martes, 19 de junio de 2018

O CATAVENTOS

A capacidade que tedes nas vosas mans de crear é inmensa. Non deixedes de inténtalo. Así fixeron Carme e Luisa, colleron Catavento de María Victoria Moreno e compuxeron unha canción. Letra, música, rtimo,... Unha fermosa canción para homenaxear á gran escritora a quen lle dedicamos as Letras Galegas.


UNHA PAUSA NA BIBLIOTECA

Este ano seguimos dándolle voltas á nosa biblioteca. Chegou a tele e así a aproveitaron os nenos e nenas de 5 anos nun intre de relax despois do traballo.


lunes, 18 de junio de 2018

Xoeliki no verán

Entre outros contos Xoeliki foi un dos que formaron parte do Itinerario lector de 5º. Gustoulles tanto que seguiron lendo as aventuras de Xoeliki que atoparon na biblioteca e recoméndanvos estas lecturas de cara ao verán. Escoitade o que vos contan!!
Felices Vacacións!!!

Feliz Feroz. O lobiño riquiño

Ola amiguiños e amiguiñas!! Feliz Feroz é un dos contos que traballaron os nenos e nenas de 2º dentro do seu itinerario lector.
Gustoulles moito e quixeron compartilo cos compañeiros e cos seus pais.
Como contarlles o conto entre todos dun xeito diferente e divertido? Decidiron empregar o retroproxector. Todo feito por eles. É fantástico!!! Ollade!!


martes, 5 de junio de 2018

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe celebramos o "Día Mundial do Medio Ambiente".  É un evento global e liderado pola ONU que se celebra hoxe en todo o mundo. Cada ano se organiza entorno a un tema. Este ano é SEN CONTAMINACIÓN POR PLÁSTICO.

O alumnado de 5º está rematando un traballo relacionado co Medio Ambiente. Pronto lerán un Kamishibai para todos e cerrar así este curso. O libro escollido foi o de Wangari e a importancia desta muller na repoboación de árbores en todoa Kenia e tamén co fin de mellorar a calidade de vida das mulleres do seu país. 


DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Nesta ocasión foron os nenos e nenas de 2º os que achegaron á importancia do Día Mundial do Medio Ambiente a nosa escola. Foron investigando por que celebramos esta data e a súa importancia.
A través so seu cartel cheo de información anímannos a deixar a nosa pegada na loita contra a contaminación. Este ano prestando especial atención a redución de plásticos, pero os vosos compañeiros tamén amosan os seus desexos coas súas propias pegadas.






lunes, 4 de junio de 2018

ENQUISA PROFESORADO

Agora lles toca aos profes valorar o labor da biblioteca e dar os consellos para mellorar. Agardamos a vosa participación.


viernes, 1 de junio de 2018

ENQUISA ALUMNADO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Ao igual que o pasado ano pídovos que cubrades esta enquisa da biblioteca.
Coas vosas respostas podemos valorar o seu funcionamento e mellorar moitas cousas para facer da vosa biblioteca a mellor.
Agardo as vosas respostas!!