martes, 24 de abril de 2018

Día do Libro

O pasado martes celebramos o Día do Libro. Seguindo coa tradición tivemos os apadriñamentos lectores. Nenos e nenas de todos os cursos mesturados por idades compartindo lecturas.
Encántame ver como ledes maiores e pequechos, tanto os que gardades algo en común coma os que non vos coñecedes. Toda una aventura para os novos e para os maiores un exercicio de responsabilidade. Como cada ano é fermoso ver como voan as lecturas polo patio, deixándose acariñar polo sol.



E tras unha fermosa mañá de lectura veu unha atarefada tarde de compras. Grazas á "Libraría Vagalume" de Lalín que non tivo problema para achegar os libros ao centro e foran os nenos e nenas de todo o cole os encargados de mercar os libros. Eles son os nosos lectores, eles deben mercar os seus contos. Pero... coma non podemos mercalos todos cada aula mercou tres. Tivemos moitas dúbidas pero ao final as aulas escolleron os tres libros que a biblioteca ten que ter para eles.
Mirade como tocan, len e valoran os distintos contos e discuten para chegar a un consenso. Xa son todos uns fenómenos escollendo.


martes, 17 de abril de 2018

DÍA DA POESÍA con 2º

O pasado 21 de marzo celebramos o "Día da poesía". Os alumnos de 2º prepararon un poema moi sinxelo para traballar cos nenos e nenas de 3 anos.
María Campo é a autora deste fabuloso poema:

            O ELEFANTE
      O elefante é un xigante
orelludo, narigudo e trompetista.
     O elefante é importante
  un señor, un tenor, un artista
      O elefante é un dentudo
a miúdo moi teimudo trapecista
      O elefante ten engurras
             coma un vello
       o espello non lle chista

Traballaron con puzles e con códogos QR aquí deixamos
os enlaces para que vós tamén poidades xogar. Foi unha
xornada moi divertida. Non deixedes de ver o vídeo.









A PRENSA EN INFANTIL

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Tedes uns compañeiros de infantil que apuntan a ser grandes reporteiros. De momento xa fixeron os seus primeiros traballos coa prensa.
Mirade que xornal tan chulo e divertido. E as novas son REAIS!!!

miércoles, 11 de abril de 2018

INCREDIBOX

Ao longo do mes de febreiro os vosos compañeiros e compañeiras de 3º a 6º convertéronse en compositores grazas ao programa INCREDIBOX. A mestra de música propúxolles un reto tiñan que crear as súas propias composicións musicais, poñerlle títulos, facer unha dedicatoria, inventar o seu pseudónimo coma "DJ" e como non ter o logotipo da súa empresa.
Aquí tedes os enlaces aos resultados de este traballo-concurso.
Noraboa aos gañadores e parabens a todos e todas pola vosa creatividade e inxenio.
Picade no muro de cada curso e veredes as súas composicións!!!








martes, 10 de abril de 2018

Maxia na biblioteca

Ola amiguiños e amiguiñas!!
Como xa sabedes dende o ano pasado están invitados os vosos país a pasar con vós e os vosos compañeiros unha xornada de aprendizaxe e divertimento. Xa fai un tempo contamos co pai de Sabela de 5º que fixo que pasaramos unha xornada de "Maxia na biblioteca".
Animade aos vosos papás a vir e contar ou facer esas cousas tan divertidas das que todos tantos desfrutamos.


ITINERARIO LECTOR

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Para que non esquezades os libros que formaron parte do voso Itinerario lector neste curso.
Libros que nunca deixarán de formar parte da vosa vida.

lunes, 9 de abril de 2018

7 de abril DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O pasado 7 de abril celebramos o "Día Mundial da Saúde". O alumnado de 6º fixo fincapé neste tema. Este ano o lema foi SAÚDE PARA TODOS.
O obxectivo da conmemoración desta data é concienciar aos políticos e a todo o mundo da importancia de que todo o mundo teña unha cobertura sanitaria universal. Estes e outros puntos foron tratados polo alumnado de 6º no seguinte panel.