lunes, 31 de mayo de 2021

6º FACENDO CAMIÑO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Os peregrinos do CEIP Ramón de Valenzuela comenzan a facer pequenos tramos do camiño de Santiago, que pasan pola nosa contorna. Nesta ocasión foron os nenos e nenas de 6º que fixeron o tramo Ponte Taboada-Castro de Toiriz. A ruta merece a pena!!


RAP XELA ARIAS

Ola amiguiños e amiguiñas!! Nesta escola sodes incansables. Traballades moito día a día na aula e aínda así seguides colaborando e participando nas conmemoracións e datas especiais de todos os xeitos inimaxinables. Contos, cadros, murais, programas de radio,... sodes uns artistas. Os compañeiros e compañeiras de 6º deixaron en Radio Garabullo unha mostra da súa capacidade creativa facendo un RAP que tiña como tema a vida de Xela Arias. Un xeito diferente de honrar á nosa poeta, traductora, mestra,... homenaxeada neste ano no "Día das Letras Galegas"


viernes, 28 de mayo de 2021

NOTAS DE AQUÍ

Os programas de radio continúan para o comedor. Hoxe deixamos o enlace a "Notas de Aquí" da man de Candela Agra e Ana Molinos de 6º que van a falar de Paco Cerdeira máis coñecido coma Pakolas.

martes, 25 de mayo de 2021

DITOS E REFRÁNS

Ola peregrinos!! Pouco a pouco van saíndo os vosos traballos. Moito aprendemos do camiños e agora toca compartir para aprender moito máis.

Os compañeiros e compañeiras de 3º recolleron ditos e refráns que aquí deixan para que recuperemos cando precisemos.

Tanto a través desta presentación ou do vídeo amosado máis abaixo!

Bo camiño!!




O CAMIÑO DE SANTIAGO POR INFANTIL

Ola amiguiños e amiguiñas!! Como traballades todos e todas. É marabilloso ver o voso inxenio e creatividade. Mirade que Lupbook e que xogo idearon os nosos compañeiros e compañeiras de infantil para colaborar no noso proxecto "Facendo Camiño". Un traballo fantástico e moi divertido!!




lunes, 24 de mayo de 2021

INTELIXENCIA ARTIFICIAL E ROBÓTICA

Ola amiguiños e amiguiñas!! DIGICRAFT continúa a súa andaina. Avanzamos nas actividades e entramos no mundo da intelixencia artificial e da robótica.

Non deixedes de ver o ben que traballades en cada unha das sesións. Interese, diversión, motivación e aprendizaxe... todo unido da man de DIGICRAFT.

Explorando Sistemas:

Exploradores de Internet:

Coñecendo o noso entorno coa Intelixencia Artificial:

Na busca da Arte Perdida:

Non poñamos etiquetas, os Robots teñen cerebro:

miércoles, 19 de mayo de 2021

A Praza do Obradoiro un museo na rúa para todos

Ola amiguiños e amiguiñas!! Sabedes que día é hoxe? Hoxe celebramos o "Día Internacional dos Museos! Baixo o lema "O futuro dos museos: recuperar e reimaxinar". Isto é o que nos propón o alumnado de 2º.

Grazas a unha lectura que xurdiu no libro de lingua decidiron recuperar parte do patrimonio material que temos da nosa man para lembrarnos a súa importancia. Uniron o noso proxecto "Facendo camiño", unha sesión da aula da clase e unha data coma a de hoxe para falarnos na radio dun museo a pé de rúa: A PRAZA DO OBRADOIRO. Para que coa nosa imaxinación nos traslademos a esa praza a ver os fogos de artificio da noite de Santiago Apóstolo; que imaxinemos ós peregrinos cando entran na Praza do Obradoiro e as súas vivencias, que imaxinemos e recuperemos a nosa Praza, a Praza do Obradoiro e a súa historia.


martes, 18 de mayo de 2021

UNHA VISITA EN MAIÚSCULAS

 

Así agardaba a nosa biblioteca polos que foron axudantes da biblioteca o pasado ano. Nenos e nenas de 6º que tiveron que deixar o noso cole sen un adeus, sen unha aperta e sen poder darlles as grazas pola súa axuda e por crer en min, dándome tanta vida.

O pasado venres achegáronse ao cole para recibir unha aperta simbólica dos ex-compañeiros e compañeiras que os agardaban nas ventanas para aplaudirlles e dicirlles o moito que os botamos de menos.

Coas medidas COVID correspondentes, fixeron unha visita á biblioteca onde recibiron da man da que sempre será a súa mestra, do equipo de biblioteca e do equipo directivo, uns agasallos e un mimos que esta pandemia lles roubou.

Momento felices de biblioteca dos nenos e nenas que conseguiron que eu Garabullo siga vivo vixiando esta biblioteca. Grazas rapaces e rapazas do instituto pola vosa visita. Únome nos desexos dos que formamos este cole para que teñades moita sorte no voso novo camiño.


O RETO DE GARABULLO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Gustouvos o reto do pasado venres? Xa vin que todos tiñades moi claro quen era a homenaxeada este ano polas Letras Galegas. Chegaron a min todas as vosas respostas e xa vexo que todos sabedes quen é Xela Arias e moitas máis cousas da ilustre mestra, poetisa e traductora galega.

Tamén me gustaría lembrar a Ricardo Carvalho Calero protagonista das "Letras Galegas 2020" e que por mor do COVID non lle rendemos a debida homenaxe.

Ambos foron inmortalizados a pasada semana na fachada do cole continuando cunha fermosa tradición instaurada dende o ano 2016 con Manuel María, grazas a Picho, o noso pintor de man, que sempre está disposto a facer cousas para os nenos e nenas do cole de Bandeira.

Déixovos coa mirada inconformista e creativa dos nosos ilustres galegos e coa vosa mirada inxenua e segura cando conseguíchedes superar o reto e acadar a vosa chapa de Xela Arias. Xa sabedes que agardo por vós na biblioteca para facer as vosas chapas personalizadas!!



Agora sodes vós os protagonistas!! Agárdovos na Biblioteca para crear as vosas chapas!!!

NOTAS DE AQUÍ 10

Xela é a protagonista do mes. A homenaxeada nas nosas letras tiña tamén que aparecer nos nosos programas de radio. Nesta ocasión será en "Notas de Aquí" da man de Candela e Ana de 6º que nos achegan á obra de Xela a través da música da "Banda da Loba".

"A banda da Loba" é un grupo de música galega integrado por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. No programa de hoxe falarán do seu disco dedicado a Xela Arias que leva por título "Hasme oír".

XELA ARIAS POLO ALUMNADO DE 5º

Ola amiguiños e amiguiñas!! Seguimos sacando á luz os traballos de Xela Aria. O alumnado de 5º fixo un monográfico da poeta e traductora. Unha experiencia de aprendizaxe que rematou cun programa de radio onde Xela cobra vida para contarnos moitas curiosidades. Escoitade!!

miércoles, 12 de mayo de 2021

PARABÉNS NA HORA DE COMER

Ola amiguiños e amiguiñas!! Como ben sabedes Radio Garabullo está emitindo en directo os mércores o programa de "Parabéns na hora de comer".

Cada mércores do mes de maio Tania, Uxía e Carla de 6º irán felicitando a todos os compañeiros e compañeiras polo seu aniversario. 

O primeiro programa foi o día 5 de maio e felicitaron a todos os nados no primeiro trimestre do ano (Xaneiro, febreiro e marzo) e hoxe 12 de maio ós nados no 2º trimestre (Abril, maio, xuño).

Seguide escoitando a nosa emisora xa que neste programa ademais de felicitar o aniversario hai moitas sorpresas e curiosidades.

1º programa:

2º programa:

martes, 11 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS I

O día das "Letras Galegas" achégase pouco a pouco.
Dende hai uns días na entrada do cole tedes unha exposición de contos e libros de Xela Arias. Tanto os seus poemarios coma aquelas obras que foron traducidas por elas. 


As vosas obras empezan tamén a agromar!! Hoxe colgamos un programa de radio feito polo alumnado de 1º. Investigou sobre poesía e Xela e fixeron un podcast para contarnos o que aprenderon. Ademais contaron coa participación dunha mamá para completar o seu traballo. Un resultado excelente. Escoitade!!

AS NOVAS DA HORA DE COMER RECIBE UN AGASALLO

Ola amiguiños e amiguiñas!! Un luns máis Esther de 5º e Uxía de 4º emitiron en directo para o comedor do cole, cunha pequena sorpresa.

Como ben sabedes, hai un par de semanas, Gúmer Portas, de Radio Lalín, pasou unha tarde co alumnado de 4º falando da súa experiencia na radio e deulles uns cantos consellos para a emisión en directo e tamén para facer novos programas.

Despois dunha entrevista moi divertida e amena foron á Radio. Alí Gúmer prestouse a colaborar con Radio Garabullo, cando así o desexáramos, e esta semana, agasallounos cunha entrada para o programa dos luns. 

Hoxe Esther e Uxía presentaron a entrada de Gúmer, ademais de falar das novas do cole e das actividades que faremos para celebrar as nosas letras, as "LETRAS GALEGAS". 

Escoitade!!

miércoles, 5 de mayo de 2021

XELA ARIAS, Letras Galegas 2021

Xa chegou maio cheo de flores e letras. As nosas letras galegas. Toca celebrar a nosa lingua e rendirlle homenaxe a aqueles autores e autoras que escolleron o galego para escribir os seus contos, novelas, poemas,... Este ano a escritora, tradutora, poetisa a quen lle rendimos homenaxe é Xela Arias.
Se queredes  saber máis de Xela Arias aquí vos deixamos enlaces moi interesantes e divertidos. Premede na imaxe e... a xogar e aprender!!

As propostas de todos os ano dos Seminario Galán, sempre coa súa parte didáctica e a o seu pequeno reto en forma de xogo.


Outra posibilidade é acceder as propostas que trae a Real Academia Galega a través da Primavera das Letras


E xa para rematar deixamos as propostas de algúns centros educativos para coñecer a Xela Arias e para xogar con todo o que dela aprendemos.


E...  Por suposto, para xogar empregando todos os coñecementos que xa temos!!


Sen esquecer todos os recursos que podedes atopar no Portal da Lingua Galega


 

domingo, 2 de mayo de 2021

4º de Primaria entrevista a Gúmer Portas

O pasado xoves o alumnado de 4º tivo unha interesante entrevista con Gúmer Portas locutor de Radio Lalín, unha emisora local do Concello de Lalín.
Os rapaces e rapazas de 4º estaban moi documentados. Sabían moitas cousas do traballo e das inquedanzas do seu invitado polo que pasaron unha xornada moi divertida e entretida.
Gúmer aproveitou tamén para loar o bo traballo que o alumnado fai en Radio Garabullo e deulles algúns consellos para os seus programas.
Despois da entrevista visitaron as instalacións de Radio Garabullo e Gúmer prometeulles facer algo interesante con eles de cara ó vindeiro ano.
Grazas Gúmer pola túa simpatia e polos consellos!!

sábado, 1 de mayo de 2021

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

O pasado 15 de marzo celebramos o "Día Mundial dos Dereitos do Consumidor". Os vosos compañeiros e compañeiras de 5º sentiron moita curiosidade por esta data e estiveron investigando. Trátase dun tema moi importante e moi complicado de entender!!! Decidiron adaptalo a nós e ampliar a información nun programa de radio adicado ós "Dereitos do consumidor" Escoitade!!