martes, 19 de marzo de 2019

ALTO INFANTIL 2019

Ola amiguiños e amiguiñas!!! 
Xa pasou o ENTROIDO e con el o Alto dos XENERAIS INFANTIL.
Ao longo do mes de Xaneiro e Febreiro algunhas das vosas compañeiras e compañeiros de 5º e 6º estiveron preparando as súas "Arengas" para participar no "Alto dos Xenerais Infantil" da Bandeira.
É un traballo moi importante xa que por un lado, consiste na creación das arengas, na memorización das mesmas e na súa interpretación ou no seu lance. E por outra banda, implicou un estudo e investigación das arengas máis interpretadas nos "Altos de Bandeira", co fin de recuperalas e traelas ao Alto Infantil, e así darlles outra vez o recoñecemento que merecen e con elo recuperar unha parte da nosa tradición. Tradición que esperamos que pouco a pouco se vaia agradando da mans de todos e todas vós e que cos Encontros do Entroido que facemos con outros centros de Vila de Cruces, Piloño e Merza vaiades atopando esa ilusión que vos queremos transmitir; e algún día, sexades vós os protagonistas dos Altos da Bandeira.


0 comentarios: