Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe emitimos o segundo programa de "Parabéns na hora de comer e as novas do tempo de lecer". É un pequeno programa de radio que emite en directo para o comedor da escola. Tamén, dende hoxe, pode escoitarse coma "Podcast" na plataformaivoox ou pinchando na barra lateral do Blog ou da páxina do cole. A través deste programa de radio Rosalía e Brais de 6º irán felicitando a todo o alumnado do centro polo seu aniversario. Aproveitarán tamén para contar novas do cole. Tanto do que xa pasou e non puideron informar ou do que vai a pasar ao longo da semana. De seguro que vos engancha.
O Ceip de Bandeira convídavos a coñecer, coa axuda de Garabullo, a nosa Biblioteca e a mergullarvos no fascinante mundo dos libros. Neste curso viaxaremos a miles de experiencias inesquecibles... AGARDÁMOSVOS!!!!
Buscar este blog
PDI "CREATECA"
Cada conto aporta aprendizaxes infinitas. Preme na imaxe e segue aprendendo
BIBLIOTECA CREATIVA 2023-2024
Premendo na imaxe podedes ver as actividades de Biblioteca Creativa
LECTURA E FAMILIA
Premendo na imaxe poderedes acceder ás actividades relacionadas con este proxecto
Bibliotecas Escolares
RADIO NA BIBLIO
Preme na imaxe e poderás ver todos os "Podcast" de Radio Garabullo para RADIO NA BIBLIO
0 comentarios:
Publicar un comentario