martes, 24 de abril de 2018

Día do Libro

O pasado martes celebramos o Día do Libro. Seguindo coa tradición tivemos os apadriñamentos lectores. Nenos e nenas de todos os cursos mesturados por idades compartindo lecturas.
Encántame ver como ledes maiores e pequechos, tanto os que gardades algo en común coma os que non vos coñecedes. Toda una aventura para os novos e para os maiores un exercicio de responsabilidade. Como cada ano é fermoso ver como voan as lecturas polo patio, deixándose acariñar polo sol.



E tras unha fermosa mañá de lectura veu unha atarefada tarde de compras. Grazas á "Libraría Vagalume" de Lalín que non tivo problema para achegar os libros ao centro e foran os nenos e nenas de todo o cole os encargados de mercar os libros. Eles son os nosos lectores, eles deben mercar os seus contos. Pero... coma non podemos mercalos todos cada aula mercou tres. Tivemos moitas dúbidas pero ao final as aulas escolleron os tres libros que a biblioteca ten que ter para eles.
Mirade como tocan, len e valoran os distintos contos e discuten para chegar a un consenso. Xa son todos uns fenómenos escollendo.


0 comentarios: