballo da casa está mal repartido e consegue que cambie de actitude.
Non deixedes de pedir o conto na biblioteca ou escoitalo no noso canal de radio.


martes, 28 de enero de 2020

Arriba e abaixo

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe os compañeiros de infantil continúan coas "Lecturas pola PAZ". Os colaboradores da biblioteca de 5º contáronlles o conto "Arriba y Abajo", un libro de Oliver Jeffers.
É unha fermosa historia acerca da amizade e da importancia de acadar os soños, e de aceptar a realidade.
Un conto moi bonito e divertido que non debedes deixar de ler ou de ver no seguinte vídeo.

lunes, 27 de enero de 2020

PARABÉNS NA HORA DE COMER E AS NOVAS DO TEMPO DE LECER

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe emitimos o segundo programa de "Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer". É un pequeno programa de radio que emite en directo para o comedor da escola. Tamén, dende hoxe, pode escoitarse coma "Podcast" na plataforma ivoox ou pinchando na barra lateral do Blog ou da páxina do cole
A través deste programa de radio Rosalía e Brais de 6º irán felicitando a todo o alumnado do centro polo seu aniversario. Aproveitarán tamén para contar novas do cole. Tanto do que xa pasou e non puideron informar ou do que vai a pasar ao longo da semana.
De seguro que vos engancha.


A GUERRA DOS NÚMEROS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe os compañeiros de infantil comezaron a súa tandada de "Lecturas pola PAZ". A guerra dos números foi o libro interpretado polo alumnado depara contarlles a infantil.
Neste libro da editorial OQO, o escritor Juan Darién cóntanos coma "UN" era un número moi pequeño. Sempre estaba só e sentía envexa dos demáis, que tan superiores lle parecían. Un día o "Rei Menos" déulle uns planos para construír unha arma terrible: O signo menos...
Pero xa non conto máis. Animádevos a coller o conto na biblioteca ou ollar neste vídeo coma o contan os compañeiros e compañeiras de 5º.



miércoles, 22 de enero de 2020

IMAGINE

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa está cerca o Día da PAZ. Coma todos os anos a Biblioteca propón esas lecturas que fan que este concepto, ás veces tan difícil de entender, semelle máis claro para nós.
Hoxe Sandra, Ana, Jorge e Martín de 5º, colaboradores da Biblioteca, fixeron unha interpretación do conto "Imagine" basado na canción do mesmo nome de John Lennon e publicado pola editorial "Flamboyant".
Dende hoxe e ata o día 30 teremos as Lecturas para a PAZ. En primaria seis lecturas que pasarán por todas as aulas e coas que traballaremos nestes días. Infantil escoitará catro contos interpretados polos nenos e nenas de 5º, colaboradores da biblioteca.
Estas semanas dedicadas á PAZ rematarán coa visita ao auditorio para ver a obra de teatro "Iriña Bailarina".
Aquí deixamos un vídeo do conto e o programa de radio do conto de hoxe. Non esquezades que o poderedes levar Imagine en préstamos cun código QR para que poidades escoitalo tantas veces coma queirades a través dos vosos dispositivos móbiles.

O TROMPO

Ola amiguiños e amiguiñas!! O martes contamos na radio cunha visita moi interesante. O avó de Rosalía e Candela . Falou dos trompos para continuar asentando o Proxecto dos Xogos Tradicionais iniciado no cole anos atrás.
Ramiro Agra é un grande artista e coñecedor de xogos populares. Aprendemos moito con el. De todo o que máis nos gustou foi a súa capacidade de facer trompos tallándoos el mesmo cunha trencha.
Escoitade todo o que nos contou.


viernes, 17 de enero de 2020

DÍAS DE PAIS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Cada mércores a nosa biblioteca énchese cos vosos pais e nais que veñen a ler un conto con vós ou a escoller as lecturas da semana.
Dende a biblioteca só podemos agradecer ese apoio. Encántanos saber que os contos e a biblioteca están covertíndose nun lugar polo que hai que pasar e a lectura algo co que gozar nese ratiño que compartimos con papá e con mamá.
Grazas polo voso apoio!!! Agardámosvos o vindeiro mércores!!


jueves, 16 de enero de 2020

CHARLA URBASER

Ola amiguiños e amiguiñas!! Onte os nenos e nenas de primaria asistiron a unha charla: "Un novo ciclo de vida para o lixo" da empresa "Urbaser". Grazas a eles aprendemos coma debemos facer para reciclar. Lembramos en que colector debemos tirar o lixo que xeneramos.
Aínda así non estamos de todo convencidos de, por que temos que reciclar? Pois aqui deixo dúas recomendacións de lectura que podedes atopar na biblioteca. Quizais sexan unha boa axuda para entender a importancia de reciclar.



miércoles, 15 de enero de 2020

LEMON

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe poñémonos moi serios.Que está a pasar no mundo co plástico?. Realmente coidamos o noso Medio Ambiente? Cumprimos a regra das tres erres? Reciclamos correctamente? Reutilizamos todo o que temos á nosa man? Reducimos o lixo?
Son preguntas que temos que facernos, temos que falar na aula cos profes e compañeiros; e nas casas coas nosas familias... 
Dende hoxe imos a apostar por mellorar o noso compromiso co Medio Ambiente. Queremos que unha curta como a que aquí queda pase a ser algún día unha curta de ficción e non unha realidade coma é hoxe en día.


viernes, 10 de enero de 2020

FORMACIÓN CON "PONTE NAS ONDAS"

O pasado 17 de decembro tivemos a sorte de contar con Damián e Xerardo  de "Ponte nas Ondas".
Grazas a eles os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º chegaron a entender aspectos moi divertidos, básicos e difíciles da lectura, da redacción e da emisión e maquetación na radio. Aprenderon os pasos básicos para conseguir una boa interpretación; cada lectura é distinta e implica unha boa posición do corpo, dos brazos,... a emoción con que lemos… A continuación experimentaron con "Audacity" para poder correxir os erros nun audio. E xa, para rematar o que foi unha xornada ideal, entre todos e todas fixeron  o seu primeiro programa de radio. Unha actividade moi divertida e inesquecible que podedes ver aquí resumida.
Non deixedes de escoitar o programa que tedes máis abaixo.