O pasado 17 de decembro tivemos a sorte de contar con Damián e Xerardo de "Ponte nas Ondas".
Grazas a eles os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º chegaron a entender aspectos moi divertidos, básicos e difíciles da lectura, da redacción e da emisión e maquetación na radio. Aprenderon os pasos básicos para conseguir una boa interpretación; cada lectura é distinta e implica unha boa posición do corpo, dos brazos,... a emoción con que lemos… A continuación experimentaron con "Audacity" para poder correxir os erros nun audio. E xa, para rematar o que foi unha xornada ideal, entre todos e todas fixeron o seu primeiro programa de radio. Unha actividade moi divertida e inesquecible que podedes ver aquí resumida.
Non deixedes de escoitar o programa que tedes máis abaixo.
viernes, 10 de enero de 2020
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario