martes, 18 de mayo de 2021

UNHA VISITA EN MAIÚSCULAS

 

Así agardaba a nosa biblioteca polos que foron axudantes da biblioteca o pasado ano. Nenos e nenas de 6º que tiveron que deixar o noso cole sen un adeus, sen unha aperta e sen poder darlles as grazas pola súa axuda e por crer en min, dándome tanta vida.

O pasado venres achegáronse ao cole para recibir unha aperta simbólica dos ex-compañeiros e compañeiras que os agardaban nas ventanas para aplaudirlles e dicirlles o moito que os botamos de menos.

Coas medidas COVID correspondentes, fixeron unha visita á biblioteca onde recibiron da man da que sempre será a súa mestra, do equipo de biblioteca e do equipo directivo, uns agasallos e un mimos que esta pandemia lles roubou.

Momento felices de biblioteca dos nenos e nenas que conseguiron que eu Garabullo siga vivo vixiando esta biblioteca. Grazas rapaces e rapazas do instituto pola vosa visita. Únome nos desexos dos que formamos este cole para que teñades moita sorte no voso novo camiño.


0 comentarios: