Ola amiguiños e amiguiñas!! O próximo día 7 de abril celebramos o "Día Mundial da Saúde", data escollida polos compañeiros e compañeiras de 4º para aumentar os nosos coñecementos de saúde e ... que mellor xeito de facelo que falando cunha pediatra?
Pois así foi. Invitaron a Amparo Villaverde, pediatra e tía de Ana de 4º, e fixéronlle unha entrevista na que falaron de alimentación, exercicio, revisións médicas, vacinas,... un montón de cousas moi importantes para a nosa saúde.
A través da Radio fixeron chegar a todos nós a importancia de determinados hábitos e coidados moi importantes para estar sans e fortes!!
Escoitade e veredes que interesante!!
jueves, 4 de abril de 2019
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario