sábado, 25 de octubre de 2014

OLA AMIGUIÑOS!!

Ola amiguiños e amiguiñas!!!
Aquí estamos un ano máis para celebrar o "Día das Bibliotecas Escolares". Coma cada ano o 24 de outubro é o día no que a nosa Biblioteca comeza a funcionar. Os vosos mestres, ata agora, estiveron reordenando os andeis, houbo formación de axudantes da biblioteca, fixéronse os novos carnés, as normas e horarios, programáronse as actividades de cara a este curso e, nas últimas semanas, organizouse a festa da biblioteca.
As actividades comezaron ás 10 da mañá con Celsiño Contacontos e remataron despois do recreo cunhas visitas programadas á biblioteca. Alí, ollamos un video, que quixeron facer para vós, os vosos compañeiros de 6º. Este ano escolleron amosarvos as cousas que podemos facer na biblioteca...
Aquí volo deixo!!
Agardo que vos guste
Saúdos e xa sadedes... VÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!


1 comentarios:

María Jesús Rodríguez Lastres dijo...

Parabéns para o alumnado de 6º polo ben que o fixestes!!!
E parabéns para todo o profesorado polas actividades que organizan!!!
Una aperta a todos e todas vos,
Susa