lunes, 25 de abril de 2016

LIBERAMOS SEIS CONTOS

Os libros precisan liberdade!! Non só teñen que estar nas bibliotecas, nin nos andéis das nosas casas. O Día do Libro démoslle liberdade a seis libros. Tres de Ramón de Valenzuela que foron liberados por unha nai, umha mestra e a conserxe, e tres contos que foron liberados por Almudena, Xoana e Brais de 6º.
Son libros que queren coñecer mundo. Queren chegar a calquera parte do mundo trasladando a ilusión da lectura a aquelas masn as que chegue.
Ían acompañados dunha carta e dunha pegatina que aclaraba a súa condición de libros-libres.
O día 23 comenzaron a súa aventura e agardamos poder seguila dende esta entrada do Blog
Aquí deixo a carta, a pegatina e as fotos dalgúns libros que camiñan libres polo mundo
VOA VIAXE!! FELIZ LECTURA!!!



Carta que acompaña os libros


Pegatina que acompaña aos contos


PRIMEIRA FOTOS DOS LIBROS LIBERADOS








DÍA DO LIBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Atrás quedou o Día do Libro. Pasámolo en grande!!
É ben divertido lerlle contos a outros nenos e nenas, e así intercambiar os nosos gustos pola lectura. Sei que moitos pensábades en agradar aos vosos compañeiros coas lecturas e buscábades libros axeitados ao voso público.
O voso respecto polo ben feito tamén quedou evidente cando liberamos seis libros que xa están, por diferentes puntos de Galicia e fóra dela, buscando lectores e vivindo libres.
Por todo o voso apoio ás actividades recibíchedes como premio, á vosa labor na semana da prensa, o noso primeiro xornal impreso "As novas de Garabullo"
Rematamos a xornada do Día do Libro co Troco de contos.
Toda unha manchea de actividades para festexar o Día do Libro e vivir unha xornada divertida e inesquecible para todos.
Gracias pola vosa colaboración e pola ilusión que poñedes en todo o que facermos
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!





AS NOVAS DE GARABULLO

Día do Libro presentando "As novas de Garabullo"
Ola amiguiños e amiguiñas!!! Xa sabedes que durante a semana da prensa estivemos recollendo moitas novas tanto dos xornais que chegaban á escola, coma as creadas por vós, froito das vosas actividades e vivencias. Esas novas foron recollidas e agrupadas nun xornal. Todas as aulas da escola estades representadas. Durante unha semana fúchedes auténticos reporteiros e aquí tedes o voso premio. O primeiro xornal impreso do CEIP Ramón de Valenzuela!!
Gústavos?




lunes, 18 de abril de 2016

CONCURSO DE CÓMIC

Algúns dos nenos e nenas de 5º e todos os de 6º participaron nun concurso de cómic proposto polo Concello de Silleda. Ben de xeito autónomo, ben seguindo os consellos das súas mestras ou buscando información nos libros da biblioteca fixeron uns fermosos cómics.
O seu esforzo é admirable e dende aquí os meus parabéns polo voso esforzo.
Aquí deixo o que puiden gardar do voso traballo.
Un saúdo e xa sabedes...VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!



domingo, 17 de abril de 2016

FEIRA DA ENERXÍA

O pasado venres, os compañeiros de 4º, 5º e 6º tiveron a sorte de poder ir a Silleda.
Celebrábase una Feira da Enerxía e a compañía REPSOL propúxolles unha actividade para dar a coñecer distintas fontess de Enerxía. Os nenos e nenas coas súas batas brancas viviron por unha mañá unha experiencia científica inesquecible.
Hoxe decídín agasallarvos con as fotos dese pequeño achegamento ao mundo científico e lembrándovos que tedes moitos libros na biblioteca para seguir investigando na casa e na aula.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!








domingo, 3 de abril de 2016

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Onte celebramos o Día internacional do libro infantil e xuvenil. A organización internacional do libro infantil e xuvenil escolleu esta data por coincidir co nacemento de Hans Christian Andersen. Con esta conmemoración quérese promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis xóvenes.
Por este motivo deixaremos na entrada do cole todos aqueles contos clásicos que acompañaron a infancia dos vosos país, avós e tamén a vosa..., para que poidades ler na aula, nos tempos de lecer ou na biblioteca.
Tamén deixo unha mensaxe escrita por Luciana Sandroni e ilustrado por Ziraldo para todos os nenos e nenas do mundo co fin de pormover esta festa dos libros.

Érase Una Vez by Margarita

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Hoxe 2 de abril celébrase o día mundial de concienciación sobre o Autismo. Búscase poñer de relevo a necesidade de mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas autistas para que poidan ter unha vida plena e digna. Baixo tres palabras moi importantes que nós estamos aprendendo “Inclusión, tolerancia e respecto”, lánzase esta campaña. Dende a nosa escola contribuímos publicando o noso testigo e querendo coñecer un pouco máis o AUTISMO.