martes, 11 de junio de 2013

Matinando nas lecturas?

Xa chegaron as bolsas para os libros!!!
Temos a biblioteca cheíña de bolsas baleiras esperando que escollades a vosa e a enchades de contos.


Cinco libros a escoller. Cinco libros para no verán poder ler. Cinco libros porque non somos lacazáns e o verán con lectura imos disfrutar!!
Ánimo rapaces xa estamos rematando.
Vinde polos vosos libros!!!
Saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


PARA NON SER LACAZÁN TES QUE LER NO VERÁN

XA CHEGAN AS VACACIÓNS!!!
É certo que moitos e moitas preguntades porque non podedes levar libros en préstamo estos días. Moi ben, moi ben!!!
Os "Axudantes da Biblioteca" están a colocar, ben colocadiños, os libros nos andeis. Si, esos libros que estiveron de préstamos nas casas ou nas aulas.
Queremos ter todos na biblioteca para que a partir da semana que vén podades ir escollendo cos vosos titores un lote de libros para levar no tempo de vacacións.



Si nenos e nenas libros para ler no verán e non ser coa lectura un lacazán.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

DÍA MUNDIAL CONTRA O TRABALLO INFANTIL

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Hoxe achégome a vós para falar dunha data moi directamente relacionada con moitas nenas e nenos coma vós.
Sabedes que hai unha chea de nenos e nenas no mundo que non poden ir á escola?
Son nenos e nenas obrigados a facer traballos abusivos perdendo a súa libertade, o seu tempo de xogo a súa educación.
Mañá 12 de xuño celebramos o  
DÍA MUNDIAL CONTRA O TRABALLO INFANTIL.


Dende a Biblioteca recordamos libros que fan que entendamos esta situación e aprendamos a loitar dende aquí contra ela. 


Saúdos e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!

martes, 4 de junio de 2013

A noite das mudanzas

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Xa era hora. Xa chegou o ansiado momento de poder disfrutar do Stop Motion feito polos nenos e nenas de 3º. Tendo como referencia o conto "A noite das mudanzas" foron quen de facer unha fermosa película utilizando a fotografía e as súas cualidades artísticas. Fixeron un personaxes fermosos e divertidos, un escenario de película... Que queredes que vos conte? So digo mirade e divertídevos con A NOITE DAS MUDANZAS.

Remátase o préstamo de libros!!

Ola nenos e nenas!!
Está rematando o curso. Falta pouco para as vacacións e a biblioteca está preparándose para deixarvos libros durante o verán . Lembrade pasar pola biblioteca para devolver os libros que aínda tedes na casa.
Un saúdo e xa sabedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!