viernes, 28 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO 2017

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Un ano máis celebramos a semana do libro. O noso lema foi " UN CONTO QUE ALIMENTA". A través dun pequeno posto de contos que foi atendido nos recreos por todos vós, fixemos un troco traíades un alimento e levábades o voso conto. Os alimentos recollidos foron enviados a Asuntos Sociais para axudar ás familias que o precisen.


Como todos os anos tamén tivemos os Apadriñamentos Lectores. Enchimos o cole de lecturas. Por parellas, de idades distintas ou semellantes, buscamos un oco no patio para compartir a lectura cos nosos compañeiros. Cada ano repetimos esta actividade e cada ano síntome orgulloso de vós e do voso xeito de coidar e gozar con ela.
Queredes vervos?
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!


miércoles, 26 de abril de 2017

XADREZ EN 4º

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Hoxe tócame falar das cousas que acontecen na biblioteca. O día 3 de abril Santiago Ceviño Matos, o papá de Luisa, estivo na nosa biblioteca cos nenos e nenas de 4º.  Ao longo da mañá contoulles moitas cousas do xadrez e iniciounos neste xogo. Aprenderon moito, divertíronse e seguro que están dispostos a xogar con vós... Quen se anima a xogar con eles?
Ollade o ben que o están a pasar!!!





CONCURSO DE CÓMIC

Ola  amiguiños e amiguiñas!!
Un ano máis o Concello de Silleda invitou aos nenos e nenas da escola a participar nun concurso de cómic. O tema a traballar era a solidaridade.
Os nenos e nenas de 5º e 6º amosaron interese e ilusión por participar na actividade. Documentáronse con libros da biblioteca de como facer un cómic, asesoráronse con mestres e elaboraron os seus traballos en pequenos grupos.
En primer lugar darlle a noraboa a todos pola súa participación e pola motivación e ilusión que puxeron nesta actividade.
Felicitar tamén a Pablo, Axel e Lois de 5º pola seu cómic "A historia de Poliño" que gañou o premio á mellor ilustración pola categoría de primaria. PARABENS RAPACES!!!
Aínda que as fotos dos cómics saíron un pouco borrosas, deixo aquí unha mostra dos traballos elaborados por 5º e 6º.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!


martes, 25 de abril de 2017

MULLERES

Para conmemorar o 8 de marzo "Día da Muller", escollimos
"MUJERES 2" de Isabel Ruiz Ruiz.



Neste libro lémbrase a mulleres reales que merecen ser un referente para todos os nenos e nenas da escola. A atutora deste libro quixo rescatar nomes de mulleres que forman parte da nosa historia. É unha selección de dezaoito mulleres reales de distintos ámbitos; mulleres que son e serán un exemplo para todas as persoas e deben estar presentes na nosa memoria.

Os alumnos de 6º fixeron a súa propia interpretación plástica deste libro para conmerar esta data tan sinalada.


miércoles, 5 de abril de 2017

SEIS NENOS EN MARTE

Ola amiguiños e amiguiñas!! Xa chegou á nosa biblioteca un libro moi especial: " Seis nenos en Marte". A nai de Lía de 4º aconsellounos este libro que transcorre no espazo e ademáis os protagonistas son nenos. O científico Luis Ruiz de Gopegui é o autor deste libro dedicado aos nenos e nenas e nel cóntanos todo o que razoablemente habería que facer para chegar ao planeta Marte. Luis o sabe ben porque seguiu dende a estación espacial da NASA en España as operacións que fixeron posible a chegada do home á Lúa.
É un libro moi fácil de ler e moi divertido. Non perdades a posibilidade de buscalo na biblioteca... Estavos esperando!!!
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

lunes, 3 de abril de 2017

SOCORRO!! ESTE NON SON EU!!

O almorzo, ademais de ser fundamental para a nosa alimentación, é un bo momento para contar todo o que soñamos mentras descansamos. Neste conto no que descubrirás que as cousas non sempre son o que parecen, porque, no mundo dos soños e dos pesadelos, cualquera cousa é  posible. Socorro!! Este non son Eu!!! de Jesús Aznar contado por María e Hyzadora a infantil é unha historia sorprendente que trata, diso, do mundo dos soños.