miércoles, 27 de junio de 2012

A Árbore Máxica

Ola nenos e nenas. Como o estades a pasar de vacacións? Como vedes eu sigo aquí, na biblioteca, agardando correos vosos contándome cousas das vacacións. Agardo con grande ilusión as vosas creacións literarias. Esta vez Marta Amigo, unha rapaza de 6º que o vindeiro ano comeza o instituto deixoume un conto fantástico e fíxome feliz ao facerme saber que aínda que marche ao instituto seguirá en contacto con esta biblioteca a través do Blog. "Marta estás invitada tamén a facerme unha visita na biblioteca cando queiras. Xa formas parte desta Biblioteca".
Esta foi a carta de Marta e o seu pequeno conto:

Ola Garabullo:

Son Marta Amigo. Mándoche un conto de despedida que escribín pensando sobre todo nos meus compañeiros e compañeiras pero tamen en todos os nenos e nenas deste colexio. Con isto queroche dicir adeus pero non será o definitivo porque seguirei enviandoche cousas e mirando o blog.


Un bico. Marta





 
Agardo que vos guste e sirva de impulso para novos contos, poemas, noticias,...
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

miércoles, 20 de junio de 2012

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN

Ola rapaces e rapazas de Bandeira. Xa chegan as vacacións. Moito tempo de descanso e divertimento...
Buscando nos meus estantes escollín este contos como punto de partida, como guías de lectura para ese tempo de lecer que traen as vacacións.



Agardo que gocedes con elas. Espero noticias vosas durante o verán. Eu seguirei aquí. Tanto os que este ano rematades primaria como os que seguides en anos vindeiros esta é a vosa Biblioteca e estarei ledo, moi ledo, de recibir noticias vosas que irei colgándoas no blog durante as vacacións.
Eu sigo aquí. Felices vacacións e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 19 de junio de 2012

Neira Vilas na Biblioteca

Ola nenos e nenas de Bandeira. Xa están chegando as vacacións e comezamos a estar cansos de tanto e tan bo traballo.
Como ben sabedes o venres 15 tivemos unha importante visita. Neira Vilas un grande escritor da zona quixo vir a visitarnos e contarnos cousas moi interesantes tanto da súa vida coma da súa obra.
Falaunos de todos os libros que nestes días foron traballados nos distintos cursos. A vosa creatividade e as vosas ideas adornaron a nosa biblioteca para recibir do mellor xeito posible ao noso veciño Neira Vilas.
Queredes ver un resumo de todo o que pasou na Biblioteca e no centro nestes días?
Aquí tedes un pequeno resumo.



Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 17 de junio de 2012

O Apadriñador de Palabras: Apeiros de Labranza

Ola lectores de Bandeira. A nosa actividade no centro non para! Foi grande o voso traballo na procura de curiosidades e información dos apeiros de labranza. Aquí está recollido un pouco do voso traballo. A través de murais, debuxos, plastilinas, powerpoint... os apeiros de labranza quedan xa afianzados no noso pequeno dicionario do Apadriñador de Palabras. Este é un resumo do voso traballo:



Descansade nas vacacións porque xa escoitei que andan a argallar novos temas para apadriñar en anos vindeiros.
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

viernes, 15 de junio de 2012

XA TEMOS O NOSO LIPDUB

Ola amiguiños e amiguiñas, aínda emocionado, déixovos aquí o voso lipdub para que poidades gozar del toda a fin de semana coas vosas familias.



Agardo que vos guste tanto coma  a min
Moitas garazas María! Moitas grazas nenos e nenas!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

jueves, 14 de junio de 2012

VISITA DE XOSÉ NEIRA VILAS

Ola nenos e nenas de Bandeira!!
Hoxe sacamos unha nova edición do Garabullo News coas novas de mañá.



Agardo comentarios de todo o día
O resumo desta actividade o recolleremos para unha nova edición
Saudos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 12 de junio de 2012

Adiviña adiviñanza...

Ola amiguiños e amiguiñas do cole de Bandeira!
Son feliz vendo como día a día visitades a biblioteca, como buscades todo tipo de libros polas estanterias, como as vosas risas enchen estas paredes... Unha das cousas que me fai  máis feliz é recibir os vosos consellos, creacións, traballos...


Hoxe Almudena de segundo proponnos unha adiviñanza moi enxeñosa. Eu non sei a solución, podedes axudarme? A adiviñanza di así:

Primeiro que ningún santo andei eu polo deserto
Vestido de franciscano, descalzo, de mozo e vello,
Non son confesor nin santo nin podo entrar no ceo.
Que é?

Sabedes o que é?
Eu seguirei pensando e buscando nos meus libros unha resposta. Agardo as vosas!!
Mentres, xa sabedes.... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

domingo, 3 de junio de 2012

Os nenos e nenas LIBERARON O SEU POEMA

Ola amiguiños e amiguiñas:
Vaia traballo! Despois de ensaios, risas e preocupacións... chegou o día!! O poema foi liberado! Foi unha preciosidade! Quedei abraiado coas vosas dotes artísticas e a vosa vontade de traballo.
Agradézovos moito como lle dades vida a todos os libros da Biblioteca. Como cada páxina pola que pasades cobra vida a través de todos vós.
Disfrutei coa festa de liberar un poema, disfrutei vendo como os xoguetes enchían a escola e disfrutei coas vosas risas. É fermoso ver como nenos e nenas de 3 a 11 anos comparten risas, xogos, aprendizaxes, poesía,... para celebrar un día tan importante para todos nós.
Parabéns por esta semana das Letras Galegas 2012. Parabéns por ser como sodes!! Grazas a todos os mestres e mestras, grazas aos nenos e nenas, grazas a cada un dos membros do cole de Bandeira que fixeron que esto que vades a ver sexa unha realidade. Grazas!
Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!