Ola amiguiños e amiguiñas!! Hoxe celebramos o día de Europa. O Día de Europa é unha celebración que ten lugar cada 9 de maio na Unión Europea.
Rememoramos a chamada "Declaración Shuman"que puxo as bases do que hoxe é a Unión Europea. Son moitos os países que forman parte da Unión Europea. Sabedes cales? Os vosos compañeiros e compañeiras de 3º fixeron un mural cos países da Unión Europea e a súa bandeira. Achegádevos a entrada do cole a ver cantos sabedes e se sodes quen de recoñecer onde están e as súas bandeiras!!
jueves, 9 de mayo de 2019
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario