miércoles, 29 de febrero de 2012

As nosas primeiras recomendacións de libros

Ola rapaces e rapazas de Bandeira. Unha rapaza de sexto (de xeito anónimo) facendo uso do correo, envioume unhas recomendacións de libros que a ela lle gustaron moito e lle parecen moi entretidos.
Un é  Kika Superbruja e o feitizo do Nadal


O outro libro o describe como un libro emocionante pola súa acción e misterio e aínda que semella estar indicado para nenas, é un libro moi intrigante e válido para todos. O libro é Secuestro

Xa non hai escusa. Agora xa podedes ler estes libros e decidir se estades dacordo con esta rapaza de sexto.
E xa sabedes VÉMONOS NA BIBLIOTECA

lunes, 27 de febrero de 2012

CONTOS DE AMOR

Ola amiguiños!! Recordades os contos que estaban na entrada durante este mes? Eran contos adicados ao amor, a amizade, a confianza, o respeto... Aquí están recollidos para que poidades voltar a eles unha e outra vez. Están xa colocados na Biblioteca agardando que os leades para revivir as súas aventuras.


E xa sabedes: VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

domingo, 26 de febrero de 2012

As MOCHILAS VIAXEIRAS

Ola nenos e nenas de Bandeira! Aquí estamos a mochila viaxeira e eu preparando os libros que semana tras semana irán ás casas con vós. Que contos irán? Haberá algún álbum chulo? Traerá películas? Haberá sorpresas?... Seguro que si!
Non esquezades traer o papeliño firmado para que o voso titor ou titora comece a mandar a MOCHILA VIAXEIRA!!
E xa sabedes: VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

Queres falar con Garabullo?

Ola amiguiños e amiguiñas. Aquí estou de novo para achegarme máis a vós. Dende hoxe poño á vosa disposición un correo ao que me podedes mandar todos os vosos traballos. Dende críticas literarias, suxerencias de lecturas, biblionoticias, libros que votedes en falta na biblioteca,... ata debuxos e as vosas propias creacións.
A dirección de correo é  conversascongarabullo@gmail.com.
Para aqueles que non podades acceder ás novas tecnoloxías hai unha caixa coa miña foto, na entrada da Biblioteca, onde podedes deixar os vosos traballos. NON ESQUEZADES POÑER O VOSO NOME.
Todo o que me mandedes será publicado no blog para que non so a clase disfrute do voso traballo senón tamén os compañeiros e compañeiras doutras aulas e as vosas familias.

AGARDO AS VOSAS CREACIÓNS.

VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

viernes, 24 de febrero de 2012

As BIBLIO-NOTICIAS

Ola rapaces e rapazas de Bandeira. Despois do Entroido reanudamos as clases. Cada día nas aulas e nos recreos acontecen cousas divertidas... algunhas as descubro porque estou no sitio indicado no momento xusto, pero... outras... nunca as saberemos. Gustaríame que mo contárades para que eu llo diga aos vosos compañeiros e compañeiras e... a cambio eu mostrarei un conto no que pasa algo semellante.

Así, hoxe, no recreo da mañá, estaba eu mirando pola ventá da Biblioteca cando vin aos rapaces de infantil mirando o tellado do cuberto. Un dos nenos, xogando ao fúlbol, mandou a pelota dun "patadón" ao tellado. A mestra de 1º e de 6º estaban cun pao longo, longo, longo... tentando baixalo. O balón estaba tan encaixado que lle costou un montón sacalo e os nenos e nenas de infantil escachaban coa risa ao ver que a pelota non quería baixar. Eu fixen un debuxo pois non tiña cámara. Ao final conseguiron o balón e todos voltaron aos seus xogos. Este é o debuxo




Agora a promesa: O conto no que pasa algo semellante é O Patadón. Neste conto un grandullón quítalle o balón a uns nenos e dálle un gran patadón. E alí vai o balón, percorrendo o mundo, provocando sustos, causando tremendas impresións e moito máis ca un apuro. É un conto superdivertido.



Se non o atopades preguntádelle a José e aos axudantes da Biblioteca.
E xa sabedes: VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!

jueves, 16 de febrero de 2012

Festival de Bandeira-Entroido

Este ano o cole decidiu non sair a pasear o Entroido e celebralo nas aulas. Emulando o coñecido festival de Eurovisión faremos unha competición entre os distintos cursos do centro. Estos días o centro é un bule bule de risiñas, anacos de disfraces, segrediños,.... andan todos agachando o seu disfraz e a súa canción para sorprender á escola coa súa actuación.
Como sabedes eu, Garabullo, vivo na Biblioteca,.... Aproveitando os despistes don nenos e nenas espiei ás agachadas e descubrín as súas actuacións!!!
Pensei en CONTAR o seu disfraz sen máis pero.... vou poñelo un pouco máis difícil...
Vou darvos pistas. Para cada curso propoño un conto. Buscade os libros na Biblioteca e descubriredes os disfraces dos vosos compañeiros e compañeiras. Sorte a todos e VÉMONOS NA BIBLIOTECA!

O conto para INFANTIL



Os de 1º de Primaria


Os de 2º de Primaria


Os de 3º de Primaria





Os de 4º de Primaria



Os de 5º de Primaria



Os de 6º de Primaria ofrecen dúas obras, xa sabedes dúas actuacións:







E por último o PECHE DE FESTA


PASÁDEO BEN DESCUBRINDO OS DISFRACES, DISFRUTANDO DO ENTROIDO E LENDO MOITO MOITO.
E... Xa sabedes!: "Vémonos na Biblioteca!!"



A Flor da Paz

Ola amiguiños!! Estas semanas os rapaces e rapazas de cuarto traballaron a reo. En moi pouco tempo prepararon unha pequena obra de teatro para representar na semana da Paz. Foi unha obra preciosa que representaron para todos nos na biblioteca... Xa sabedes que esa é a miña casa!! Así que fixen unhas fotiños que amoso a continuación. Hai moitas máis... pero xa sabedes! Para velas: " VIDE FACERME UNHA VISITIÑA Á BIBLIOTECA".

martes, 14 de febrero de 2012

O DÍA DA PAZ

Ola nenos e nenas!! Outra vez Garabullo anda a matinar cousiñas para darlle vida a nosa Biblioteca.
Sabedes que estas últimas semanas foron adicadas á PAZ, Garabullo puxo unha mesa con contos relacionados coa PAZ. Pero.... matinando, matinando chegou a conclusión de que non todos puidemos ler as contos propostos... Como o tempo era pouco e os contos moitos e moi fermosos decidiu deixarvos unha foto das portadas dos contos para que se queredes voltar a eles poidades facelo. Velaí vai a foto! (Se pinchades encima da foto veredes mellor as portadas)