miércoles, 27 de marzo de 2019

A MAMÁ DE CARLA

Ola amiguiños e amiguiñas!!! Sabedes que neste cole encántanos que veñan os papás e as mamás a contarnos moitas cousas do que lles gusta facer, do que saben facer, do seu traballo...
Nesta ocasión visitounos Margarita, a nai de Carla de 4 anos. Marga é enfermeira e sabe moitas cousas de primeiros auxilios, de facer curiñas e de axudar a médicos.
Carla invitou aos compañeiros de 3 e 4 anos a unha xornada na biblioteca onde probaron moitas técnicas de primeiros auxilios que lles ensionou a súa mamá. Tamén escoitaron o corazón a través dun fonendoscopio (o aparello que todos os médicos levan sempre colgando) e moitas cousas máis.
Foi unha xornada moi divertida e de moita aprendizaxe.
Ollade que ben o pasaron!!



martes, 26 de marzo de 2019

NOTICIAS DE 4º

E as noticias da Semana da Prensa seguen chegando a RADIO GARABULLO.
Nesta escola hai unha manchea de futuros reporteiros e de grandes técnicos de son e radio. Non deixedes de escoitar aos vosos compañeiros e compañeiras de 4º e as novas tan interesantes que nos contan.


Entrevista a unha avoa

Este ano para celebrar o 8 de marzo algúns compañeiros e compañeiras da escola fixeron un traballo dedicado a unha muller especial para eles ou elas.
Este foi o caso de Elena de 6º, que escolleu a súa avoa e decidiu rematar a súa tarefa invitándoa á Radio, para facerlle unha pequena entrevista, e recoñecerlle o valor que se merece.
Aquí deixamos a entrevista feita por Elena a súa avoa Dolores que foi mestra da nosa escola.



domingo, 24 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA

O pasado 21 de marzo celebramos o día internacional da POESÍA.
Os poemas implican un novo xeito de escribir en liñas máis curtas que chamamos versos, tendemos a asociar estas composicións a obras que buscan expresar as emocións ou impresións do mundo para o autor, así coma o emprego da rima e outras ferramentas da linguaxe... estes poemas serían os líricos, tamén podemos contar con poemas dramáticos tipo das obras de teatro ou épicos que falan das batallas entre outras cousas.
Este ano decidimos darlle valor a unha creación poética que se leva facendo na escola dende hai moitos anos: "AS ARENGAS". A través desta expresión poética o noso alumnado colabora na conservación e valoración da nosa tradición oral e a nosa memoria.
"A poesía, din, é a memoria do mundo"
Pois aquí van as nosas arengas como memoria do mundo e como outro xeito de facer poesía.
Están recitadas na Radio da biblioteca porque as Arengas de Bandeira soan dun xeito especial.


jueves, 21 de marzo de 2019

Titorial da Radio

Aquí deixamos un titorial de coma funciona a Radio Escolar. Animádevos a crear os vosos propios PODCAST.
Agardamos as vosas publicacións!!

miércoles, 20 de marzo de 2019

OS BOSQUES DE GALICIA

Ola amiguiños e amiguiñas!! Coma ben sabedes este ano estamos traballando os Bosques.
Hoxe día 21 de marzo é o "Día Internacional dos Bosques", e que mellor xeito temos para conmemoralo que colgando este PowerPoint feito polos vosos compañeiros e compañeras de 5º.
Cada 21 de marzo, as Nacións Unidas rinden homenaxe á importancia de todos os tipos de bosques e intenta xenerar unha maior conciencia e respecto. Este ano, o Día Internacional dos Bosques destaca a educación coma un medio indispensable para aprender a amar o bosque, e apunta a súa importancia para acadar unha xestión sostible das zonas forestais e avanzar na súa conservación, e a de todas as especies tanto animais coma vexetais.
Agardamos que co noso estudo dos bosques e dos montes fagamos que xermole entre todos ese amor e esa conciencia de coidado e amor ao monte, ao bosque.


ACTIVIDADES DE MARZO NA ESCOLA

O alumnado de 6º, aproveitando a Semana da Prensa, elaborou un anuncio para contar as novas da escola. Aquelas actividades que temos programadas ao longo do mes Marzo e Abril.
Que vos parece?


martes, 19 de marzo de 2019

PASOS PARA GRAVAR NA RADIO

Xa sabedes que a RADIO comezou a súa andaina para celebrar a Semana da Prensa!!
As novas serán emitidas pouco a pouco pola nosa canle de IVOOX, así coma outros programas que xa se están artellando nas aulas.
Para que todos teñamos un pouquiño claro coma traballar na nosa radio deixo aquí esta pequena infografía cuns pasos mínimos para poder axudarvos.


ALTO INFANTIL 2019

Ola amiguiños e amiguiñas!!! 
Xa pasou o ENTROIDO e con el o Alto dos XENERAIS INFANTIL.
Ao longo do mes de Xaneiro e Febreiro algunhas das vosas compañeiras e compañeiros de 5º e 6º estiveron preparando as súas "Arengas" para participar no "Alto dos Xenerais Infantil" da Bandeira.
É un traballo moi importante xa que por un lado, consiste na creación das arengas, na memorización das mesmas e na súa interpretación ou no seu lance. E por outra banda, implicou un estudo e investigación das arengas máis interpretadas nos "Altos de Bandeira", co fin de recuperalas e traelas ao Alto Infantil, e así darlles outra vez o recoñecemento que merecen e con elo recuperar unha parte da nosa tradición. Tradición que esperamos que pouco a pouco se vaia agradando da mans de todos e todas vós e que cos Encontros do Entroido que facemos con outros centros de Vila de Cruces, Piloño e Merza vaiades atopando esa ilusión que vos queremos transmitir; e algún día, sexades vós os protagonistas dos Altos da Bandeira.


lunes, 18 de marzo de 2019

2º emite novas na radio





A semana pasada celebramos a SEMANA DA PRENSA. Moitos de vós traballastedes con xornais na aula. Este ano as vosas novas foron elaboradas para a radio. Aquí podedes ver aos de 2º na radio da escola: "Radio Garabullo", dando o primeiro paso nas emisións de novas que iremos colgando ao longo desta semana. Agardo que vos gusten!!

domingo, 17 de marzo de 2019

Xa temos a Radio: RADIO GARABULLO

Hoxe 7 de marzo temos a formación do equipo técnico da Radio. Os nenos e nenas de 5º serán os encargados de aprender a traballar coa radio e de formar aos compañeiros.
A Radio xa é unha realidade na nosa escola.
Para escoitar os nosos PODCAST so tedes que fixarvos no lateral desta páxina e veredes todo o que imos colgando. Se picades na imaxe "Radio Garabullo" podedes acceder ao enlace dos nosos PODCAST.



viernes, 15 de marzo de 2019

8 de marzo

O 8 de marzo celebramos o Día Internacional da MULLER. Trátase dunha data celebrada por todos con lecturas, actividades na aula e fóra dela.
Pouco a pouco iremos contando cousiñas que se fixemos nas aulas, mentres tanto deixamos uns conselliños de lectura para que continuedes lendo sobre a muller.



jueves, 14 de marzo de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Este ano achegámonos á figura de Rosalía de Castro a través da súa poesía, da man dunha grande artista: UXÍA SENLLE.
Aprendemos que a música é un dos mellores xeitos para gozar da poesía. As cancións de Uxía retratan perfectamente a esa muller que uns chamaron tola e outros santa, a verdadeira Rosalía.
Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureira ou fada. Unha 
Rosalía coma nós. Así a cantamos e así festexamos o seu día.
Premede na foto




lunes, 11 de marzo de 2019

Ticket Negro

A Biblioteca é un espazo con moitas oportunidades. Algúns dos vosos compañeiros a través dos libros de investigación ou buscando información na rede decidiron facer experimentos.
Aquí tedes a Sara e a Luisa investigando o que lle pasa a un ticket da compra ao pasarlle calor.
Que vos parece? Animádevos e vinde a biblioteca a propoñernos os vosos experimentos. Iremos colgándoos no enlace seguinte. 

domingo, 10 de marzo de 2019

Xornadas de Formación na Radio

Este ano tivemos a sorte de ser un centro seleccionado de Radio na Biblioteca.
Unha vez escollida a aula que ía a ser a nosa Radio e dotala do material necesario, de darlle a Radio o nome de: "Radio Garabullo"... Comezaron as xornadas de formación. Primeiro formáronse os profes e despois os compañeiros de 5º, que serán os encargados de axudar as vosas emisións radiofónicas e a formarvos coma auténticos técnicos de son.

viernes, 1 de marzo de 2019

ENTROIDO NA BIBLIOTECA

Como non podía ser menos o "Entroido" está tamén presente na biblioteca. Ollade que ben o pasaron as nosas axudantes da biblioteca!!


Tampouco perderon ocasión de visitarnos os compañeiros e compañeiras que participan no "Alto Infantil". Semellan xenerais de verdade!! Que ben o fan!!