miércoles, 24 de abril de 2019

23 de abril. DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Ola amiguiños e amiguiñas!! O tempo corre e un ano máis chegou unha das festas máis agardada nas bibliotecas. "O DIA MUNDIAL DO LIBRO"
Un ano máis o celebramos cos nosos Apadriñamentos Lectores, nenos e nenas de todas as idades mesturados e compartindo un conto. Imaxes que nos acompañan todos os anos tal día coma hoxe, converténdose nunha doce tradición que forma parte xa da nosa escola.


Tamén a idea de traer unha libraría para axudarnos a coñecer os contos e achegarnos a eles presentándonolos. Onte achegámonos aos contos tradicionais e aos contos distintos, os que falan de historias de ficción, e os que están cheos de curiosidades ou de intriga. Aqueles que presentan pequenos retos ou aqueles de consulta nos que nos sumerximos para aprender de todo un pouco. Contos! Libros! que Lola da libraría Aenea de Santiago trouxo para todos. Deixóunolos tocar, ulir,  acariñar e así puidemos escoller aquel que tiñamos que ter na nosa aula.
Unha fermosa xornada onde grazas a ela coñecemos moitos contos, que dende hoxe, están na biblioteca e moitos que pronto estarán.
E... como non? Fixémoslle unha entrevista. Os nenos e nenas de 5º aproveitaron a ocasión e preguntáronlle cousas da libraría e dos contos que aquí deixamos para que escoitedes. 
Grazas Lola! Xa saber que sempre será benvida na nosa biblioteca!!!




domingo, 21 de abril de 2019

OS GARABULLOS DA LECTURA: Xogando coas letras

Ola amiguiños e amiguiñas!!! A proposta deste luns é un xogo. Un xogo para traballar as letras e as faltas de ortografía. Animádevos a practicalo!!!


domingo, 14 de abril de 2019

GARABULLOS DE LECTURA: Que podemos ler en Semana Santa?

Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe os Garabullos da lectura anímannos a probar distintos tipos de lectura. Dende contos ata libros de consulta pasando por cómics e libros de curiosidades. Que vos parece? Dádelle a vosa opinión para que a conten no próximo programa.


martes, 9 de abril de 2019

RAMÓN DE VALENZUELA

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
O pasado mes de febreiro fixo catro anos que o noso cole cambiou de nome. Pasou de chamarse CEIP de Bandeira a CEIP Ramón de Valenzuela.
Aproveitando que xa temos radio no cole, e que moitos non coñeces a este ilustre e importante escritor e mestre de Bandeira, o alumnado de 5º decidiu facer un pequeno Podcast. A través do programa de radio iredes sabende un pouco máis de Ramón de Valenzuela, o Ramón que lle deu nome a nosa escola.

 

domingo, 7 de abril de 2019

OS GARABULLOS DA LECTURA

Ola amiguiños e amiguiñas!! "Os Garabullos da lectura" é o nome que un grupo de alumnos e alumnas de 6º lle dan a un traballo que comezaron hoxe para, cada luns, ir dándovos consellos de lectura, xogos para mellorar os distintos aspectos que rodean a lectura, os distintos tipos de lectura que podedes atopar... actividades lúdicas e divertidas aptas para todos.
Seguídeos e veredes que ideas vos amosan!!!




jueves, 4 de abril de 2019

4º e o Día Mundial da Saúde

 Ola amiguiños e amiguiñas!! O próximo día 7 de abril celebramos o "Día Mundial da Saúde", data escollida polos compañeiros e compañeiras de 4º para aumentar os nosos coñecementos de saúde e ... que mellor xeito de facelo que falando cunha pediatra?
Pois así foi. Invitaron a Amparo Villaverde, pediatra e tía de Ana de 4º, e fixéronlle unha entrevista na que falaron de alimentación, exercicio, revisións médicas, vacinas,... un montón de cousas moi importantes para a nosa saúde.
A través da Radio fixeron chegar a todos nós a importancia de determinados hábitos e coidados moi importantes para estar sans e fortes!!
Escoitade e veredes que interesante!!